>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

O Pedrón de Ouro, para Mini e Mero
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 17 / 4 / 09 )





Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias levan dende 1972 anos recollendo e transmitindo o patrimonio da tradición oral galega. A Fundación Pedrón de Ouro recoñece este labor de case catro décadas co premio Pedrón de Ouro 2009.


O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galiza "que máis destacase na defensa e promoción das facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou nunha traxectoria vital, como é o caso. Por outra banda, o Pedrón de Honra distingue unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, mais residente fóra de Galiza, que destacase polas súas achegas ao "engrandecemento da Nación e a súa cultura".

Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu, filóloga romanesa que leva o Pedrón de Honra polo seu "labor de difusión" da lingua e cultura galegas no seu país, recibirán cadanseu premio o 24 de maio ás 12.30, nun acto literario na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

Mini e Mero, membros do grupo de música tradicional 'A Quenlla', declaráronlle a Efe sentiren unha "gran satisfacción" por recibiren o Pedrón de Ouro, que supón para eles "un empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e expresións. Mini engadiu que o galardón é tamén para moitas persoas que desenvolven tarefas similares, "en silencio", e que nin el nin Mero "o merecen", xa que o seu traballo "é egoísta, é beber nunha fonte na que outros non poden".

Os dous musicólogos, transmisores dunha cultura oral e musical que doutro xeito se perdería, afirman que o mérito é "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai 37 anos. Levan todo ese tempo recompilando material por toda a xeografía galega, pero fundamentalmente na Terra Cha, a súa comarca natal, e nas zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen a docencia.

Afirman que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado, arquivos que queren "difundir" e "pór nun gran foro" porque "son patrimonio de todos". Teñen en marcha un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego, que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral recollido dentro dun ano, aproximadamente.


Noticia enviada por Xan Rolei



NOVAS RELACIONADAS:




http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=50595


Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias (Mini e Mero do grupo A Quenlla) e a filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu, premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra 2009.
O padroado da Fundación do Pedrón de Ouro, en reunión celebrada na casa da Curiscada de Arzúa o 3 de abril, acordou conceder o "Pedrón de Ouro 2009" aos músicos Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias (Mini e Mero), fundadores de Fuxan os Ventos e actualmente integrados en A Quenlla pola súa traxectoria como músicos, pedagogos e investigadores da tradición oral. Asemade, decidiu outorgar o "Pedrón de Honra 2009" á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu polo seu labor de difusión la lingua e literatura galegas no seu país.

Pedrón de Ouro

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, más coñecidos como Mini e Mero, foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro pola súa traxectoria como músicos e polo traballo realizado desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.
Estes 2 musicólogos, intérpretes e investigadores da nosa música popular, foron promotores do colectivo Fuxan os Ventos do que formaron parte durante 10 anos. En 1984 fundaron o grupo de música tradicional A Quenlla, ao que pertencen actualmente e co que levan editados 10 discos e co que promoveron proxectos contra a drogadicción (Namórate da vida) e monográficos como Aldraxes contra a xistra; Os tempos inda non, non son chegados; Os Irmandiños; Unha vez foi o trebón; A casa que nunca tivemos; Máis alá da néboa; Európolis 88; Terra, Silencios na memoria, etc.
Como mestres anovadores desenvolveron múltiples actividades consonte á renovación pedagóxica, integrados no entorno rural no que imparten a docencia. Así, son autores de materiais musicais e literarios, contos, lendas, poemas discos e refráns, libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario.
Paralelamente levan corenta anos desenvolvendo un inmenso traballo de investigación musical a través de toda Galicia, pero especialmente pola súa Terra Cha natal e polas terras de Boimorto e Mesía, onde exercen a súa profesión de profesores, en busca de persoas dispostas a compartir a súa sabedoría popular.
Todo este material por eles recollido en miles de cintas magnetofónicas foille cedido por Mini e Mero ao Museo do Pobo Galego para ser dixitalizado e pasar a formar parte do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que moi pronto estará dispoñible na páxina web do Museo, facendo explícita a súa firme opción por facer públicas as súas gravacións para que volten ao pobo do que saíron, tal como a xente do pobo llelas fixo chegar a eles.



Pedrón de Honra
Mariana Ploae-Hanganu, profesora da Universidade de Bucarest e Investigadora do Instituto de Lingüística da Academia Romanesa en Bucarest, vén realizando, desde hai moitos anos, un gran labor de difusión en Romanía das linguas e literaturas portuguesa e galega.
Autora dun manual de fonoloxía portuguesa (1991) para estudantes romaneses e de traballos sobre o ensino deste idioma, publicou diversos traballos sobre os crioulos portugueses, despois de doutorarse en 1983 cunha tese sobre o crioulo portugués de Africa. Outra da súas liñas de investigación é a literatura portuguesa, con traballos sobre Mourão Ferrreira, Vasco Cabral, Eugénio de Andrade ou Machado de Assis. Nesta liña ocupa un papel sobranceiro o seu papel de tradutora ao romanés da prosa e da poesía de Miguel Torga, do que é boa mostra o libro Povestiri montane. Poeme lusitane (1989).
A finais dos 80 comeza a preocuparse polo estudo da lingua galega. En 1989 participa en Santiago de Compostela no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica e publica en revistas de Romanía traballos sobre o vocalismo do galego; e en 1994 participa en Oxford no IV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, cun relatorio sobre as sibilantes do galego e do romanés.
Na década de 1990, primeiro na revista mensual Calende e logo no semanario de literatura Luceafărul, que edita en Bucarest a Unión dos Escritores de Romanía, publica traducións da prosa de Castelao e de Méndez Ferrín e poesías de Celso Emilio Ferreiro e Cunqueiro, acompañadas dunha introdución biobibliográfica de cada autor.
Nos últimos anos Mariana Ploae-Hanganu estivo traballando na tradución de toda a prosa literaria de Castelao ao romanés, do que é resultado o libro Castelao. Memoriile unui schelet. Opera narativă. Teatru, Bucureşti, Editura Semne, 2008, 347 p., con tradución, notas e unha ampla introdución titulada “Castelao, un home, unha obra, unha época”. Con moi boa acollida, a obra presentouse en xuño de 2008 na Feira do Libro de Bucarest.


Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra e acto de entrega
O Pedrón de Ouro trata de sobrancear aquela personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis se teña destacado na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida.
Co Pedrón de Honra, a Fundación pretende distinguir a personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra da Terra que máis se destacase coas súas achegas ao engrandecemento da Nación e a súa Cultura.
O acto de entrega do Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra terá lugar o próximo 24 de maio nun acto literario que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, ás 12,30 horas.






http://www.galiciae.com/nova/29310.html


Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas, máis coñecidos como 'Mini e Mero', foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro-2009 polos esforzos e o traballo que realizan desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.

Así mesmo, a Fundación do Pedrón de Ouro outorgou o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu, polo seu labor de difusión da lingua e literatura galegas en Romanía.

O Pedrón de Ouro recoñece á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destaque na defensa e na promoción das diversas facetas da cultura nacional. O galardón de Honra distingue a unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra de Galicia, que máis destaque coas súas achegas ao ''engrandecimiento da Nación e a súa cultura'', segundo explica a fundación.

Un traballo egoísta
Os ex compoñentes do grupo musical 'Fuxan vos Ventos', actualmente integrantes de 'A Quenlla', 'Mini e Mero', agredecieron o galardón recordando que tamén se lle está a dar a moitas persoas'' que desenvolven tarefas similares ''en silencio'', e asegurando que ''non o merecemos, porque o noso traballo é un acto egoísta, é beber dunha fonte na que outros non poden''.

Os dous musicólogos coincidiron en que o mérito en si é ter a oportunidade de ''redescubrirse a si mesmos'' a través da investigación cultural que emprenderon hai case corenta anos, e que continúa hoxe en día, porque lles axudou a ''vivir dun modo armónico co ser de Galicia''.

Patrimonio de todos
Os etnógrafos recompilaron material por toda a xeografía galega, pero, fundamentalmente, na súa comarca natal, Terra Chá, e as zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen de profesores.

Os arquivos recompilados -cuxo número, aseguran, é imposible de contabilizar- seran difundidos nun foro que desenvolverán coa colaboración do Museo do Pobo Galego, que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral ''patrimonio de todos'', aseguran os premiados.





Mini e Mero reciben o Pedrón de Ouro 2009 | culturagalega.org | O portal da cultura galega
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=14521


O traballo de recuperacíon da cultura tradicional que desenvolven os músicos Mini e Mero valeulles o recoñecemento da Fundación Pedrón de Ouro. Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas comezaron o seu traballo de recollida de patrimonio oral hai preto de corenta anos, e apuntaron que co Pedrón de Ouro que reciben "tamén se lle está a dar a moitas persoas' que desenvolven tarefas similares 'en silencio'. Ao tempo, a Fundación acordou outorgarlle o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu polo seu traballo de difusión da nosa lingua e literatura no seu país.





Vieiros: Galiza Hoxe - Mini e Mero, merecido Pedrón de Ouro
http://www.vieiros.com/nova/73439/mini-e-mero-merecido-pedron-de-ouro


Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas, máis coñecidos como Mini e Mero, veñen de ser distinguidos co premio Pedrón de Ouro 2009 polos esforzos e o traballo que realizan dende hai 36 anos para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galiza. Así mesmo, a Fundación do Pedrón de Ouro outorgou o Pedrón de Honra 2009 á filóloga rumana Mariana Ploae-Hanganu, polo seu "labor de difusión" da lingua e literatura galegas no seu país.

Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu recibirán os seus respectivos premios o 24 de maio, nun acto literario que se celebrará ás 12:30 horas na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

Formaron parte da formación orixinal de Fuxan os Ventos, que abandonaron en 1982 para formar A Quenlla. Dende 1972 veñen traballando na recuperación de cancións populares e do patrimonio oral galego. Este labor de recuperación foi especialmente fondo nas comarcas da Terra Cha, de onde proceden, nas zonas de Boimorto e Mesía, onde son mestres e residen, e na zona da montaña lucense. Para difundir este patrimonio de todos recollido durante décadas Mini e Mero manteñen un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego, que permitirá acceder a unha completa base de datos dentro dun ano. É coñecido o seu compromiso e activismo con multitude de causas, tanto a defensa da lingua galega, a recuperación da memoria histórica ou a protección do medio natural; este compromiso lévaos a participar en actos organizados por todo tipo de asociacións e colectivos, por pequenos que sexan.






http://www.xornal.com/artigo/2009/04/17/cultura/mini-mero-ganan-pedron-ouro/2009041712405893874


Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, máis coñecidos como Mini e Mero, foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro-2009 polos esforzos e o traballo que realizan desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.
Así mesmo, a Fundación do Pedrón de Ouro outorgoulle o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu, polo seu "labor de difusión" da lingua e literatura galegas no seu país, informou un comunicado.
O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galicia "que máis destaque na defensa e na promoción das diversas facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida. Pola súa banda, o Pedrón de Honra distingue unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra de Galicia, que máis destaque coas súas achegas ao "engrandecemento da Nación e a súa cultura", engade a nota.
Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu recibirán os seus respectivos premios o 24 de maio, nun acto literario que se celebrará ás 12.30 horas na Casa Museo de Rosalía, en Padrón. Mini e Mero, que pertencen actualmente ao grupo de música tradicional 'A Quenlla', manifestaron en declaracións a EFE que o Pedrón de Ouro supón para eles unha "gran satisfacción", ademais dun "empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e outras expresións da cultura oral galega.
Ademais, Mini sinalou que ese galardón "tamén se lle está dando a moitas persoas" que desenvolven tarefas similares "en silencio", e asegurou que nin el nin Mero "o merecen", porque o seu traballo "é un acto egoísta, é beber dunha fonte na que outros non poden".
Os dous musicólogos coincidiron en que o "mérito en si" é ter a oportunidade de "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai case corenta anos, e que continúa hoxe en día, porque lles axudou a "vivir dun modo harmónico co ser de Galicia".
Mini e Mero recompilaron material por toda a xeografía galega, pero, fundamentalmente, na súa comarca natal, a Terra Cha, e as zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen de profesores. Os etnógrafos aseguraron que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado estes anos, arquivos que pretenden "difundir" e "poñer nun gran foro" porque "son patrimonio de todos".
Para iso, existe un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral recollido durante estes anos polos novos Pedrón de Ouro, dentro dun ano, aproximadamente.





Mini y Mero, Pedrón de Ouro por 36 años de investigación de la cultura oral gallega
http://www.atlantico.net/noticia/76252/galicia/pedron/ouro/Xos%C3%83%C2%A9/Lu%C3%83%C2%ADs/Riva








Mini e Mero (un texto de Xabier Cordal para Vieiros.com)
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=1132


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal