Resultados para:

xornada
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17]

Novas que incluen 'xornada':


I Encontro Macizo Central do Tecido Cultural (Montederramo. Caldelas)

(texto engadido o día 13/ / 10/ / 17 )


Venres 13 de outubro ás
Espazo Cultural Bar A Palloza
Zona Recreativa Ponte Mazaira.
Montederramo.


NON SE FAI UN PALLEIRO SEN PALLA!

Achégate ao primeiro encontro do tecido cultural do Macizo Central, achégate a Montederramo.

O encontro está aberto a todas as entidades, persoas e colectivos que queren participar da dinamización cultural e social do territorio e mudar a nosa zona.

A xornada dividirase en 3 fases:

- 12:00 reunión formal. Breve formulación por parte dos impulsores da iniciativa e presentacións.

- 14:00 Xantar na Palloza no formato de que cada un leve algo e compartir.

- E despois de xantar sen présas, Macrofoliada na Palloza. Para os que veñas de lonxe, ou alonguen a festa, existe a posibilidade de ter espazos para durmir. Preferible avisar previamente para iso e traer saco e esterilla.

Esperámosvos!

Contacto info: adrmontederramo@gmail.com
644 842 442

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de percusións tradicionais:perc. doméstica, pandeir@s. Compostela

(texto engadido o día 13/ / 10/ / 17 )


Domingo 15 e sábado 21 de Outubro
Horario: 11:00-14:00 // 16:00-20:00

Prezo: 25€ media xornada //35€ xornada completa// 40€/60€
facendo os dous días.
Inscripcións no telf:658030219 ata 13 e 18 de outubro (imprescindible)


-Percusión doméstica:
Roteiro polas raíces do folclore a través dos
antigos instrumentos do agro, das cociñas e as
sobremesas.
Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica,
o mediterraneo e sudamérica, xunto o seu
contexto cultural e instrumental. Posibilidades
destes ritmos na música tradicional galega.
Adaptación nas percusións domésticas de
recursos doutros instrumentos como diferentes
baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Exemplos con audios e partituras.

-Pandeir@s técnicas e ritmos:
Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais
de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta,
o pandeiro e a pandeira galega.
Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a
diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos
nos instrumentos galegos.
Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África
e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir.
O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a
riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros
folclores e músicas modernas.
Exemplos con audios e partituras.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Muller e Música en Galicia (na Artábria, Ferrol)

(texto engadido o día 13/ / 10/ / 17 )


Venres 13 de outubro ás 20:00h
Fundaçom Artábria.
Ferrol.


Xornada dedicada á muller na música en Galicia:

- Inauguración do proxecto Músicas Galegas Ilustradas
- Mesa redonda, na que intervirán Patty Castro (presidenta do colectivo Mulleres Galegas Kañeras e cantante), a cantante Ses, Cecilia Carballido da productora Cunde e Laura Romero, baixista e creadora do proxecto Músicas Galegas Ilustradas.
-Concerto de MJ Pérez, que presenta o seu novo disco Casandra

Entrada libre.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Inicio do curso en Escolas da Terra (A Coruña)

(texto engadido o día 24/ / 9/ / 17 )


Comeza o curso nas Escolas da Terra o vindeiro 2 de outubro :)

A semana previa, do luns 25 ao sábado 30 de setembro faremos XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, ás que poderá vir quen queira e sen compromiso.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (os horarios varían lixeiramente respecto ao horario xeral do curso):

- Luns 25 - 16:30h - Zanfona, con Miro Casabella.
- Martes 26 - 18:30h - Baile adultos, con Belén Gómez.
- Martes 26 - 20:30h - Baile para foliadas, con Xurxo Fernandes* (confirmar).
- Martes 26 - 19:30h - O Batér da Terra (percusión), con Ricardo M. Casás.
- Mércores 27 - 18:00h - Coro Xove, con Moncho do Orzán.
- Mércores 27 - 19:00h - Cantigueando adultos, con Antón F. Riveiro.
- Xoves 28 - 19:00h - Gaita, con Álex Ruíz.
- Venres 29 - 19:00h - Baile Xove, con Jose Luis V. Rosales.
- Sábado 30 - 12:00h - Percusión (tradicional), con Luis S. Bolón.
- Sábado 30 - 13:00h - Requinta, con Luis S. Bolón.

Estades tod@s convidad@s!
Agardámosvos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Brañas de Andrés (Compostela). Xornadas de Portas Abertas

(texto engadido o día 24/ / 9/ / 17 )


As Brañas de Andrés.
Rúa Vista Alegre nº 9-11.
Santiago de Compostela.


Durante a semana do 25 ao 30 de setembro celebraremos as xornadas de portas abertas no noso local.
Todas as actividades serán de balde pero hai prazas limitadas, bulide a anotarvos para non quedar sen sitio!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Xornadas culturais O Fiadeiro (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


Sábado 23 de setembro a partires das 17:30h no barrio do Calvario (Vigo)



- O Fiadeiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Do Leite 2017 (Lugo)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


Sábado 23 de setembro ás 12:00h
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Avenida dos Deportes s/n.
Lugo.


A segunda edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, terá lugar o sábado 23 de setembro no Parque do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que queremos resaltar a importancia cultural e económica do leite para Galicia.

Comezaremos a iso das 12:00H coa programación de concertos.
Actuarán Terbutalina, Adrian Costa & The Criers, Best Boy, Os Amigos dos Músicos, Escuchando Elefantes, Atrás Tigre, Musel, Caxade, The Funkles, Primordiais, Cachas & Cousins e...como non, Touriñán.

Haberá postos de comida e bebida, así que podedes quedar a comer e a pasar a tarde. A idea que temos sempre para o Festival é que funcione coma unha romaría.

A entrada será de balde, pero agradecemos que, na medida do posible, aportedes nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (pasta, arroz, aceite, galletas, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando Deleite dende os seus inicios.

Todo o beneficio que se xere de barras e merchandising irá para ONGs que traballan cos refuxiados.
- Terbutalina- Os Amigos dos Músicos- Caxade- Primordiais -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



lll Festa do pan de millo en Tenorio (Cerdedo-Cotobade)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


A parroquia de Tenorio vai celebrar o sábado 23 de setembro, a III Festa do Pan de Millo e Ovo de Cotobade, que contará co pregón de Xurxo Souto, ex líder da banda Os Diplomáticos de Monte Alto, e con once actuacións musicais, así como unha chea de actividades para todos os públicos. A cita gastronómica foi presentada onteá en Carballedo polo presidente municipal, Jorge Cubela, e representantes da comisión organizadora, integrada por membros da Asociación Cultural Foula.

A festa arrancará a mediodía con animación a cargo de Os Papaventos e unha Feira de Artesanía, que darán paso á lectura do pregón por parte de Xurxo Souto e á sesión vermú, amenizada por Os Abrentes de Cerdedo e Os Afoutes do Canón de Pau. Posteriormente, e durante toda a xornada, serviranse menús degustación co protagonismo centrado nos ovos e no pan de millo.

A sobremesa contará con animación da man de Nocturnos de Valde e xogos populares e inchables, coa presenza de monitores no espazo infantil.

Ao serán, chegará o turno para Airiños de San Xulián, a banda infantil da Unión Musical de Tenorio e os grupos folclóricos Seitura e Laroá. Para pechar a xornada pola noite, actuarán no palco grande as formacións Oval, Taghaitai e Adarve.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Xornadas arredor da música tradicional (Viascón. Cotobade)

(texto engadido o día 14/ / 9/ / 17 )


Sábado 16 de setembro ás 10:00h
AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos.
Galiza.


O vindeiro 16 de setembro terá lugar na Casa da Gaita as V Xornadas arredor da Música tradicional organizadas pola AGG. Unha cita ineludible, non só para todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas, nesta quinta edición botaremos unha ollada cara outras formas da cultura tradicional, creando un punto de encontro no que profundar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo como fonte de sabedoría para poder coñecer, conservar e transmitir as tradicións.
A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nos diversos relatorios, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

A asistencia a estas xornadas será de balde. Por motivos de aforo, para poder asistir é imprescindible a inscrición previa ben a través de correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal ben a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival BailaMos
https://www.mos.es/o-festival-bailamos-celebrarase-o-2-de-setembro-dentro-de-o-son-do-pazo/
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 17 )


Sábado 2 de setembro ás 17:00h
Pazo de Mos.
Camiño A Rúa, 1.
Sta. Eulalia de Mos.


Por segundo ano consecutivo, vaise integrar dentro da programación de “O Son o Pazo” o festival “Bailamos”, no que actuarán, na tarde do sábado 2 de setembro, 7 grupos de baile galego do Concello de Mos. A idea principal da organización do festival segue a ser a de consolidar o evento como un referente da música folk e o baile tradicional galego, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes no panorama cultural municipal.

O Festival “Bailamos” contará coa actuación estrela do grupo folk Algarabía e dará comezo ás 17.00 horas da tarde do sábado no Pazo de Mos. Durante a xornada vespertina actuarán os grupos Tangaraño, Santa Eulalia de Mos, Arume de Guizán, Follas Novas de Guizán, Ruada de Torroso, Celado e Nosa Terra de Pereiras.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festigal 2017 (Compostela)
http://festi.gal
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


A xornada do 24 de xullo comeza cunha sesión de DJ con Bigote Mix; Son da Rúa, composto por Álex Arnoso e Hugo Guezeta, de Ponteareas, que foron os gañadores do concurso “Novos Valores”; Os Amigos dos Músicos, con folk-rock inspirado na canción protesta; Guadi Galego presentará o seu último traballo “O mundo está parado”; actuará Nao como banda de referencia do rock galego e Raiba que traerá o seu último disco “Marxinación” de rock-metal con letras reivindicativas.

O 25 de xullo aposta en feminino no café concerto cunha exhibición de regueifeiras por cortesía da asociación Oral. O punto máis cómico e desenfadado virá da man de Isa Risco, co seu espectáculo Nabiza Girl, “quen sen dúbida nos fará rir coa historia desta superheroína rural galega”. No apartado musical, o público poderá descubrir o proxecto de Áureas “En Voga”, o que será un concerto-espectáculo “co que viaxaremos ás músicas dos anos 20, coas que poderemos bailar en pleno século XXI cos ritmos das nosas avoas e avós traídos aos nosos tempos”. Rematará coas potentes voces das Tanxugueiras, chegadas desde a zona de Teo e da Barbanza e que son xa un dos grupos revelación da música tradicional galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Corme Folki 2017

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


Venres 21 de xullo ás 22:00h
Praza da Ribeira. Corme.


CORME FOLKI

"As da furna" voltamos con forzas renovadas, evolucionando da "Noite de Encanos na Furna" ao "Corme Folki", acercando a festa ao pobo.

Un outro ano máis, e iste ano con cambio de formato, mais nom de enerxía, a música e a cultura sen ánimo de lucro danse cita no corasóm da Costa da Morte, na vila de Corme ... coa complicidade dos encantos desfruraremos a finde do 21 e 22 de xullo dunhas xornadas de festa e alegria ate que o corpo aguante...

Logo de 17 anos de "Encantos na Furna" nace o "Corme Folki", orgullosas do que creamos entre todas nestes 17 anos e continuando esta travesía pra encher de cultura ceibe e autonoma o noso povo.

Esta aventura comenza o venres 21 de xullo cunha foliada regada en queimada na nosa querida "Furna do Osmo", cantos bos momentos vividos nesta maxica furna e que millor lugar pra comenzar a festa ...

e xa o sabado 22 desfrutaremos dunha xornada multidisciplinar que encherá de boa onda a vila de Corme:
-o mediodía haberá foliada e sesión vermú na praza da Ribeira
- pola tarde na mesma praza e no "Chiringuito do Osmo" teremos títeres, circo e talleres, que iremos confirmando nos vindeiros dias.
- e a noitiña desfrutarermos de 3 grupazos na praza da Ribeira:

* Comenzarán o grupo franquicia da Furna: "Os Folkólicos",que con máis de 16 anos tocando en Corme xa nom precisan presentación... música de raíz, fusión de ritmos e moita boa enerxía.
* Seguirá a festa co grupo Ómbligo. Dende Madrid chega este grupazo con violín, contrabaixo e guitarra que nos sorprenderán coa sua alegría e orixinalidade musical.
* e xa pra rematar a noite, virán a Guintervan, proxecto con xa moitos anos de vida, con músicos cunha ampla traxectoria noutras bandas, coma Os Quempallou. Qué máis decir destes cracks da nosa música? só que nos farán vibrar cos seus variados ritmos...

asi k xa sabedes. Vémonos en Corme!! e Arriba nosas festas populares!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 17 )


Sábado 8 de xullo


O Convivio é unha xornada festiva impulsada desde a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, entendida como un punto de encontro aberto a todo o asociacionismo cultural de base que se move en Galiza a calquera nivel: colectivos, creadoras e creadores artísticos, conxuntos musicais...

O Convivio da Cultura Galega desenvolverase entre a Casa-Museo Manuel María, no centro da vila de Outeiro, onde se recibirá os participantes a partir das 11 da mañá, e a Carballeira de Santa Isabel, unha fermosa paraxe natural situada a menos de 1 quilómetro da casa natal do escritor onde as augas do Río Ladra conflúen coas do Miño. Transformada hoxe nunha magnífica área recreativa, o Campo da Santa Isabel foi tradicionalmente o lugar da festa na “tribo” natal do poeta (como el chamaba a Outeiro de Rei) e tamén o lugar dos xogos infantís e das descubertas da natureza: de aí que para Manuel María fose sempre un lugar moi querido e tan presente sempre na súa obra.

Na Carballeira desenvolverase o Convivio durante boa parte da xornada, con actuacións musicais, xantar colectivo (cada quen deberá traer o seu), foliada aberta a grupos e persoas que queiran animar a sobremesa libremente, xogos populares e algunhas sorpresas máis.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival "Queiroa na rúa" 2017 (Sada. A Coruña)

(texto engadido o día 6/ / 7/ / 17 )


Sábado 8 de xullo ás 11:00h
Paseo Maritimo Sada - A Coruña


A Asociación Queiroa invítavos á xornada folclórica “Queiroa na rúa” que celebramos o sábado 8 de xullo no paseo marítimo de Sada.
A partir das 11:00 horas percorreremos as rúas da vila animando ós veciños a unirse a nós para festexa-la mañá.
Ás 20:00 horas principia o festival folclórico no que participamos con A.C. Son d'aquí de A Coruña.
Logo de rematar nós, ás 22:00 horas comeza o concerto folk de Tonecho Castelos Boutureira & Pablo Esqueira e o dúo Primordiais.
Temos máis sorpresas que vos iremos contando nos seguintes días.
Agardámoste alí!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaria Rebuldeira en Ramirás (Ourense)

(texto engadido o día 30/ / 6/ / 17 )


O sábado día 1 de Xullo a Asociación Cultural Rebulir organiza un ano máis a Romaría Rebuldeira. Esta celebración serve como peche do curso 2016/2017, e así disfrutar xunto con familiares, veciños/as e amigos/as do aprendido durante todo o ano. O lugar elexido para este festexo é o área recreativa da Pontenova en Ramirás, ao carón do río Arnoia, onde elaboramos unha ampla programación de actividades.

Empeza o día cun xantar popular amenizado polo Grupo de Música Tradicional Rebulir.

Logo pola tarde teremos xogos e actividades para os máis cativos.

Tamén en sesión de tarde, as 18:00 h., actuarán os grupos da Escola Rebulir, e ademais, como grupo convidado virán desde Vigo o Grupo Tarambainas

E para rematar a xornada, sobre as 20:00 h, contaremos co concerto do grupo As Lagharteiras, considerado como un dos mellores grupos de pandereteiras.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliad@len en san Cristovo de Cea (Ourense)

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 17 )


Venres 30 de xuño ás 21:00h
Lareira da Alén.
San Cristovo de Cea.


Dicía Xosé Filgueira Valverde que a FOLIADA era unha “reunión de aldeáns para divertirse cantando e bailando”. No diccionario Galego da Rima (1950) apuntábase que era unha “diversión nun souto, eira, turreiro ou casa grande, onde se baila e fanselle as beiras as mozas” engadindo que a denominación de “fiadas” ou “foliadas” ou “filazones” provén da época dos brigantinos, primeiros poboadores de Galicia (Brigo, patriarca da raza primitiva), con motivo das súas cerimonias relixiosas –na que son esenciais os “aturuxos”-, ao final dos cales acendían grandes fogueiras no lubre en sinal de xúbilo e onde continuaban ata máis de media noite con gran animación.
Pois imos aló e acollemos o Venres 30 de Xuño (a partir das 21:00 horas e ate que cumpranse 61 minutos do día seguinte) unha FOLIADA PARTICIPATIVA que ten como instigadores Os Viqueiras de Ordes, a Escola de Pandeireta de Maside, a Escola de Gaita de Cea, a Escola de Pandeireta de Partovia e a Escola de Bailes de Maside, xunto con outros varios espontáne@s con todo tipo de instrumentos.
Un dos obxectivos da Folidada deste ano, ademáis da festa rachada e espontánea, é reivindicar a condición de patrimonio inmaterial da EtnoGastronomía da Galicia e das Cociñeiras que a construiron o longo de séculos. Asi que, quen veña dispost@ a tocar ou bailar está convidado a cea pica-pica. A participación é libre, pode apuntarse quen queira ainda que o aforo é limitado e daremoslle prioridade as peticións de quenes queiran vir coa idea de cantar e tocar.
Para participar, só tendes que enviar un WhatsApp ao 626 40 51 25.
A Foliad@len é unha actividade máis das Xornadas Gastronómicas 2017.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tiruleque nas Lendas da Pena Molexa 2017 en Narón

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño ás 22:00h
Tiruleque.
A Coruña.


O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizaron un ano máis un completo programa de actos con motivo da Recreación das Lendas da Pena Molexa. O 17 de xuño será a xornada na que se concentren a maioría dos actos programados e na que se represente a tradicional Lenda da Fada da Pena Molexa. Tanto desde o Padroado da Cultura como desde a entidade veciñal “Os Irmandiños”, convidan á veciñanza a participar nestes actos, dirixidos a todos os públicos e que reúnen cada ano na parroquia do Val un numeroso público co fin de facelo participar nestas propostas relacionadas co patrimonio cultural, etnográfico e antropolóxico de Narón e tamén de Galicia.

Na xornada do vindeiro venres, día 2, terá lugar no local social do Val unha charla tertulia sobre “O patrimonio do Val”, centrada na Pena Molexa como monumento megalítico de gran relevancia. Os encargados de impartir a charla, que dará comezo ás 20.00 horas, serán o arquitecto especializado en Historia Antiga Carlos Sánchez Montaña, e o Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga e arqueólogo do Concello de Narón, André Pena Graña. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, participará neste acto, no que se proxectará un vídeo realizado pola citada concellería sobre as orixes do Camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pola costa.

O segundo dos actos será tamén esta semana, o sábado día 3, cando se programou un Roteiro cicloturista pola parroquia do Val. As persoas interesadas en participar deben estar ás 11.00 horas xunto ao local social, desde donde sairá un grupo en bici para percorrer diferentes puntos da parroquia e coñecer mellor o seu patrimonio.

O vindeiro 9 de xuño terá lugar outra das citas tradicionais da Pena Molexa, a “Andaina solsticial”. Ás 22.30 horas partirá das inmediacións do convento de Baltar un grupo de veciñas e veciños que, ataviados con fachos, percorrerán o tramo comprendido entre as citada construción relixiosa e a Pena Molexa.

Finalmente, o 17 de xuño concentrarase no lugar de Vilasuso, na citada parroquia, a maior parte dos actos da Recreación da Lenda da Pena Molexa. A celebración dará comezo ás 18.00 horas, cunha xornada na que os asistentes gozarán dos xogos populares e do deporte rural. A continuación, sobre as 20.00 horas haberá unha churrascada popular á que seguirá, a partir das 22.00 horas, un concerto de música popular, a cargo do grupo folk Tiruleque. Como xa é habitual neste evento festivo, ás 00.00 iniciarase a recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa, un acto que contará coa participación de veciñas e veciños da parroquia do Val que, vestidos para a ocasión, representarán nas inmediacións do castro de Vilasuso e da Pena Molexa a lenda da moura que, nunha noite coincidindo co solsticio de verán, se convertiu en rocha. A festa continuará a partir das 00.30 horas cunha lumeirada e repichoca de música popular.

+info: http://www.naron.es
https://www.padroadodecultura.es
- Tiruleque -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de percusións tradicionais.Perc domésticas e pandeir@s en Compostela

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño ás 11:00h
Santiago de Compostela.


Prezos: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa
Inscripcións ata 16 de xuño no telf:658030219
Imparte Carlos Martínez
//www.d-raizmusica.com
Percusión doméstica
Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas.
Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamerica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Exemplos con audios e partituras.
Pandeiros, técnicas e ritmos Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega.
Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos.
Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas.
Exemplos con audios e partituras.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de percusións tradicionais en Castroverde (Lugo)

(texto engadido o día 9/ / 6/ / 17 )


Sábado 10 de xuño ás 11:00h
A chave das noces.
San Xulián de Pereiramá nº 1.
Castroverde.


Obradoiro de percusións tradicionais Percusión doméstica
Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas.
Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamerica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Exemplos con audios e partituras. Pandeiros, técnicas e ritmos Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega.
Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos.
Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas.
Exemplos con audios e partituras.
Prezos: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa
Inscripcións ata 8 de xuño no telf:658030219
Imparte Carlos Martínez
//www.d-raizmusica.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Percusións Tradicionais en Ferrol

(texto engadido o día 1/ / 6/ / 17 )


Domingo 4 de xuño ás 11:00h
Ateneo Ferrolán.
Rúa Magdalena 202-204.
Ferrol.


-Prezos: 20€ Percusión doméstica//25€ Pandeiros//35€ xornada completa
-Inscripcións ata xoves 1 de xuño no telf: 658.030.219 ou na secretaría do Ateneo co telefono 981.357.970

Imparte: Carlos Martínez / /www.d-raizmusica.com

Información

Percusión doméstica
Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas. Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamérica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Exemplos con audios e partituras.

Pandeiros, técnicas e ritmos
Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega.
Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos.

Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e
o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas.

Exemplos con audios e partituras.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17]


En 'Novas Relacionadas'



* Cita coa música de outono, na Rebusca de Manzaneda

* Pazos de Merexo estrea o "Galiza" de Kepa Junkera

* Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

* Os Melidaos, Algarabía e Xabier Díaz, nas V Xornadas de Cultura Popular - Diario de Ferrol

* Festival Sons Tránsitos, do 10 ao 12 de outubro no Teatro Principal en COMPOSTELA


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre xornada en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]