>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 5 / 5 / 09 )





Hoxe saiu por fin Alfaias, o novo disco. A edición en mp3 xa se pode descargar de balde no netlabel A Regueifa e a edición comercial en CD -para os poucos fetichistas do palpable que aínda quedan- irá chegando ás tendas ao longo das vindeiras semanas ainda que tamén o venderemos directamente a traves de A Regueifa Tenda a partir de mañán mesmo. Xunto co disco estreamos videoclip, o de enriba, do tema Espida de Credo, un dos temas máis bailables do disco con letra por certo de Emma Couceiro.

Aqui vai o texto promocional do disco, coa lista completa de colaboracións, que non son poucas. Mil grazas a tod@s:

FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)
Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.




- Fanny- Alexander- Regueifa Plataforma -


NOVAS RELACIONADAS:



Novas letras galegas rescatadas polo ritmo de Fanny + Alexander
http://www.galiciae.com/nova/30555.html


O composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a través da Regueifa Discos coma en formato mp3 non netlabel A Regueifa Plataforma.

Unha vez máis, este duo galego percorre vos diversos camiños do Pop contemporáneo coa firme vontade de levar ou galego aos sons do século XXI. Todo iso mesturando estilos, regras e etiquetas, e sempre facendo un poveitoso uso dás novas tecnoloxías.





Como xa fixeran nos seus dous primeiros traballos, as letras de todos témasvos son adapatacións de textos de autores galegos dá súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lambas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espiñenta, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración dás voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e ou hammond de Banin dos Planetas en Tardes de domingo.





Fanny + Alexander adapta textos de poetas galegos no seu novo traballo
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=14644


Alfaias achega 11 temas pop con licenza Creative Commons


Xa está na rúa (e na rede) o terceiro disco do dúo compostelán Fanny + Alexander. Seguindo na súa liña pop, Alfaias achega once temas que van do electrónico ao acústico e que contan con letras dalgunhas das máis destacadas voces da poética galega actual. Mario Regueira, Emma Couceiro, Yolanda Castaño ou Daniel Salgado son algúns dos autores que se integran no proxecto. En canto a son, o disco conta coas colaboracións de Martin Wu de The Homens, Carlos Valcárcel de Projecto Mourente ou Alex Charlón de Ataque Escampe. Alfaias está editado baixo licenza Creative Commons e pode descargarse de balde no web A Regueifa Plataforma ou adquirise neste mesmo web e en tendas.

CANCIóN COMPLETA | Autopoética in progress Licenza Creative Commons




CANCIóN COMPLETA | Toda esa enerxía escura Licenza Creative Commons




CANCIóN COMPLETA | Mans abertas e ollos pechados Licenza Creative Commons



















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal