>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 15 / 4 / 09 )





A Tradescola, escola de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o vindeiro sábado 19 de Abril unhas Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte.

Cunha proposta educativa que lle permite ao alumnado adquirir unha formación integral, na Tradescola se imparten aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación, e asisten a elas un total de 150 alumnos.
Coa intención de complementar a formación do alumnado impártense cursiños monográficos e realízanse outras actividades relacionadas coa difusión da cultura tradicional. O obxectivo é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de outras actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

O día 19 de Abril a partir das 17.00 h., terán lugar na Casa da Cultura de Monforte de Lemos unhas xornadas didácticas dedicadas a zanfona e a percusión tradicional. Esta actividade estará guiada polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero Cajigal. Na mesma poderemos gustar dun concerto didáctico no que Luis O Caruncho nos amosará os secretos da zanfona, cantos de cego, regueifas... e Xosé Lois nos ensinará as distintas percusións utilizadas na música tradicional. Posteriormente, realizarase un obradoiro no que os mestres estarán a disposición dos asistentes para responder a calquera dúbida ou inquedanza sobre os distintos instrumentos, e no que o público poderá achegarse e aprender os distintos xeitos de tocar.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal