
Domingo 29 de setembro ás 13h no Albergue Jamarte
Maina Materia son: Lidia India, Eugenia Sanmartín e Carmen Sixto voces, guitarras, percusións, teclados, composicións e arranxos.
As tres son da comarca de Ferrolterra, nesta Galicia onde a chuvia é arte, e deus botouse unha sestiña. Mais temos o sol na cabeza e saímos ás rúas sen paraugas. As tres son músicas de moito camiño en directos, eclécticas e con melomanía sen tratar... O seu proxecto común constrúese compartindo as suas musicalidades e poemas construíndo temas propios nos que aflore esta identidade chea de misturas que é a de Maina Materia. Algúns son festivos e outros non, en todo senso interésalles unha poética íntima chea do seu sentir de muller.
|