>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

NOVO ESPECTÁCULO DO GMBT XACARANDAINA - A Coruña

(ultima actualización: 7 / 2 / 20 )





Mércores 12 de febreiro ás 21h no local do Centro Coreográfico Galego

“Endaterra” é o título do novo espectáculo, que imos comezar a montar, no Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina.
Con el queremos poñer en valor a variante do Camiño Inglés, entrando polo porto de A Coruña até Santiago de Compostela, seguindo camiño até a súa prolongación natural: Fisterra-Muxía.

Esta obra estará dirixida por Quique Peón axudado polos seus colaboradores habituais na dramaturxia da obra, composición musical, deseño de luz, deseño de espazo sonoro e escenografía.
Será un marabilloso percorrido polo patrimonio inmaterial de 18 concellos, unha ruta cultural chea de lendas, misterios, paisaxes e tradicións. Un percorrido por 170km que nos valen de escusa para poder amosar o folclore dunha das zonas de Europa máis singulares e interesantes.

Xacarandaina, como en outras ocasións, quere brindar a oportunidade de participar a todas e todos as e os que queiran formar parte do elenco de “Endaterra”.



Complexo Polideportivo de Elviña. A Coruña
Abrir mapa en navegador

- Xacarandaina -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal