>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas (Lugo)

Ver en Facebook

(ultima actualización: 1 / 10 / 19 )





Xa non queda nada para gozar coa nosa música tradicional no día mais emblemático das festas do San Froilán!!!

O vindeiro domingo 6 de outubro todos a Lugo!!! Dende a AGG organizamos a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, unha mostra que contará coas actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son: A Gaita de Sarandón (Vedra), Boudebou Gaiteiros (Comarca do Salnés), Cántigas e Frores (Lugo), Faiscas de Solobeira (Cambados), Gómes Mouro (Ourense), Lagharteiras (Vigo), Os Estrobos (Ferrol), Os Monifates (Comarca da Barbanza), A Volta do Agro (Lugo), Pandeireteiras de Amigos da Gaita (Ribadeo), Pandeireteiras de Ultreia (Santiago), Pandeireteiras Ergutío (Baños de Molgas), Os Mecos de Ogrobe (O Grove), Par de par (Ourense), Río de Anxo (Rianxo), Tumba e dalle (Barreiros) e Lagharteiras (Vigo). Non podes faltar!!!!!!!



Lugo
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal