>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Nova programacion Bar Liceum do 8/5 ao 26/6/2009

(ultima actualización: 30 / 4 / 09 )





Benquerid@samig@s:

Aqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comeza o 8 de Maio e remata o 26 de Xuño data na que nos despediremos deica Outubro cunha actuacion como sempre memorabel de Carlos Blanco que volta con novas historias. Como sempre teremos moita variedade pop, rock, musica indie, folk, mestizaxe, rancheras, cumbias, swing, musicas, balcanicas, cancion de autor, cine, contacontos...

Comezamos cunha das nosas propostas favoritas deste ano Alò Django un concerto divertido, elegante e desenfadado onde se bromea co público ao máis puro estilo cabaré. Este grupo de músicos, partindo musicalmente do jazz, do claqué e do swing acústico, especialmente do gypsy swing (cuxo máximo representante é Django Reinhardt), ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico apto para tocar tanto en sala como na rúa; un concerto para un público de todas as idades. Ademais Aló Django pretende ser un obradoiro musical de músicos, cómicos, clowns e bailaríns para o cal en moitas ocasións invitan a outros artistas destas disciplinas a participar con eles nos concertos para ofrecer un show completo e divertido máis alá do estritamente musical, enfiando así con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall. www.myspace.com/alodjangoswingband. Sera o venres 8 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

A semana seguinte actuacion por partida doble o venres A Tuna Rastafari un grupo de oito mozos que descargan toda a súa enerxía enriba do escenario, tomando como bandeira o espectáculo e a festa rachada. Aire fresco e descarado dentro do espectro musical galego. Son sinónimo de festa, alegría e boa música que invita a participar ao público en tódolos seus concertos. Da canción popular galega ao corrido mexicano pasando polo tango, o reggae e a rumba, todo vale para este grupo con tal de facer pasalo ben. O seu repertorio de imaxinativas letras e música fan bailar e desfrutar, isto fai que na actualidade sexan un dos grupos máis requeridos para festivais e concertos en salas, destacando a súa participación no Festival Cultura Quente, no Festivalinho, no Festival de Alberite (La Rioja), no Senuncan de Carballiño, no festival de Ponte Louco (Castrocaldelas-Ourense) i enchendo salas como o Aturuxo Bar de Bueu, o Pub Ache, La Fabrica de Chocolate de Vigo....Este ano foron elexidos entre os programadores de salas galegas para participar no Mercat de Musicas Vivas de Vic, ademáis de ser unha das bandas que entraron no Programa Música ao Vivo do IGAEM e no Artistas en Ruta. Grupo considerado pola Radio Galega como grupo revelación da escena musical da Galiza. www.fotolog.com/la_tunarastafari www.myspace.com/atunarastafari. Sera o venres 15 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

E o sabado debuta no Porriño Maryland reforzados cun novo membro desta inmensa vila de musicos que e Porriño. Inician a súa andaina a comezos do ano 2008. Non tardan en chamar a atención de salas galegas e españolas, e en cuestión de pouco tempo pechan numerosas datas de concertos, algúns deles abrindo para importantes e xa asentadas bandas como Deluxe, Dover, Vacazul, Camping ou Holywater. Agora presentan os temas do seu primeiro longa duración "Surprise". O disco foi gravado nos estudios Areamaster (Vigo) por Pancho Suárez de Lis, esta producido por Jaime Gª Soriano (Sexy Sadie) e mesturado e masterizado en Urban Producciones (Mallorca) por Rafa Rigó (Sunflowers) e Toni Toledo (Sexy Sadie, Sterlin, Iván Ferreiro, …). O primeiro single promocional “I´ll be ready” xa se pode escoitar no seu MySpace, un adianto do que será o seu disco que verá a luz en breve e que xa está recollendo os seus froitos, alcanzando o 10º posto como “Grupo revelación nacional 2009” (entre un total de 600 bandas) no concurso que organiza o estremeño e indie Festival Contempopránea. Tamén foron semifinalistas da "XXXIV edición Queixo Maquetón” en Arzúa e do concurso "nsaio no camino” en Lugo. www.myspace.com/atunarastafari. www.fotolog.com/marylandvigo. Sera o sabado 16 as 23 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios

A semana seguinte e outro ano máis, unha vez rematado o Festival de Curtas de Cans, o Bar Liceum será escenario da proxección das curtas gañadoras da edición deste ano do Festival. É unha cita obrigada para tód@l@s amantes do cine, e máis concretamente das curtametraxes. www.festivaldecans.com. Sera o mercores 29 as 22 horas. Os prezos 2 euros normal e gratis para socios.

A semana seguinte voltamos a ter doble actuacion o venres Vilma y los Señores: se Chavela Vargas fora a Noiva Cadáver. Ten gorxa de lixa, e olliños de lagartixa. Logo hai que pórlle un toque de cabaré, outro pouco de deserto, outro de tequila, outro lixeiramente de tango, moita perplexidade ante a vida e algunha furtiva bágoa. Unha voz ultraexpresiva, unhas letras tan doentes como misteriosas e un envoltorio musical sobrio pero terroso, fráxil pero moi carnoso: póñeno Ricardo Moreno (ex-Ronaldos) á percusión, e David Gwynn, maxistral coa guitarra.Para que nos entendamos, é canción adulta tocada como con aire de rancheira, como nun aramio, pura artesanía. Vilma soa a vella, a ron vello, a garganta rota, e as letras son auténticos poemas ortopédicos, entre o humor negro e certa postración ante o que poida vir ao final. E o que vén ao final xa se sabe o que é. Eles, os Señores, envolven con sutileza e moita intelixencia toda esa rugosa fraxilidade, pero iso non é noticia: son músicos profesionais que levan participado en bandas como os Ronaldos, Marlango, Quique Gonzalez, que veñen a presentarnos un excelente disco con colaboracions de Mastretta e Pablo Novoa entre outros. www.myspace.com/vilmaylossenores. www.vilmaylosseñores.es. Sera o venres 29 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

E o sabado por primeira vez no Porriño o folk de Tarxa. Nace no ano 1984 no seno da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina" de Castrelos o 14 de Febreiro coa intención de facer música popular galega, recollida dos cánticos tradicionais e do amplo cancioneiro de diversos poetas galegos, entre outros Rosalía, Celso E. Ferreiro, Eduardo Pondal e Lamas Carvajal e Canción Popular. O grupo componse actualmente de nove membros que nas súas actuacións empregan diversos instrumentos musicais, sobre todo guitarras, laúde, frauta, pandeiro, pandeireta, ... Entre as actuacións máis destacadas do grupo encóntranse as realizadas na Festa Labrega de Lancara (Lugo), en Homenaxe ó Vello Mariñeiro de Marín, na Festa do Viño do Condado de Salvaterra, no Ateneo de Combarro, no Festival para a Integración do Minusválido (AISGA), no pobo de Castelo (Chantada), no programa de TVG, LUAR, así coma noutras ó longo do noso país. En Maio do ano 2001, participa nun certame de folk en Aveiro (Portugal). Tamén cabe destacar as actuacións no auditorio de Baiona, Riveira (Coruña), etc. www.unaplauso.com/grupo-folk-tarxa_av34a886.html. Sera o sabado 30 as 23 horas. Os prezos 5 euros e 2,5 para socios.

A semana seguinte presentacion do disco “Estado natural” o novo traballo do cantautor José Córdoba. Este madrileño de 31 anos leva varios anos na música e anteriormente foi coñecido baixo o pseudónimo de “Chivi”. “Estado natural” é o traballo que José Córdoba sempre quixo facer. Producido polo selo EPC records e distribuido por Factoría Autor, Estado Natural é un disco de cantautor que pretende ser un sopro de aire fresco no panorama musical español. No disco mestúranse estilos e temáticas; desde unha rancheira, ata cancións máis rockeiras ou de amor. José Córdoba dálles a razón aos que sempre lle dicían “coa voz e o talento que tes, se cantarás outro tipo de cancións…” www.josecordoba.com. www.myspace.com/josecordobachivi. Sera o venres 5 de Xuño as 23 horas. Os prezos 8 euros normal e 4 para socios

A semana seguinte seguimos coa nosa obriga de presentarvos aos musicos da intensa canteira musical porriñesa Small Coffins. Esta formación toca un estilo musical que fusiona e alterna rock, indie rock, pop e pop rock. Entre as súas influencias, a súa música denota un grande abano de gustos musicais, estarían desde Pearl Jam, Kings of Lion ou Los Planetas, pasando por The Beatles, Rolling Stones, Muse ou Led Zeppelin. A idea dos impulsores deste grupo era crear unha banda de rock con claros toques de pop retro e así se comprobou ao escoita-la súa primeira maqueta “Reverb” (2007). Unha formación integrada por Isaac Mariño (voz e guitarra acústica), Carlos Costas “Colmillo” (guitarra), Juan Vázquez “Juanchi” (guitarra), Pablo Méndez “Piru” (baixo) e Rubén (batería). www.myspace.com/smallcoffins. Sera o venres 12 de Xuño as 23 horas. Os prezos 3 euros normal e 1,5 para socios

A semana seguinte o concerto que tivemos que suspender na programcion anterior por accidente dun dos seus membros O sonoro Maxin. Comezar de novo e camiñar a modo, inventando o camiño... Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín con convencemento. Sabendo que a creatividade é imaxinación e que para crear hai que camiñar, cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Ésa é a máquina sonora, a imaxinación sonora.Neste afán de camiño continuo O Sonoro Maxín anda á procura dun baile sen fin, dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E para iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e traéndoa até a fusión musical do s. XXI.Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sen fin...Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo co Sonoro Maxín. www.myspace.com/osonoromaxin www.osonoromaxin.com. Sera o venres 19 as 23 horas Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

E imos rematar con esta programacion co artista que por costume sempre enche a nosa sala e deixa sen a oportunidade de miralo a moitisimas persoas. Volta Carlos Blanco, o Bar Liceum ten a honra de ofrecer un novo espectáculo monologuístico deste ilustre e polifacético vilagarcián. Con máis de vintecinco anos de experiencia profesional en Teatro, Cine, Televisión e Radio, traballou recentemente como protagonista na película para televisión “Una bala para el Rey” (Globomedia) que foi emitida en Antena 3 e levantou moita expectación. Nos últimos anos ven desenvolvendo unha actividade continuada como Narrador Oral tanto na Galiza como en toda España ( Madrid, Barcelona, Zamora, Salamanca ou Avila ), asi como en Polonia, Holanda, Alemaña ou Portugal. Na actualidade ten en cartel o espectáculo “Humor Neghro” na compaña do músico guineano Manecas Costa. Unen os seus talentos nun espectáculo de humor e música onde la negritude e o humor danse a man. Pouco se pode engadir dun artista como Carlos Blanco máis que foi quen de traballar con directores do prestixio de Pedro Almodóvar, Gerardo Herrero ou o propio Antón Reixa, e que compartiu escenario e plató con actores e actrices de prestixio mundial. .Sera o venres 26 de Xuño as 23 horas. Os prezos 8 euros normal e 4 para socios.

Antes de despedirme quixera recordarvos que ainda podedes facervos socios do Liceum custa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas as nosas actividades e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo.

Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persoa en habitacion individual ou por 30 persoa en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.

Decirvos que o resto da semana o Liceum aspira a ser o voso lugar de encontro e temos actividades diversas como clases de Bailes de Salon os xoves ou clases de danza do ventre os luns.




Noticia enviada por Bar Liceum

- Liceum -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- AturuxoBar- liceum -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal