>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

A Coral de Ruada cumpre 90 anos
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 23 / 4 / 09 )





Co gallo do 90 aniversario da presentación oficial da Coral de Ruada, a editora Ouvirmos está a organizar un programa de actos para a celebración da efeméride, entre os que figura a reedición das primeiras gravacións de 1929 realizadas polo grupo, a publicación dun libro que narra a súa historia, a inauguración dunha exposición sobre a súa traxectoria, un encontro internacional de coros e unha toda unha serie de visitas guiadas por Ourense.


A editora que dirixe Xosé Manuel Aldea organiza, en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Caixanova, os actos do 90 aniversario da Coral de Ruada cos que se persegue exaltar o "valioso" traballo realizado polos membros da agrupación ao longo da súa traxectoria e reivindicar aquelas figuras que dende Ourense e a Coral contribuíron a dignificar a cultura como Prieto Nespereira, Faustino Santalices e Manuel de Dios.

Con estes obxectivos, editase o libro Primeira viaxe a Andalucía do Coro de Ruada de Xaquín Vales, investigador e membro deste Coro desde hai dezanove anos. A obra narra a primeira e exitosa xira que a agrupación realizou por terras andaluzas no ano 1927. Coa presenza destacada do virtuoso da zanfona Faustino Santalices, actuaron en maio nas cidades de Sevilla e Cádiz, mais o rotundo éxito que obtiveron obrigounos a pospoñer o seu regreso a Ourense até o mes de xuño.

Porase en marcha ademais a exposición do 90 aniversario da Coral de Ruada, un dos actos centrais da conmemoración. Poderá visitarse durante o mes de setembro no Centro de Exposicións do Edificio Simeón. A mostra está estruturada en tres espazos: un artístico con obras de creadores gráficos sobre De Ruada, un documental coas imaxes, portadas, documentos, bandeirolas e demais legados orixinais da Coral e un espazo didáctico, que propón unha viaxe pola historia de De Ruada a través de paneis informativos, audiovisuais e gravacións sonoras máis relevantes para a historia da Coral.

Coincidindo coa exposición realizaranse na última semana do mes de setembro visitas didácticas Ourense Musical, onde os escolares percorrerán lugares como a catedral, a praza Maior... até chegar ao Teatro Principal, sede da Coral.

Dentro dos actos tamén se reeditará unha selección das primeiras gravacións realizadas no ano 1929. Nelas recollíanse as harmonizacións sobre cantos populares do mestre Daniel González, quen, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño e con Javier Prado Lameiro, creou o que deron en chamar as Escenas Corais Galegas, a súa gran contribución ao coralismo.

En paralelo, dentro das Festas do Corpus 2009 no mes de xuño celebrarase o III Certame Internacional de Coros "De Ruada". Participarán os orfeóns galegos Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Real Coro Toxos e Froles e a Coral De Ruada, que contará coa participación especial de Cristina Pato. Ademais participarán os coros portugueses de Águeda e Vila Real, así como a Coral La Enseñanza de Valladolid.




NOVAS RELACIONADAS:




http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=6646&corte=2009-03-31&hora=19:27:56&canle=tvg2#













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal