>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

VII Serán Pousos da Area en Marín
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 25 / 1 / 20 )





O próximo sábado, 25 de xaneiro, o Multiusos da Praza de Abastos acollerá a sétima edición do Serán Pousos da Area, unha cita ineludible para os amantes da cultura popular organizada pola asociación do mesmo nome e que foi presentada hoxe no Concello xunto ca concelleira de Cutura, Beatriz Rodríguez.

O serán dará comezo ás 18.00 horas, ca apertura dos postos artesanais. A partir das 19.00 horas, comezarán os xogos tradicionais pensados para os máis pequenos, ata que ás 21.00 horas se faga a chamada ao serán, que comezará oficialmente ás 21.30 horas. Haberá chocolate con rosca e queimada para todos os asistentes ao evento.

Segundo explicou esta mañá o presidente da asociación, José Iglesias, o principal obxectivo do colectivo é o de recuperar tradicións e eventos que antigamente formaban parte da vida social desta zona xeográfica, pescudando as raíces etnográficas e dándolle un toque persoal á hora de reproducilos na actualidade.

Así, hai xa sete anos, decidiron recuperar o serán, “que eran esas festas que se facían antes, unha ou dúas veces á semana, como case a única forma de diversión ao rematar as labores diarias”. Como daquela a capacidade adquisitiva dos veciños era moi reducida, “eran eles mesmos os que, en agrupacións, cantaban e tocaban pezas”. Agora, nos seráns da actualidade de Pousos, realizan esa función agrupacións “que xa tocan de maneira habitual”, rulando polo escenario “mentres o resto da xente goza da festa”.

Pousos da Area tamén leva a cabo outro tipo de recuperacións e postas en valor, como vén facendo desde hai cinco anos co Rancho de Reis. Ademais, levan tempo traballando na recopilación de labores antigas, desde un punto de vista antropolóxico. Con esta actividade chegaron a recabar tanta documentación, que no ano 2017 realizaron un espectáculo no Teatro Principal de Pontevedra no que se representaron 13 oficios diferentes. Ademais, montaron unha exposición itinerante que se inaugurou por primeira vez no Museo Manuel Torres.

Entre as últimas novidades do colectivo, destaca o relevo que asumirán na organización da Festa do Bolo do Pote, “outra actividade que nos gustaría que non se perdese e que cada vez crecese máis”.

A concelleira Beatriz Rodríguez anima a toda a veciñanza a participar neste serán e aplaude o traballo que realizan desde Pousos da Area, “pola importancia que ten coidar e recuperar as nosas tradicións, que son parte inmaterial da nosa cultura e que precisan ser coñecidas por todos”.



Multiusos da Praza de Abastos de Marín
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal