>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Comeza o monográfico de adufe con Luis Prego
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 8 / 5 / 09 )





Este sábado comeza o curso de Adufe, o pandeiro cadrado en Galiza e Portugal, impartido por Luís Prego dentro dos Monográficos ‘09 que aCentral Folque organiza estes meses en Santiago de Compostela.

Serán once sesións nas que os participantes aprenderán as bases técnicas deste instrumento, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais, a contextualización histórica


Sinopse:

* Introdución: organoloxía, análise de construción e contextualización xeográfica.
* Documentación: escoita e visualización vídeos de pandeiros cadrados peninsulares, atendendo as peculiaridades galegas e do norte de Portugal.
* Xeitos de agarre, posición de mans, sonoridade, toques recompilados.
* Repertorio conservado e toques.

Beve biografía de Luis

Naceu en Vigo no ano 1971. Empezou no mundo do folclore a idade de 5 anos e imparte aulas de baile e música tradicional dende 1991 co material que recompila facendo traballos de campo por toda a xeografía galega.

Na actualidade é director dos grupos Brincadeira, Tralovalo, Adonairare e Albendeira, e membro do grupo de música folque Ardentía.


Noticia enviada por Foliadeiro

- Luis Prego- monográfico- Ardentía -
- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal