
Porque ao mellor non sabes que durante os últimos meses a Sala NASA foi obxecto de duros ataques por parte do Partido Popular e de asociacións vencelladas a el, tratando de criminalizar a súa actividade cultural, solicitando a retirada de todas as axudas públicas e mesmo pedindo o peche da sala. Estes ataques ademais viñeron carregados de insultos persoais que atentan contra a honra das persoas que dirixen a sala, pero tamén da descalificación absoluta das persoas que asisten ás actividades programadas. Consideramos que estes feitos constitúen un ataque inaceptable non só contra a Sala NASA,contra os seus traballadores, contra os artistas e contra os espectadores,senón contra todo o sector cultural da cidade de Santiago de Compostela e, porextensión, contra a convivencia, a tolerancia e a liberdade de expresión.
Polo mantemento da biodiversidade cultural Polo dereito a pensar distinto Pola tolerancia Pola liberdade de expresión
|