



| 25 de Febreiro - Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) : | |
![]() |
Legacy
of the Scottish Fiddle Trala importante etapa vivida con seu sexteto Skyedance, Alasdair Fraser acomete agora unha nova etapa na súa carreira musical, co compositor e pianista Paul Machlis, quen tamén formara parte de Skyedance, explorando novas dimensións da herdanza musical escocesa. |
|
Este traballo, que presentan agora en concerto Alasdair Fraser e Paul Machlis, é o primeiro volume do que será unha serie adicada a explorar a música de violín escocesa. A obra recolle o legado dos célebres compositores violinistas do pasado de Escocia, que constitúen todo un continuo de melodía e linguaxe transmitido de xeración en xeración durante os últimos 250 anos. Acompañados nalgúns dos cortes por baixo e violonchelo, os dous músicos pasan revista a autores como William Marshall, "o principal compositor de strathspeys do momento" según verbas do poeta Robert Burns, ou ó seu alumno Charles Grant, a Peter Milne, coñecido na súa época como "o xoglar de Tarland", Simon Fraser, que aportou á tradición un legado de composicións propias e tradicionais recollidas polo seu pai e o seu avó, e outros moitos. www.alasdairfraser.com
|
|
|
|
|
|||||||||
| Atrás |