>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Curso de pandeireta e canto en Carballo

Ver en Facebook

(ultima actualización: 24 / 10 / 19 )





Miro Regueira, da Laracha, é ben coñecido e recoñecido dentro do mundo da música tradicional en Galicia, tanto pola súa participación nalgunhas das formacións máis destacadas do país como polo seu amplo labor profesional no ámbito da formación. A súa proposta para o Casino1889 é un curso de aprendizaxe de pandeireta e canto tradicionais, sen ningún tipo de engadido ou artificio; un curso sen máis obriga que a de transmitir unha aprendizaxe que, de xeito lúdico, nos leve a acadar os obxectivos e compartilos entre nós, os participantes e o noso entorno. En calquera caso, para que saibades da propia voz do Miro como pretende enfocar o curso (dirixido tanto a principiantes como a xa iniciados) e cales son os obxectivos, nada mellor que asistir á masterclass gratuíta que ofrecerá no Casino o próximo día 31 de Outubro ás 21:00 hrs. Así, poderedes coñecervos, cadrar horarios e valorar a vosa participación no proxecto, que botará a andar o 7 de Novembro!!

*s que xa o tedes claro, para apuntarvos ó curso, chamade o número de contacto que aparece no cartel do evento :)







Casino 1889
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal