>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

:: Gzcrea '09
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 20 / 4 / 09 )





Requisitos Especialidade Música.

1. Poderán concorrer solistas e grupos de pop, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.

Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos. Poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.

2. Xunto coa documentación xeral, e no mesmo sobre, os participantes presentarán a seguinte

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA:

A) Maqueta en CD debidamente identificada, co pseudónimo e título, e gravada polos compoñentes inscritos, con dous temas, que serán os que avaliará a comisión de selección, e unha duración máxima de dez minutos. Valorarase positivamente a utilización do galego, e en calquera caso un dos temas deberá ser en galego.
B) Ficha técnica na que se detalle o título, duración e autoría dos temas presentados, seguindo a orde presentada na gravación.
C) Fotografía recente do grupo ou solista.
D) Relación nominal mecanografada dos compoñentes do grupo, con indicación da idade e do instrumento que tocan.
E) Letras, se as houber, dos temas incluídos na maqueta, debidamente mecanografadas.
F) Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación na fase final do certame, no suposto de resultar seleccionado.
G) Declaración responsable acreditativa de que o participante dispón dun repertorio dun mínimo de 30 minutos.

Toda esta documentación deberá presentarse en soporte papel e tamén en CD.


3. Os temas serán de creación propia e nunca antes editados comercialmente.

DESENVOLVEMENTO:

1. A comisión poderá seleccionar para a fase final ata un máximo de 6 participantes que serán os que actuarán ante esta, no lugar e data que determine a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que asumirá os gastos ocasionados pola actuación por un importe máximo de 600 € no caso de grupos ou de 300 € no caso de solistas.

2. Para as actuacións da fase final os participantes levarán os seus propios instrumentos, agás a batería, que será proporcionada pola organización.

3. O equipo técnico de son e luces proporcionarao a organización en coordinación cos grupos finalistas e será manexado polos técnicos da organización.

4. A xuízo da comisión de selección, un dos grupos ou solistas premiados estarán obrigados a actuar no lugar e data que se indique desde a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, se fose requirido para iso. No caso do incumprimento desta obriga o grupo requirido quedará desposuído do premio outorgado. A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade asumirá os gastos orixinados pola actuación por un importe máximo de 600 €.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal