Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Páxina aberta de
Actualidadesical Galega

XML




   >> Iniciar Sesión  

 


 

Concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=58156

(nova engadida o día 17/ / 3/ / 09 )



Malmequer presenta `en primicia´ a lista dos concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo deste ano:

Venres 27 ás 22:30
-Os Tres Trebóns (o novo grupo de Xurxo Souto) acompañado polos Homes sen medo

Sábado 28 ás 20:30
-Cantadeiras de Berbés e amigos (Concerto de despdida)
-Malvela

Domingo 29
-Tiruleque


NOVAS RELACIONADAS:

Reconquista da Vila de Vigo
http://www.avcascovello.com/index.php?option=com_content&task=view&id=33&Itemid=38


Demostracións de artesáns, Actividades para nenos, Animación nas rúas, concertos, exposicións....
(pincha no enlace para ver o programa completo)

aCentral folque » Festa da Reconquista
http://folque.com/cmn-wp/?p=1433


A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza a Festa da Reconquista da Vila de Vigo que vai ter lugar durante todo esta fin de semana (do 27 ao 29 de marzo).

Este ano, co gallo do Bicentenario e a coincidencia do sábado como día festivo, augúrase un grande número de visitantes á festa, e con tal motivo o programa é o mais completo dos realizados até agora na historia da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

A Festa comezará este venres 27 de marzo ás 22:30 cun concerto na Praza do Berbés, precisamente unha das novidades é a incorporación do espazo da Praza do Berbés como zona de concertos.

O mercado comezará o sábado ás 11 da mañá e pechará o domingo ás 22:00.


A inauguración oficial será o sábado ás 17:00 coa presentación dos protagonistas e persoeiros na praza da Constitución e pouco despois ás 18:00 comezará a representación da Reconquista, ollo, este ano faise o sábado xa que coincide co festivo.

Só anticipar tamén que o espazo de actividades da festa ampliase este ano á zona do Náutico, que haberá novos espazos como unha zona especial para actividades infantís, un novo espazo de actividades mariñeiras e que entre os distintos artesáns que mostrarán o seu labor (este ano duplicanse as mostras de oficios antiguos) por primeira vez estará a Escola de Canteiros de Poio e a Escola Obradoiro de Carpinteiros de Ribeira “Ria de Vigo”.

Os concertos serán:

Venres 27 ás 22:30 “Os Tres Trebóns“.
O novo grupo do multifacético Xurxo Souto, creado para a festa e a diversión, con temas propios e versións de míticas pezas galegas que farán mover as pernas dos asistentes. Estarán acompañados polos “Homes sen medo” como sección de vento polo que o espectáculo festeiro está asegurado.

Sábado 28 ás 20:30 “Cantadeiras do Berbés e amigos” e “Malvela“.
O prato forte da festa será con toda seguridade este concerto, pois se trata do concerto despedida do mítico grupo “Cantadeiras do Berbés”, este emotivo concerto será unha homenaxe a estas mulleres que levan anos percorrendo os escenarios e mostrando ao público as cancións que durante séculos foron incorporandose ao cancioneiro popular mariñeiro, especialmente da zona de Vigo. Nesta despedida dos escearios estarán compañadas por amigos e amigas que compartiron con elas todos estes anos, así como o grupo Malvela,
outro grupo de mulleres que mantén a mesma tradición de recuperar as pezas tradicionais galegas de toda a vida. Sen dúbida un concerto que quedará para a historia.

Domingo 29 de marzo ás 20:30 “Tiruleque“
Acabaremos a festa da Reconquista cun grupo festeiro para todos aqueles que queiran disfrutar da música tradicional galega e que como todos os anos queiran rematar a festa participando e bailando ao xeito tradicional.

Queremos lembrar tamén os horarios das exposicións abertas no Casco vello co gallo da Festa da Reconquista da Vila de vigo 2009:

“Unha de fios“: na Sala de Exposicións do Instituto Camões (Praza de Almeida), até o 29 de marzo.
De luns a venres: de 18:00 a 21:00
Sábado e Domingo: de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00

“Traxes com Historia“: na Casa Galega da Cultura, até o 19 de abril.
De luns a venres de 18:00 a 21:30
Sábado de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30
Domingo de 11:00 a 14:00


COMENTARIOS:



If I speak in the Cheap Authentic NFL Jerseys tongues of men and of angels, but have not love, I am only a resounding gong or a clanging cymbal. If I have the gift of prophecy and can fathom all mysteries and all Official NFL Jerseys knowledge, and if I have a faith that can move mountains, but have not love, I am nothing. If I give all I possess to the poor and surrender my USA Jerseys Shop body to the flames,but have not love, I gain nothing.Love is patient, NFL Jerseys love is kind. It does not envy, it does not boast, it is not proud. It is not rude, it is not self-seeking, it is not easily angered, it NHL Jerseys keeps no record of wrongs. Love does not delight in evil but rejoices with the truth. It always protects, always trusts, always MLB Jerseys hopes, always perseveres.Love never NHL Hockey Jerseys fails. But where there are prophecies, they will cease; where there are tongues, they will be stilled; where there is knowledge, it will pass away. For we know in part and we prophesy in MLB Baseball Jerseys part, but when perfection comes, the imperfect disappea. When I was a child, I talked like a child, I thought like a child, I reasoned like a child. When I became NBA Basketball Jerseys man, I put childish ways behind me. Now we see but a poor reflection as in a mirror; then we shall see face to face. Now I know in part; then I shall know fully, even as I am fully known.And now these three remain: faith, hope and NFL Football Jerseys love. But the greatest of these is love. http://www.jersey-usa.com/sitemap.html LIJ

Enviado por NFL Football Jerseys o 9/9/10 ás 08:19h





 




Engade o teu..

Antes unha preguntiña ben sinxela
(tanteando a robots pesados..)

2 + 2 =

?

Comenta..

 

E identifícate (se queres)

nome:
clave (si es un usuario rexistrado):

Crea a túa conta en Ghastas Pista?.
O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.

 

 

 

Atrás.

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal