>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

é-romance no Mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón

Ver en Facebook

(ultima actualización: 21 / 11 / 19 )





Venres 22 de novembro

Isto non para! Mañá a partir das 18h, é-romance chega en formato concerto ao mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón!

🎸 Actuarán a cantante e repentista Alba María, a zanfonista Uxía Muíño e o guitarrista Queco Díaz, que interpretarán varios temas con base no romanceiro tradicional galego, así como outros romances compostos por eles e incluso algúns improvisados. A entrada é libre. Non o perdades!

🏫 Ademais, durante a mañá os artistas ofrecerán un obradoiro de romance no CEIP Monte Baliño, tamén en Ferreira de Pantón. Con esta proposta didáctica, o alumnado poderá achegarse á realidade do romanceiro galego e tamén aprenderá a xogar e a compor os seus propios romances.





Mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón
Abrir mapa en navegador

- folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal