>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

I FOLIADA DA PRIMAVEIRA EN CECEBRE" DOS "GAITEIROS DE CECEBRE DE PEDRO LAMAS

(ultima actualización: 22 / 4 / 09 )





Tras o popular éxito da "I FOLIADA DE NADAL DE CECEBRE" e as multitudinarias peticións dos asisitentes dunha nova foliada os "GAITEIROS DE CECEBRE DE PEDRO LAMAS" organizan unha nova volta en terras de Cecebre (Cambre-A Coruña-GALIZA) para o XOVES DÍA 30 DE ABRIL DE 2009 -véspera de data festiva-, ÁS 21:00 HORAS. Celebrarémola de novo NO BAIXO DA CASA DA XUVENTUDE DE CECEBRE, na CERVEXERÍA "O RINCÓN" (anteriormente Cervexería "A illa").
Desexamos contar coa vosa ledicia, coa vosa Música Galega, coa vosa presenza nesta "I FOLIADA DA PRIMAVEIRA EN CECEBRE" para levar ao ar unha vez maís os nosos sons na terra do Bosque Encantado.

¡Recibide unha grande aperta e preparade as ferramentas!.


Noticia enviada por Gil (papigil)













COMENTARIOS:



Noraboa por estas foliadas, que sempre axudan a pasar unah noite divertida. Noraboa dende Betanzos. Luis

Enviado por fuliada@gmail.com o 30/4/09 ás 00:14h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal