
O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional. Serán de balde previa inscrición
PROGRAMA 10.15 – Apertura e entrega de documentación 10.30 – Relatorio I - Demostración “O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños 11.20 Quenda de preguntas 11.30 – Relatorio II “Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da análise ”. Felipe Rodicio 12.20 Quenda de preguntas 12.30 - Descanso 12.50 - Presentacións de publicacións 12.50: “Entre Fusco e Lusco” de Rafa Crespo e “Colleita Propia” de Pablo F. Rial . Editorial Ton e Son 13.10: Presentación da colección Cámara Escura con Eutropio Rodríguez, “O danés curioso en Ordes” d@s autor@s Gustav Henningsen, Eutropio Rodríguez e Estívaliz Espinosa e “Os danzantes dos Reis” d@s autor@s Eutropio Rodríguez e Alba Cid. Editorial aCentral Folque. 13.30 – Xantar 16.30 – Relatorio III “Anotacións encol do uso da trompa ou mosugitarra no País Vasco”. Juan Mari Beltrán 17.20 Quenda de preguntas 17.30 – Relatorio IV “Pasado e presente do pito pastoril na Galicia”, dende o século XIX a actividade do IGAESPI, avances da investigación. Miguel Mosquera e Efraím Díaz 18.20 Quenda de preguntas 18.30 – Descanso 19.00 – Relatorio - Concerto V “Os Trabazos de Castro Caldelas: actividade, aspectos biográficos, instrumentos de traballo, homenaxes e repertorio”. Alexandre Rodríguez. 19.50 Quenda de preguntas
|