>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Romerí­a de Elviña e Castro (A Coruña)

(ultima actualización: 13 / 9 / 19 )





Sábado 14 e domingo 15 de setembro

Praza Emilio Jaspe Deza, Lugar de Elviña (A Coruña). Diante do Local SRDC Tempo Novo e do Relámpago de Elviña.

A Romerí­a de Elviña e Castro é un evento festivo que se formula como espazo de encontro entre a veciñanza de Elviña e Castro, xente ligada a este territorio e persoas amantes da música tradicional.

Para tal fin o sábado 14 de setembro haberá un xantar popular e un festival de música tradicional galega. O domingo faremos de mañá un roteiro cultural por Elviña e Castro e unha sesión vermú, e destinaremos o serán a un contacontos e música para os máis cativos.


Sábado 14

12h Lectura do pregón (Felipe Senén)
13h Musicoterapia co grupo Palavea.
13.30h Sesión Vermú con Os Carunchos.
14.30h Xantar popular.
18.30h Romances e Cantares de Cego (Carlos Casás e Pablo Rosales)
19h Música Tradicional con Tempo Novo e A C Triskell.
20h Concertos:
A C Son d'aquí
Dequenvessendo
Tiruleque


Domingo 15
11h Roteiro Cultural e Musical polos barrios de Elviña e Castro con Cántigas da Terra.
14h Sesión Vermú con Os Juanpiño's
18h Contacontos da Semente
19h Espectáculo infantil: As Parábolas de Pakolas.





SRDC Tempo Novo
Abrir mapa en navegador

- Tempo Novo- Triskell- Dequenvessendo- Tiruleque- Cántigas da Terra- Son Daquí -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal