>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa do Can en Cerdedo-Cotobade

Ver en Facebook

(ultima actualización: 30 / 1 / 20 )





Sábado 7 de marzo

71 anos da Festa do Can en Castro! No pregón do ano 80, Manuel Monteagudo describíaa así: "[...] Esta Festa do Can foi fundada na noite do 11 de febreiro de 1949, sendo a idea duns cantos veciños que xuntos na casa de Dorinda Garrido en Castro do Cabo p'ra tomar unha chocolatada non pararon aí, porque un dos trasnoitadores botou-lle man a dous chourizos, que serviron de cebo p'ra empezar a recolleita de porta en porta de todo canto caíse; é dicir: ademais dos chourizos tamén entraban na cesta morcillas, ovos, touciño e pataquiñas; todos estes, produtos da nosa terra.
Cando chegou a noite puxeron-se a cocer nunha pota ben grande p'ra cair xuntos todos os veciños nun só posto. Esta cea foi moi ben regada con viño do ribeiro. Tampouco faltou o gaiteiro nin os foguetes.
Quen ia pensar que dunha idea -chamamos-lle casualidá'- ía quedar creada e fundamentada unha festa que leva tantos anos deleitando os fillos de Castro? É ben certo: de casualidade, das cousas que empezan por pouco xorden realidades tan grandes...[...]

Manuel Monteagudo Ruzo
Pregón da Festa do Can
Castro (Cerdedo), 1980



Cerdedo-Cotobade
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal