>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xornadas O Son da Gaita en Poio (Pontevedra)

(ultima actualización: 22 / 11 / 19 )





XORNADAS O SON DA GAITA
Sábado 23 de novembro, 16-20 h
Sábado 30 de novembro, 10-14 h e 16-20 h
Casal de Ferreirós, Poio (Pontevedra)

Sábado 23/11, 16-20 h
A entonación e a afinación da gaita
Carlos Real e Oscar Ibáñez

Carlos Real (Explicación teórica)
O son e as súas características
Intervalos harmónicos: a combinación dos sons
Escalas: construción e tipos
Escalas das gaitas tradicionais e modernas.

Oscar Ibáñez (Aplicación práctica)
Punteiros tradicionais e actuais
Contextos sonoros e elección das escalas máis axeitadas
Empalletado, afinación do punteiro e da gaita no seu conxunto
Utilidade e emprego do afinador electrónico
Afinación por apreciación interválica
A dixitación como elemento flexibilizador da entonación

Sábado 30/11, 10-14 h e 16-20 h
Obradoiro de construción e manipulación de palletas
Patricia Cela Rojo

Ferramenta básica precisa
Máquinas no mercado
Selección e preparación da cana
Métodos e pasos para a construción de palletas
Manipulación e empalletado

Todo o material preciso para realización do "Obradoiro de construcción e manipulación de palletas" será facilitado no curso

+INFO/INSCRICIÓN
acpaidacana@gmail.com
603581737

Para formalizar a inscrición é preciso enviar un correo-e a acpaidacana@gmail.com

PRAZAS LIMITADAS

Sab. 23 │15 €
Sab. 30 │ 25 € activo │15 € ouvinte
Sab. 23 + sab. 30 │35 € activo │25 € ouvinte

Desconto de 5 € empadroados en Poio

Os menores de 18 anos interesados en asistir ao "Obradoiro de construcción e manipulación de palletas" só poderán inscribirse na modalidade de ouvinte.

Casal de Ferreirós
Avda. Andurique, 43
San Salvador
36163 Poio (Pontevedra)



Casal de Ferreirós, Poio
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal