
Comeza a 3º edición de PANXEA, o festival da interculturalidade e a diversidade de Carballo, que se consolida como referente cultural na Comarca de Bergantiños.
PANXEA`09 conmemora o Día Contra a Discriminación Racial, que se celebra en toda Europa, cunha axenda de actividades para todos os públicos. A 3º edición da Feira Intercultural Panxea contará con representación das culturas latinas, a música soará na Praza do Concello da man de artistas como María Manuela, Tangó Project (Uruguai), Chámalle Xís e Foula. Outras actividades coma a Ciclobiblioteca, Ciclo de cine árabe, Chocolatada popular ou obradoiros de candombe completan a variada oferta cultural de PANXEA`09.
Panxea celébrase en Carballo, capital de Bergantiños, do 6 ao 17 de abril de 2009. As actividades principais estarán condensadas entre o xoves 9 e o venres 10 de abril na Praza do Concello durante todo o día.
PANXEA`09 ademais de ofrecer un programa repleto de actividades para gozar en familia, axeitada para todas as idades, tamén pretende ser unha fiestra aberta ao mundo. Unha mostra do carácter plural e solidario das xentes de Carballo, así coma da convivencia de diferentes etnias e culturas que fan da comarca un exemplo de tolerancia, respecto e integración social.
|