>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

A banda Avelaíña saca ‘Traditium’, o terceiro traballo discográfico
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 23 / 4 / 09 )





(vía blogoteca.com/malmequer)

O grupo galego Avelaíña foi finalista no Concurso Folk Internacional de Navelgas 2008 e agora vén de editar o seu terceiro disco, co título de Traditium. Naobra, composta de dez temas, mesturan pezas vocais e instrumentais, aínda que realizan máis incidencia nos temas cantados por María Xosé Rosales.
O eixe é unha serie de cantigas tradicionais que foran gravadas por Laura Romero, unha cantareira marinense que serviu de inspiración a Avelaíña. A formación aínda está demasiado verde para afrontar con éxito esa fusión de sons tradicionais con ritmos contemporáneros e debe traballar moito máis os temas cantados.
O conxunto debutou no 2001 coa edición de Proxecto e hai tres anos sacaron ao mercado o álbum Xan e Sabela. Ademais da voz de Rosales, forman a banda o gaiteiro e frautista Alberto Miranda, o baixista Carlos Orcajo, o baterista Miguel González e AntónVillanueva, encargado da guitarra e o bouzouki.














COMENTARIOS:



home... pois a min non me parece que extea a cousa tan verde... realmente o seu son resultome agradable e segue a liña do anterior CD, que temán me gustou.
Pero ben, opinións hai para tódolos gustos.
saúdos!

Enviado por ESCOITA o 12/6/09 ás 10:42h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal