
Xa está aberto o prazo de matrícula para o XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega. XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA 9, 10 e 11 de abril de 2009 LUGAR: Auditorio Municipal Gustavo Freire Parque da Milagrosa. Avda. da coruña s/n (Lugo) ESPECIALIDADES: 1. Técnicas de gaita 2. Técnicas de canto e pandeireta 3. Técnicas de baile tradicional 4. Técnicas de percusión tradicional 5. Técnicas de zanfona Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 4 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais. PREZO DA MATRÍCULA: 30 €, agás para os socios/as da Asociación Cultural“Cántigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos, que será de 20 €. PAGAMENTO NA CONTA: 2091 0152 29 3040026419 Os gastos da estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ó curso. INSCRICIÓNS: Datos Requiridos: Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. As inscricións pódense enviar a : FAX: 982 26 52 80 EMAIL: inscricions@cantigasefrores.com COMPRE ADXUNTAR XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE. PROGRAMA: XOVES 9 09:00 a 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso 10:00 a 11:00 Clase práctica 11:30 a 13:30 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica VENRES 10 10:00 a 11:00 Clase práctica 11:30 a 13:30 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica SABADO 11 10:00 a 11:00 Clase práctica 11:30 a 13:30 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica 19:00 ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS MESTRES: 1. Técnicas de Gaita: Agustín Sánchez. Comeza a tocar a gaita con 11 anos da man de pepe temprano. Ten gañado numerosos concursos de gaita. Colaborou co cuarteto “luvas verdes” e foi mestre en diversas asociacións e centros galegos. 2. Técnicas de Canto e Pandeireta: Sandra Diéguez. Directora das pandereteiras da A.C.F. “O Fiadeiro” de Vigo. Mestra e compoñente de numerosas asociacións coas que ten gañado diversos premios. 3. Técnicas de Baile Tradicional: Gustavo Couto. Membro da sección de baile da O.C.T. “Ultreia”. Director de diferentes escolas de baile tradicional na comarca de Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto Ronsel. 4. Técnicas de Percusión Tradicional: Roi Adrio. Comeza os seus estudios musicais con Moxenas. Ten tomado clases de percusión tradicional da man de X. M. Oliveira, "Chuco". Na actualidade é membro de “Quempallou”, “Faltriqueira” e outras agrupacións. 5. Técnicas de Zanfona: Paulo González. Licenciado en Música Antiga. Titulado en Educación Musical. Diplomado co título profesioinal de gaita e ten realizado o curso de zanfona na U.P. de Vigo. Director do grupo “Amar Contra o Silêncio”. COORDINADORA DO CURSO: Mónica Fernández Fernández. Máis información na páxina do curso.
|