Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo queremos anunciar que xa temos cartel para o noso VI Festival de música tradicional de Cerdedo que terá lugar o vindeiro sábado 19 de outubro no Centro Cultural de Cerdedo ás 20:00h.
Ademáis disto, dicir que este ano 2019 é para nós unha data moi especial xa que o noso grupo de gaitas conmemora o seu 25 aniversario.
Grupos participantes:
▪️ Grupo de gaitas "No colo do vento" (Vigo) ▪️ A. C. Os Muíños de Oliveira (Ponteareas) ▪️ Os Terribles de Donas (Gondomar) ▪️ Asociacion do Traxe Galego (Santiago de Compostela) ▪️A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Presentará o acto Malores Villanueva
Entrada de balde ata completar aforo.
Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación Pontevedra