
NOTA: Na web de Guadi Galego podense escoitar cortes do novo disco
Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións.
Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar.
Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega dende a súa revolucionaria irrupción.
Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.
Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca.
Cativa e seduce polo fondo sentimento que lle imprime á súa música, pola intensidade coa que di cada sílaba como se quixera salvarnos do medo e da dor. Emotiva e fráxil, serena que serpea nos nosos corazóns, os pés nus nunha terra que ama e que fai máis nosa cando ela a viste co seu canto.
O tempo se cadra, para de vez, e déixanos beber a amizade nunha taberna ao norte do alén.
|
Noticia enviada por Xan Rolei
- Guadi Galego -
NOVAS RELACIONADAS:
A cantante presentou este seu traballo en solitario este mércores 20 de maio, acompañada nunha concorrida presentación, no restaurante compostelán O 16, por Guillerme Fernández e Uxía Senlle. O volume xa está á venda dende o 17 de maio. A gaiteira cedeirense, voz de Berrogüetto durante dez anos, pianista, profesora e artista hiperactiva que non deixou de participar en proxectos (dende Espido, con Guillerme Fernández, até Nordestin@s, con Abe Rábade e Ugia Pedreira, pasando por Rosalía 21) saca agora ó mercado Benzón, un disco en que conta coa colaboración de Fran Pérez, Pedro Lamas, Pedro e Pablo Pascual, Guillerme Fernández, Xavier Díaz, Germán Díaz e Odaiko. Son dez temas os que este espectacular plantel se encargou de arranxar, tanto melodías tradicionais coma composicións da propia Guadi. A música tradicional dálle a man ao folk, o jazz ou o pop a través das letras de Uxía Senlle, Ugia Pedreira, Manolo Maseda e Rosa Bugallo, e co talento de Leilía, Abe Rábade, Santi e Uxía Cribeiro, Quim Fariña, Marcos Vázquez, Suso Iglesias, Sergio Sieiro, Xacobe Martínez Antelo e Leandro Delltell, que tocan ou cantan. Un disco "para pensar e sentir" Son en total 25 persoas as que participan xunta Guadi Galego na edición deste disco-xoia, que conta coas fotografías de Karlos Abal, e se presenta como un fin en si mesmo, xa que non vai haber directos. Guadi sinalou que a súa intención era facer unha revisión das melodías tradicionais, a través dun tratamento "plural": "que cadaquén lle dese a súa impronta á música". De aí o ceo, fotografado por Karlos Abal, como metáfora: "como reflexo, como lugar sen fronteiras". "Á multiplicidade de estilos acompáñaos a unidade da voz de Guadi", explicou Fernández. Dende o canto tradicional das Leilía ao jazz de Rábade ou o pop de Narf, o resultado é un disco "para pensar e sentir. Non é posíbel o directo, porque non poderiamos estar todos e todas. Este é un disco moi conceptual, que tiña que quedar aí, no disco". Galego, que escolleu o hiperenxebrismo "benzón" (a opción normativa sería "beizón") para lle dar "as máximas grazas" a toda a xente que colaborou con ela, sinala a Muiñeira de Concha de Luneda (unha señora da Paradanta que é a expresión viva do folclore), que conta con arranxos de Pablo Pascual, como un dos temas máis representativos. As coplas recollidas en Luneda din "vivan os da miña terra / e máis os do outro lugar". Do local ao universal, da tradición ao que non ten fronteiras. Velaí o espírito de Benzón.
|
COMENTARIOS:
Algén sabe onde se pode mercar,e se merece a pena? Enviado o 23/5/09 ás 17:34h
|
Ei !, pois eu imaxino que poderá mercarse "na túa tenda habitual" :P o de se merece a pena terás que decidilo tí, eu penso mercalo!, podes escoitar algo na web de Guadi : http://www.guadigalego.com/ Enviado por foliadeiro o 25/5/09 ás 01:57h
|
Non ten unha gran voz..pero podía ser que os temas foran interesantes...No momento que dí que nunca vai tocalo en directo...xa me queda claro todo. No directo é onde realmente se sabe onde está un artista....o disco só é a presentación do que pode ofrecer.. Para meterse nun estudo e gravar con 30 musicos do mellorciño do panorama musical galego non lle vexo realmente onde está o mérito.. Enviado por Zulema o 12/7/09 ás 10:25h
|
Pois eu penso que é unha gran cantante con moitísima personalidade,xa que non se quere parecer a ninguén e sempre consegue darlle a súa esencia a calquer tema que interprete e sendo do estilo que este sexa.
En conclusión,quero dicir que é única,unha persoa con etiqueta de por sí que se foi especializando e asentando durante os anos que leva no mundo da música,e que agora máis que nunca se observa toda esa experiencia de anos interpretand e colaborando con todo tipo de músicos de diversos estilos musicais..ou sexa...Guadi Galego é un libro aberto.
Con respecto ao de se este disco non é pra directos,pois penso que tampouco se devería de criticar así sen mais,xa que desta vez,aclarado por Guadi,pretende facer un disco orientado á súa escoita plena e tranquila,analizando cada melodía,cada letra,cada instrumento...desta vez quere orientar a súa música para iso,ademáis,ds demáis razóns,como a de que sería moi dificil xuntar a tódos os músicos que colaboraron no seu disco para facer tódos os directos.
Fíxate nos temas e nas letras deste disco,xa que queren dicir moito,pr para iso,tes que aprender a saborear ben un disco e saber criticar de forma constructiva e non lanzar palabras ao aire.
Finalmente,se nos directs é ond realmente se sabe onde está un artista,podese ir ver a Guadi Galego a calquer concerto,xa que ela móvese en moitos mais ámbitos e dá diferentes concertos en variados lugares de Gaicia,e como aquí en Galicia,fóra dela.(Por exemplo,hai concertos pola zona de Santiago de Compostel nas diferentes tascas como a casa das crechas,o ultramarinos,etc)só te tes que enterar dos dias que hai concertos e ónde e a disfrutar da música!.
Enviado por Adri o 28/12/09 ás 21:29h
|
O que dí Zulema con respecto á voz de Guadi é respetable, pero o seu comentario demostra o pouco coñecemento que ten da música de Guadi Galego:
Guadi Galego ten demostrado sen lugar a dúbidas a súa calidade en directo en todos os proxectos nos que participou na sua dilatada carreira, Tanto en Berrogüetto, Nordestin@s, Espido como en colaboraciós puntuais con diversos artistas. como cantante, multiinstrumentista, compositora e letrista, (por non falar da calidade humana, que no caso de Guadi saelle por cada poro), e en palcos de toda España, Europa e America.
Se non fai directos con este disco é (como ela xa explicou en repetidas ocasións) porque este disco que é feito con moitos músicos de moi diferentes estilos e condicións, quedaría incompleto tocado cunha banda base, e por outro lado, sería imposible reunir a todos estes músicos ainda que fora para un só concerto. Hai temas como p.e. o de Pablo pascual que é feito cun feixe de clarinetes. para levar isto ó directo non só necesitas a Pablo Pascual, senon a 5 ou 6 clarinetistas máis...
por certo, MADAMA do cd BENZON acaba de ser nomeada como mellor cancion en galego nos Premios de la Música. Enviado por karlos o 27/1/10 ás 18:26h
|

Ver máis novas.
| |
máis..
:: “CO XENIO DESTROZADO”, novo álbum de SÉS ::
:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::
:: 26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD ::
:: Pop, novo disco de Luis Peixoto e Fernando Barroso que busca financiación na plataforma Verkami ::
:: Andando a Terra. Uxía Canta a Manuel María ::
:: "Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional ::
:: Skandalo Gz presenta o seu disco Esperta!! Na Gentalha do Pichel (Compostela) ::
:: Presentación do disco de ORBALLO na Casa de Cultura de Pontedeume ::
:: Presentación en Compostela do CD tributo a os 25 anos de Zënzar: VAI POLOS PADRIÑOS ::
:: Concerto de Os Minhotos en Lugo presentando A Pinga D'auga ::
:: Linho do cuco presenta o novo disco: “As Alegrías” ::
:: A Compañía do Ruído presenta o seu disco cunha gran festa en barco pola ría de Arousa ::
:: Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE ::
:: SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril ::
:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::
:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::
:: Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País. ::
:: Milesios presenta en Lugo o seu disco Alén Mar ::
:: Rebeliom do Inframundo no Torreiro da Festa (Vigo) ::
:: GRAN CONCERTO presentazón do 'Disco díscolo' dos da Ría en Teo ::
:: Presentación do libro "TREBOADA GALEGA" ::
:: Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU ::
:: Presentacion na Fnac do gupo folk -Mel de Meiga ::
:: Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición) ::
:: Presentación en Arzúa do disco de Julio Vázquez Carril ::
:: Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios ::
:: AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní ::
:: Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA ::
:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::
:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::
:: Mar Maior de Luar Na Lubre: 13 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español ::
:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::
:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::
:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::
:: Concerto-Presentación do CD de Agustín Sánchez “Pezas de aquí e acolá” na Tradescola (Lugo) ::
:: Presentación en Redondela da Guía didáctica de instrumentos galegos ::
:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::
:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::
:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::
:: O Canto do Pobo ::
:: Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ::
:: Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante” ::
:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::
:: Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte ::
:: Guía didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos ::
:: PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS ::
:: O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos" ::
:: Quempallou presenta “Once Anos Mallando” ::
:: As cancións perdidas do pazo ::
:: Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO ::
:: PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES ::
:: Unha cáscara de noz convertida en barco ::
:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO PÉ’ ::
:: Berrogüetto filma unha actuación histórica ::
:: "Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO" ::
:: Trasmundi pon son á nosa mitoloxía ::
:: Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.) ::
:: Arquivo das Daníças do Alentejo ::
:: Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos ::
:: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru ::
:: Lizgairo - Diacronías ::
:: ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero) ::
:: Tiruleque ::
:: Susana Seivane - Os Soños que Volven ::
:: 'Sós', título do cuarto traballo de Mercedes Peón ::
:: Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 ::
:: Noitarega, "XXI" novo disco ::
:: Dous + Tres = Folkfusión ::
:: "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo ::
:: Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" ::
:: Así fan os bailadores... ::
:: "Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto ::
:: A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards' ::
:: Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música ::
:: PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI ::
:: Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas ::
:: NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel ::
:: Once máis 15, poemas musicados ::
:: Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven» ::
:: Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco ::
:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::
:: Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. ::
:: Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´ ::
:: Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´ ::
:: Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. ::
:: Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional ::
:: XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero. ::
:: Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva ::
:: Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco ::
:: Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´ ::
:: A «galecidade» do Brasil (segunda entrega) ::
:: A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO ::
:: Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA ::
:: `Benzón´ de Guadi Galego ::
:: Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista ::
:: Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde ::
:: `O Berce das Palletas´ ::
:: Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip ::
:: Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira ::
:: `Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos ::
:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::
:: A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009) ::
:: Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina ::
:: Labazada de estrea [CD e formazom] ::
:: Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco ::
:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::
:: Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino ::
:: O novo disco dos Carunchos xa está no forno. ::
:: Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´ ::
:: Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista ::
:: Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo ::
:: `Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina ::
:: Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom ::
:: Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía ::
:: aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA ::
:: `En Galego´, Novo Disco dos Carunchos ::
:: Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música ::
:: Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´ ::
:: 30 anos da publicación do único álbum de N.H.U. ::
:: TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG ::
:: PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009) ::
:: O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras ::
:: A música tradicional de Ferrolterra en imaxes ::
:: NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO ::
:: Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma ::
:: Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião ::
:: Presentación do libro O vestido de onte ::
:: O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba ::
:: As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez ::
:: Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´ ::
:: A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar ::
:: Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´ ::
:: `Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane ::
:: Kastomä: Novo disco en Nadal ::
:: SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA ::
:: La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional ::
:: Presentación do CD Son de Rianxo ::
:: Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas ::
:: Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ::
:: A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro ::
:: Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo ::
:: Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba ::
:: Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas ::
:: Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña ::
:: Isolma. CD e DVD de GS21 ::
:: Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´ ::
:: Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´ ::
:: Xa está online A Grileira Nº10 ::
:: GZ POP! na revista catalá ENDERROCK ::
:: Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos ::
:: PAI Música editará Cantos na Maré ::
:: Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión ::
:: Buscando poemas musicados (en galego ) ::
:: Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto ::
:: Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia ::
:: Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929 ::
|