>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concerto de Oradaladou en Compostela

(ultima actualización: 6 / 12 / 19 )





Sábado 28 de decembro ás 13h no Museo do Pobo Galego

A entrada ao concerto é libre previa retirada de entrada na recepción do Museo (que estarán dispoñibles dende o día 21 de decembro).





O dúo Oradaladou actuará o sábado 28 de decembro no peche da exposición temporal 'Antonio Fraguas. #LetrasGalegas2019' co fin de homenaxear ao director e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego no día do seu aniversario.

Oradaladou está formado por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz). O grupo interpretará o repertorio do seu disco "Cantigueiro de Cotobade", composto a partir das coplas recollidas por #AntonioFraguas dentro do traballo etnográfico que levou a cabo no lugar de onde era natural.






Museo do Pobo Galego
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal