>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Zoelas no Var con Uve (Moaña)

(ultima actualización: 6 / 12 / 19 )





O sábado 7 de decembro ás 22:00 horas e cunha entrada de 5€ concerto de Zoelas no Var con Uve, presentando "Evelaités" dentro da RGMV. Reserva de entradas no 986 31 09 91


Dende Antas de Ulla e como mulleres do rural modernas, vivas, emprendedoras, creativas e soñadoras que son, afoutas netas, fillas e nais de esas mulleres que labraron e labrarán os regos dun mundo cheo de contradiccións, Z...OELAS ofrece unha proposta musical en galego, cantada por mulleres, no que a mestura de ritmos e estilos converxen na música de raí­z universal con base na nosa propia música tradicional.

MATRIARCADO. O canto como berro. Música tradicional fusionada con outros estilos. Un dicire propio, que agroma do canto do Paí­s para pendurarse en arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos. Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra que ferve e que, máis tarde que cedo, botará por fora.

No rural tamén hai ruí­do, xuventude e rabia. Escriben letras para esquecer ordes. Fan música antes de ter instrumentos. No rural as mulleres estan vivas. Cos cabelos revoltos. Co carro diante dos bois.

ZOELAS SON:

Beatriz Garcí­a (Voz)
Marí­a Bouzas (Voz)
Pilar Naveira (Voz)
í‰rica Garcí­a (Voz)
Patricia Coucheiro (Voz)
Michel Rivadulla (Guitarra)
Bruno Villamor (Requinta, Zanfona e Gaita)
Miguel Varela “Miki” (Percusións)



Var Con Uve
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal