>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

DEZ ANOS GHASTANDO PISTA

(ultima actualización: 14 / 5 / 09 )



Crea a túa conta
O 18 de Maio Ghastas Pista? cumple 10 anos de existencia na rede e disponse a comezar unha nova etapa.

A intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta dentro da web.
















COMENTARIOS:



Publicado hoxe en http://es.groups.yahoo.com/group/alubre

...pois resulta que unha vez fixen intercambio de músicas cun rapaz brasileiro ao que xa perdín a pista. El mandoume música que facían por alí, i eu copieille un par de cintas (qué tempos!!) cunha selección de música galega. E para que soubera un pouco máis do que estaba a escoitar, escribinlle na carta uns cantos enderezos de páxinas webs nos que podía atopar máis información sobre os grupos, e as letras das cancións que lle mandaba. E como dalgún disco en concreto non había información en ningures, decidin subila eu mesma (lembro perfectamete o da banda de gaitas de Ancoradoiro, pq foi o primeiro que subín). E un tempo despois, coa resaca do día despois das letras galegas decidín que “mentras non aparecera outra web” podía eu mesma ir subindo a información que faltara en internet........ e logo subín tamén información dalgún concerto, e despois.....

E así, sen darme conta.. pasaron ¡¡¡DEZ ANOS!!!, e a parte de sentirme de repente máis vella, tamén estou feliz de ver que a web segue aí.. con unhas cousas mellor e outras peor..., pero SEGUE!!. :)



Enviado o 14/5/09 ás 23:13h







Pois que sega 10 anos mais :)

Enviado por Foliadeiro o 15/5/09 ás 13:01h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal