>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Leonard Cohen actuará en Vigo o 13 de agosto
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 4 / 09 )



Leonard Cohen, que o pasado ano volveu aos escenarios tras quince anos sen ofrecer un concerto, fará este verán unha xira por España con citas confirmadas xa en Vigo, Xirona, Madrid, Granada, Bilbao e Barcelona, asegurou o promotora Doutor Music.

O músico canadense actuará o 13 de agosto no Parque Castrelos de Vigo, o día 15 no Festival Jardins de Cap Roig en Xirona, o 12 de setembro no Palacio de Deportes da Comunidade de Madrid, o día 13 no Coliseo de Atarfe en Granada, o 17 no Bec de Bilbao e o día 21 no Palau Sant Jordi de Barcelona.

Un gran ano
O 2008 foi un gran ano para Leonard Cohen cunha viaxe por todo o mundo, con concertos de tres horas, esgotando entradas e recibindo grandes ovacións nun periplo que resume o disco e DVD recentemente publicado por Sony, 'Live In London', gravado na Area de Londres.

Temas como 'Suzanne' a 'Dance me to the end of love', pasando por 'Hallelujah' ou 'First we take Manhattan', xa clásicos do seu repertorio, soarán este verán en España.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal