>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro en Xinzo de Limia: O bailar na Limia con Montse Riveira

(ultima actualización: 12 / 1 / 20 )





NOVO OBRADORIO o vindeiro 25/01/2020 no Casino Antelano:
O BAILAR NA LIMIA CON MONTSE RIVERA!!

MONTSERRAT RIVERA CRESPO
Dende moi nova, Montserrat Rivera participa en diferentes agrupacions folcloricas galegas chegando a desempenar durante cerca de 9 anos o cargo de directora do corpo de baile e pandereteiras da Agrupacion
Folclorica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e dende o ano 2012 leva a direcion do Grupo de Brincadeira (Santiago de Compostela). Desenvolve unha incesante actividade como mestra de baile,pandeireta e canto tradicional galego para diferentes Asociacions, Institucions e Festivais tanto a nivel nacional, como internacional (Portugal, Alemana, Venezuela, Arxentina, Belxica, etc.).

Dende o ano 1989, forma parte do grupo de musica tradicional LEILIA co que ten publicados cinco traballos discográficos, ofrecendo conceros en multitude de paises, e colaborando en innumerables traballos discográficos, ofrecendo conceros en multitude de paises, e colaborando en innumerables traballos discográficos e audiovisuais con artistas da talla de Milladoiro, Xose Manuel Budino, Kepa Junquera, Brigada Victor Jara, Jose Nieto, Emilio Cao, etc.
Posue un valiosisimo arquivo audiovisual froito de mais de 30 anos de investigacion etnografica por toda a xeografia galega (vestiario, tradicion oral, musical e baile), o que se engade a participacion en congresos,
cursos e conferencias relacionadas coa cultura e tradicion galega.

Actualmente compaxina a sua vocacion docente coa participacion coa actividade artistica en LEILIA, Pesdelan, e o proxecto As Armadanzas,e Contoche un Traxe.



Casino Antelano. Xinzo de Limia
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal