>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

1º Encontro Internacional de Capoeira Angola en Santiago de Compostela
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 15 / 4 / 09 )





(vía compostelacultura.org)

Días 17, 18 , e 19 de Abril no Centro Sociocultural de Vite


O Centro Sociocultural de Vite acollerá o primeiro Encontro Internacional de Capoeira-Angola cun programa de tres días no que haberá demostracións de baila, aulas, proxeccións e máis actividades relacionadas con este baile brasileiro en expansión.

As actividades encetan o venres 17 de abril ás 20.00 horas co presentación dos maestros que ditará as aulas e a abertura dunha exposición de fotografia, amais dunha roda de capoeira aberta ao público.

O sábado 18 encetará ás 10.30 horas con aulas de movemento que continurán ás 13.30 horas. A partir das 16.00 horas proxectarase un documental sobre a Capoeira e abrirase un debate arredor das cuestións tratadas no mesmo. Xa ás 18.15 horas impartirase unha aula de instrumento para, unha horas máis tarde, iniciarse unha roeda de capoeira.

A xornada de clausura, o domingo 19 de abril, iniciatase ben cedo, tamén ás 10.30 horas con aulas de movemento e instrumento. e unha mesa redonda cos mestres do Encontro que leva por título Capoeira na actualidade. Pola tarde celebraranse novas aulas de movemento ás 16.00 horas, para pechar o evento cunha roda de capoeira a partir das 17.30 horas.

Contactos e Reservas no 671 882 407 ou nos enderezos electrónicos: Cristinalahormiga@hotmail.com e ogumoxosse@hotmail.com
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal