>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Tiruleque - SanSARS Covido-19 (SanSadurnio Remix)
https://www.youtube.com/watch?v=xwYergecXQk&feature=youtu.be&fbclid=IwAR3z_ZR6O-jqVDOh4eOoIxauyCdWq6tJImM7mgQKGckuYEkzHoroxqB1CuM

(ultima actualizaci�n: 13 / 4 / 20 )





Edición de vídeo: Álex Fente.
Adaptación do tema "SanSa" do grupo. Peza orixinal da "Charanga do Cuco de Velle" (Ourense).
Letra: Tiruleque.
+info: www.tiruleque.com

CHEGARA DECEMBRO, COMIAMOS MARISCO
E TODOS CONTENTOS PORQUE ERA O NADAL,
MAIS ALÓ POR CHINA ANDABAN FODIDOS
APARECE UN VIRUS, DISQUE ERA EN WUHAN.

Retrouso:
VAI LAVAR AS MANS POR DIANTE E DETRÁS
E QUEDA NA CASA PARA NON CONTAXIAR (BIS)

E LOGO, AO CABO DE MOI POUCO TEMPO
ANDABA EN ITALIA, CARALLO A QUE ARMOU!,
E TODOS NO SÚPER MERCARON A EITO
NO ESTABLECEMENTO NIN PAPEL QUEDOU!

Retrouso

CON ESTE "CORONA" NAS PORTAS DA CASA
CHAMAMOS A BATMAN OU A SUPERMÁN?
ESTADE TRANQUILOS, XA TEMOS HEROES
OS SERVIZOS PÚBLICOS FANSE CHAMAR.

Retrouso

A XENTE NA CASA NON PASA DA PORTA
MIRA POLA FIESTRA SE VAS POLO PAN,
ESTANDO NA TENDA ATOPO UN VECIÑO
"TES MOITOS CADELOS, ALÚGAME UN XA!"

Retrouso

NON POSO CO IOGA, CON TANTO PILATES
ESTAMOS NO MARTES E TOCA TAICHÍ,
DESPOIS DESTE TEMPO FACENDO DEPORTE
XA PODO IR CORRENDO DAQUÍ A "MADRÍ".

Retrouso

CON TANTOS AMIGOS QUE TEÑO NO MÓBIL
NIN DURMO, NIN COMO, NIN PODO TOCAR,
O TELETRABALLO OCUPA BASTANTE
O MÁIS ESTRESANTE É A VIDA SOCIAL.

Retrouso

MAIS DE TODO ISTO HAI QUE APRENDER ALGO
PARA QUE NO FUTURO POIDAMOS MEDRAR,
TODAS ESTAS CRISES HAI QUE COMBATILAS
CON MOITA EMPATÍA E SEMPRE CANTAR:

Retrouso

SE ESTÁS EN CORENTENA E TODO DÁ NOXO
TI NON TEMAS E CANTA CONNOSCO O NOSO RETROUSO,
XABRÓN, XABRÓN, XABRÓN, XABRÓN, XABRÓN CONTRA A INFECCIÓN
XABRÓN, XABRÓN, XABRÓN MAIS SEN ACAPARACIÓN
MAIS SEN ACAPARACIÓN E AO SERGAS FINANCIACIÓN (BIS)

IMOS GAÑAR!

Antón Bueno: contrabaixo
Álex Fente: acordeón, voz
Luis Gª Corral: voz, bombo con pratos
Miguel Horjales: voz, batería electrónica
Serxo Núñez: voz, clarinete
Fernando Román: clarinete
Xosé A. Vázquez: voz, pandeireta


- euquedonacasa- tiruleque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal