>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festa da Marosa

(ultima actualizaci�n: 2 / 5 / 09 )








Noticia enviada por Jacobo

- Festa- Marosa- Burela- Foula- Banda das Crechas- Tiruleque- Clan Maragato- Luar Na Lubre- GalegoZ -


NOVAS RELACIONADAS:



Burela achega á Mariña a Festa da Marosa
http://www.cronica3.com/2009/05/burela-achega-a-festa-da-marosa-a-praza-da-marina/


Burela acolle os días 15 e 16 de maio a Festa da Marosa “Goza co saber dos povos” que nesta edición achegase a praza da Mariña. Serán dúas xornadas cheas de actos e actividades nas que se mestura a música, o teatro, o audiovisual e a gastronomía. O programa presentouse sábado e o acto asistiu o delegado da área de Cultura de Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, a primeira tenente de alcalde de Burela, Neves Cando, e organizadores do evento.

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA PARTICIPA NA PRESENTACIÓN DA XII+I EDICIÓN DA FESTA DA MAROSA EN BURELA

A Mariña converterase, os días 15 e 16 de maio, na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía lucense

LUGO, 2 de maio de 2009. O delegado da Área de Cultura de Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou este sábado na presentación da XII+I edición da Festa da Marosa “Goza co saber dos povos” que terá lugar os días 15 e 16 de maio en Burela. A praia da Marosa, a praza da Mariña e a Casa da Cultura son os espazos escollidos pola asociación organizadora, a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa “Palestina”, para desenvolver a totalidade das actividades do festexo. Na presentación da festa, tamén estiveron presentes ademais de varios dos integrantes da agrupación organizadora, como son Tontxo Trelles, Paloma López, Enma Pardo, Chema Teijeira ou Manolo Maseda, a concelleira de de Cultura de Burela, Neves Cando.

Na súa intervención, Antonio Veiga salientou os esforzos realizados “ano a ano” polos organizadores dun festival que “segue a medrar e a dinamizar a vida cultural non só da vila senón de toda a comarca da Mariña”, achegando a música a todos os veciños e veciñas sen ningún tipo de distinción, asegurou. Nesta liña, o delegado da Área de Cultura da Deputación asegurou que a música, o teatro, o audiovisual e a propia gastronomía da zona definen á súa xente. Así, este tipo de iniciativas contribúen notablemente a “incrementar o turismo na comarca” e a “espallar as nosas costumes e tradicións por todo o país”, comentou o nacionalista. Con todo, Veiga engadiu que este festexo naceu nuns “momentos difíciles” pero que logo de 13 anos conseguiu “consolidarse coma un evento de gran interese que defende a nosa linga e a nosa cultura”. Por iso, a Área de Cultura da Deputación “apoia” e “aposta” pola posta en marcha deste tipo de iniciativas en todas e cada unha das comarcas lucenses, salientou o nacionalista.

As consellerías de Cultura e Turismo do Concello de Burela e as áreas de Cultura e Xuventude, dependentes da Vicepresidencia Primeira e Terceira, respectivamente, colaboran na posta en marcha nun festival de referencia no país e que converte á Mariña e aos seus arredores na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía lucense.

Dous días ateigados de actividades
O obradoiro audiovisual “Canta Claro” abre o programa de actividades do festexo na praza de Abastos o venres 15 ás 18:00 horas. Máis tarde, ás 20:00 horas, a praia da Marosa acollerá a estrea da composición musical “Marcha da Marosa”, composta por Edelmiro Fernández, dentro da sección denominada “Música ao por do sol”. Ás 21:30 horas, o teatro será o protagonista por excelencia. A Casa da Cultura acollerá a estrea da peza “Obra: No Coment” de Excéntricas Producións. Xa por último, ás 23:00 horas dará comezo a “Foliada do Norte” na que participarán “grupos de recoñecido prestixio dentro e fóra das nosas fronteiras” como “Foula”, “Banda das Crechas” e “Tiruleque”, asegurou a organización do evento.

Ao día seguinte, o sábado 16 de maio, a troula comezará a media mañá na praza da Mariña baixo un programa de xogos para os máis novos titulado “Castelos no Aire”. Logo disto, o grupo de folk “Os Festicultores” amenizará a sesión vermú e, ás 14:30 horas, dará comezo “O Xantar de Cuadrillas”, o encontro gastronómico “cocido pataqueiro”. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a Casa da Cultura acollerá o obradoiro de baile “Seica-baila-lo-suelto”. Á noite, ao redor das 22:30 horas, a praza da Mariña acollerá, por segundo día consecutivo, un festival musical no que participarán “Clan Maragato”, “Luar na Lubre” e “Galegoz”.

Todas as actividades incluídas no programa da XII+I edición da Festa da Marosa son de entrada libre e gratuíta, agás o concerto musical do venres 15, no que o prezo da entrada ascende a 3 euros.





Festa da Marosa



A XII+I edición da Festa da Marosa desembarca un ano máis en Burela cargada de actividades para festexar a semana das letras. O venres 15 e o sábado 16 de maio a Mariña converterase na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía.

Este ano por vez primeira o festival diversifica os seus escenarios. A praia da Marosa, a praza da Mariña e a Casa da Cultura son os espazos escénicos elixidos para esta nova edición de “Goza co saber dos povos”. Un novo xeito de renovar e dar continuidade a un festival que segue a medrar e dinamizar a vida cultural da vila, achegando este tipo de eventos á Mariña coa fin de unificar xeracións mediante o encanto da música.

Durante os dous días que dura a Festa da Marosa, tódolos que se acheguen ata Burela poderán gozar de “Músicas ao por do sol” e da primeira “Foliada do Norte”, ademais de Luar na Lubre, Festicultores, GalegoZ, Clan Maragato, Tiruleque, Banda das Crechas e Foula. Pero non só a música será a protagonista da Festa da Marosa, nesta edición tamén poderemos gozar de teatro e ata dun obradoiro audiovisual.

Un ano máis a Festa da Marosa busca transmitir un fondo compromiso de amor á terra e de relación entre culturas, comprometéndose co seu público xa fiel e atraendo cada vez a máis persoas coa súa variada oferta cultural de calidade







XIII edición da Festa da Marosa
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=864


A XIII edición da Festa da Marosa desembarca un ano máis en Burela cargada de actividades para festexar a semana das letras. O venres 15 e o sábado 16 de maio a Mariña converterase na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía.

Este ano por vez primeira o festival diversifica os seus escenarios. A praia da Marosa, a praza da Mariña e a Casa da Cultura son os espazos escénicos elixidos para esta nova edición de “Goza co saber dos povos”. Un novo xeito de renovar e dar continuidade a un festival que segue a medrar e dinamizar a vida cultural da vila, achegando este tipo de eventos á Mariña coa fin de unificar xeracións mediante o encanto da música.

O venres 15 levarase a cabo a estrea da Marcha da Marosa, peza composta por Edelmiro Fernández para comezar as actividades do festival, que será tocada polo autor e os que se presten a tocala con el ao por do sol na Praia da Marosa. Aquí podedes descargar a partitura e a Marcha en formato midi.

Ademáis, durante os dous días que dura a Festa da Marosa, tódolos que se acheguen ata Burelada primeira “Foliada do Norte” de Luar na Lubre, Festicultores, GalegoZ, Clan Maragato, Tiruleque, Banda das Crechas e Foula. Pero non só a música será a protagonista da Festa da Marosa, nesta edición tamén poderemos gozar de teatro e ata dun obradoiro audiovisual.

Un ano máis a Festa da Marosa busca transmitir un fondo compromiso de amor á terra e de relación entre culturas, comprometéndose co seu público xa fiel e atraendo cada vez a máis persoas coa súa variada oferta cultural de calidade.

Podedes consultar o programa extendido aquí.

PROGRAMA


VENRES 15 DE MAIO

18.00h. OBRADOIRO AUDIOVISUAL: CANTA CLARO Praza de Abastos.
Un grupo de traballo recollerá entrevistas e recursos sobre a Hª do festival durante todo este tempo. 'Canta claro' pretende ser o comezo dun traballo documental que se realizará ao longo do verán.

20.00h. MÚSICA AO POR DO SOL Praia da Marosa.
Estrea da peza composta por Edelmiro Fernández para comezar as actividades do festival. Esta peza pretende ser un referente para vindeiras edicións, nas que a intención é seguir compoñendo temas para compartir entre os artistas que se presten a tocala ese día ao por do sol neste paraxe natural.

21.30h. TEATRO. Casa da cultura.
A Obra: No Comment de Producións Excéntricas será a encargada este ano de dar vida ao teatro dentro do festival.

23.00h FOLIADA DO NORTE: ABERTA ATE O MENCER. Carpa-Praza da Mariña.
A primeira Foliada do Norte trae a Burela a urdime máis profunda coa nosa cultura musical. Os encargados de abrir a foliada son FOULA, A BANDA DAS CRECHAS E TIRULEQUE, pero a idea é que participe todo o mundo. Durante a noite repartirase chocolate e doces para repoñer folgos.


SÁBADO 16 DE MAIO

12.00h CASTELOS NO AIRE Praza da Mariña.
Para os máis pequechos da festa.

13.00h SESIÓN VERMÚ: OS FESTICULTORES Praza da Mariña.
Estes cultivadores de festas percorrerán e animarán as rúas da vila, e dirixiranse á Praza da Mariña para comezar a festa xa pola mañá cedo.

14.30h. GASTRONOMÍA: XANTAR DE CUADRILLAS Praza de Abastos.
Este ano a sección gastronómica decántase por render homenaxe ao cocido pataqueiro. No verán o bonito e no inverno o cocido. Pois para este mes das letras a Peña Palestina elaborará cincocentas racións para degustar esta especialidade tan do país.

17.00h. SEICA BÁILA-LO SUELTO Exteriores da Casa de Cultura.
Chus da Bandeira será a encargada por segundo ano consecutivo de achegar aos máis pequenos ao baile tradicional do mellor xeito posíbel, brincando. Despois da experiencia do ano pasado, decidimos repetir para fomentar o baile nas novas xeracións festeiras.

22.30h. FESTIVAL Carpa-Praza da Mariña.
Contaremos para este ano con tres estreas de luxo. A primeira é o grupo mariñán CLAN MARAGATO que abrirá este ano o festival. De seguido terá lugar o primeiro concerto en Galiza de LUAR NA LUBRE para a presentación do seu novo traballo Ao Vivo, toda unha honra para esta edición. Para rematar, e non deixar de sorprender, chegará a vez de GALEGOZ que tamén trae debaixo do brazo, e saído do forno, o seu segundo traballo discográfico chamado Viñeron da Galiza interior















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal