>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concerto presentación do Libro-CD Vilaverde de Os Viqueiras en A Coruña

(ultima actualización: 12 / 10 / 19 )





Concerto presentación do Libro-CD VILAVERDE de OS VIQUEIRAS, o vindeiro domingo dí­a 13 ás 19:00 horas.

Será no local de Cantigas da Terra da rúa Ramón del Cueto 31 en Monte Alto, A Coruña.

Interpretarán pezas do libro-disco titulado "VILAVERDE", nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe, así­ como a todos os vellos músicos tradicionais da bisbarra de Ordes (A Coruña). As pezas, moitas delas cantadas, foron recollidas nesta zona e arranxadas co seu toque personal. Preparádevos para bailar porque é imposible non moverse ao ritmo dos Viqueiras.
Eles son: Manuel Viqueira (gaita), Serxo Núñez (gaita e clarinete), Alberte Núñez (acordeón), Beni Frecha e José Antonio Vázquez (percusión).

De balde ate encher o aforo.



Escolas da Terra
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal