>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Tanxugueiras presenta novo disco: Contrapunto

(ultima actualización: 1 / 12 / 19 )





5 de decembro ás 20:30h
Auditorio Municipal de Celanova (Ourense)

14 de decembro ás 21h
Auditorio Municipal de Burela

2 de febreiro ás 20h
Sala Capitol de Compostela

O segundo disco de Tanxugueiras, Contrapunto, pódese escoitar dende hoxe nas principais plataformas dixitais. Despois de lanzar dous adiantos, as cancións Desposorio e Perfidia acompañados de sendos videoclips, o grupo volve aos escenarios cun proxecto moi persoal no que explora os límites da música tradicional a través de dez temas confeccionados a partir de letras tradicionais e renovados con arranxos actuais. Na intención de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro está amosar que a música tradicional galega pode avanzar, renovarse a cada pasos e acadar novos escenarios. Contrapunto é, polo tanto, un disco sen corsés, feito dende a tradición pero sen amarres no pasado. O álbum está xa dispoñible nas principais plataformas dixitais para a súa escoita, mentres que en tendas físicas e online estará á venda dende o 29 de novembro. Tamén se pode atopar á venda nos concertos do grupo e no Culturgal, onde ofrecerán un showcase o día 30.



A maneira con que Tanxugueiras reinterpreta a música tradicional deixase notar nas letras cos dez temas que forman o álbum, editado por Calaverita Records e PlayPlan. Son palabras recollidas en diferentes puntos da xeografía galega e que Tanxugueiras combina para construír un relato actual de diferentes sentimentos e situacións vitais, coas súas carae a súa cruz. Así, o disco enténdese como un espello con cinco temas que transmiten sentimentos positivos que teñen o seu equivalente que fala sobre a cara amarga do mesmo. Desta volta, as letras tradicionais serven para cantar ao empoderamento da muller, unha temática que Tanxugueiras aborda en temas como Desposorio (o primeiro single do álbum), Irmandade e Maltraer, ou para afondar dun xeito cru na deslealdade e a traizón que se atopan en Perfidia. Son moitos os temas que Tanxugueiras toca no seu segundo disco, que ten cancións adicadas á liberdade política, a amizade, a vida e á liberdade de decisión que se complementan, na súa cara amarga, con letras como as de Autocracia, unha crítica á ditadura, ou as de Malquerenza sobre o desengano.
Este contraste de situacións trasládase tamén ao deseño do disco, obra de Sonia García, representado por un corvo femia. Un paxaro que é símbolo de impureza e maldade, presaxio de malos augurios en culturas mediterráneas e na tradición cristiá pero que se idolatra noutras latitudes como na cultura dos países nórdicos, Siberia ou Alaska e taménn o budismo.

As protagonistas en Contrapunto volven ser as voces e as pandeiretas e a proximidade á música de baile. Unha concepción que se deixará notar tamén nos novos directos do grupo, deseñados ao detalle para levar ao público da intimidade á euforia.



Sala Capitol de Compostela
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal