>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

En galego xa antes de nacer - Darán a embarazadas un CD con nanas para fomentar o galego
Fonte / M�is informaci�n



Maternidades e centros de saúde, públicos e privados, entregarán no segundo trimestre da xestación un maletín ás mulleres para que non esquezan falar a súa lingua coa criatura


Lucía, Paula ou Daniel, que coinciden en galego e en castelán, son os nomes preferidos polos pais galegos para os seus fillos. Entre os máis frecuentes aparecen tamén os de Brais, Iago, Alexandre, Uxía, Iria e Antía. Esta información figura entre os elementos da campaña presentada onte pola Xunta para convencer ás nais de que lle falen en galego os seus fillos dende o momento de nacer.

Na escolma de nomes polos que se decantan nos últimos tempos os pais figuran tamén formas tradicionais que perviviron como apelidos, como é o caso de Airas, Lois, Xurxo ou Fiz; outras que proceden de formas familiares, como Catuxa, Sabela, Maruxa, Xela ou Xandra; topónimos como Flavia, Antela, Aldán e Irimia, e mitos como Suevia, Breogán, Artai, Maeloc ou Celtia.

A campaña inclúe o reparto dun maletín, patrocinado pola Presidencia da Xunta e mais por Sanidade, que inclúe un disco compacto con cinco cantos de arrolar, interpretados por Espido, Mercedes Peón, Luar na Lubre, Uxía, e Xavier Díaz e Guillermo Fernández, con textos de coñecidos autores.

Alén dese material hai diferentes Arrolos e xogos de iniciación para transmitir palabras e afectos, onde se indican nomes populares dos dedos, composicións para animar a comer, ou para brincar con animais. E tamén consellos e ideas para o tempo de espera, un marco para a primeira fotografía e para apuntamentos do peso, medida, hora de nacemento, ou para deixar constancia de instantes especiais relacionados co acontecemento. E unha emotiva carta de Fina Casalderrey.

Varias grávidas asistiron ao lanzamento desta campaña da Xeración E logo! , que ten como obxectivo fortalecer a transmisión da lingua galega entre os pais e as nais cara aos seus herdeiros. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, insistiu no acto en que «a lingua non se transmite se non é polo uso», e esclareceu que esta actuación figura entre as máis de 400 medidas para promocionar o galego incluídas no Plan de Normalización Lingüística aprobado no Parlamento.

Julio Villar, director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, que colabora na iniciativa, acrecentou que a campaña «encaixa de pleno» no Plan de Normalización Lingüística na Sanidade Galega e tamén no máis recente Plan de Atención Integral á Muller.














COMENTARIOS:



http://www.xornal.es/article.php3?sid=20070529140123

Enviado o 31/5/07 ás 01:24h







www.galegoelogo.com

Enviado o 31/5/07 ás 01:26h





 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal