>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

TANXUGUEIRAS - Malquerenza (Na casa)

Ver en Facebook

(ultima actualizaci�n: 17 / 5 / 20 )





MALQUERENZA:
Definición: dise do Sentimento e actitude desfavorable e hostil cara a alguén.
Sinónimo: Malquerer.
Antónimos: Benquerer, benquerenza.

Como decía Castelao "se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma".
O único que nos diferencia como pobo é a nosa lingua, polo tanto o día que morra, morreremos con ela.
Este ano o día das letras galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero, esperamos que para o ano teñan en conta a esxs mulleres e homes anónimos que axudaron a construir as nosas cantigas populares, que fixeron cultura e que hoxe por hoxe fan que teñamos unha riqueza de cultura viva.

Para celebrar este día quixemos agasallarvos un tema na nosa lingua!
Fixémolo con moito amor para todxs vós porque sabemos con seguridade que amades a cultura, tradición e a lingua galega tanto coma nós.
Temos moitísimas ganas de poder volver a tocar nun concerto en directo!
Sabemos que aínda queda moito tempo, moita espera, pero tamén, que sairemos desta con máis forza!!!
⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀

Gravado dende as nosas casas en marzo.
video realizado por: seimeira producións.
Percusión e mestura: Isaac Palacín.


- euquedonacasa -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal