Resultados para:

tradicional
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84]

Novas que incluen 'tradicional':


Estrea `Os Ollos de Miss Margaret´ en Celanova

(texto engadido o día 18/ / 4/ / 19 )


Sábado 27 de abril a partires das 20h no Auditorio Municipal Ilduara Celanova

Rebulir e Arunrun Teatro, en colaboración co Grupo de Teatro de Vilamarin, presentan o Espectáculo “Os Ollos de Miss Margaret”.

Esta obra inclúe teatro, escenografí­a, baile e música tradicional para levar ao espectador a Galicia dos anos vinte a través da visión dunha estranxeira.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



37 Curso de Cultura Tradicional Galega de Cantigas e Frores (Lugo)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 19 )


18, 19 e 20 de abril

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Venrespirar ao Grândola (Ourense)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 19 )


Venres, 26 de abril no Grándola (Praza de San Marcial)


15º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante":

- 19.00 h.: Obradoiro "Bailar a Canda Os Tempos" con Chus e Carminha no local de A Galheira

- 22.00 h.: Concerto Baile Trad amenizado por Rebulir.

- 00.00 h.: FOLIADA. Anótate escribindo ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde de inscrición.

O 26 de Abril dende as 19.00 h. até as 02.00 h. na Praza San Marcial (O obradoiro será na Galleira).

Establecemento Colaborador: Grândola.

Colaboran co Obradoiro "Bailar a Canda os Tempos" CS A Galleira e MMM.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XX Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela (Arteixo)

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 19 )


Domingo 14 de abril no auditorio do Centro Cí­vico Cultural de Arteixo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XX Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela (Arteixo)

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 19 )


Domingo 14 de abril no auditorio do Centro Cí­vico Cultural de Arteixo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Coral De Ruada celebra o seu Centenario en Ourense

(texto engadido o día 9/ / 4/ / 19 )


O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes.

O concerto, organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura e a Coral de Ruada, contará coa participación de agrupacións de música tradicional tan senlleiras como Rebulir, Gomez Mouro, Os Melidaos, Treixadura e Luar na Lubre, que quixeron sumarse a esta celebración, na que colaboran tamén a Deputación de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Obra Social “la Caixa”, Anpian, Cabú, Bodegas Arnoya e Estrella Galicia.

(Entrada libre, a recoller no auditorio dende o día 9 de abril)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala 40 anos de Xacarandaina en A Coruña
https://www.facebook.com/events/1206669366165767/
(texto engadido o día 1/ / 4/ / 19 )


O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.

Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina ao longo da súa historia.
A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.

Con un deseño de luces creado ‘ex profeso’, unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Pontevedra
http://ocioengalicia.com/pontevedra/cantos-de-taberna-2019-en-pontevedra/
(texto engadido o día 12/ / 1/ / 19 )


Cinco citas, dez bares, cinco grupos e un obxectivo: fomentar a nosa cultura recuperando unha forma de divertimento tradicional. Volve Cantos de Taberna da man da Concellería de Festas e o grupo Maravallada.
A concelleira de Festas, Carme da Silva presentou hoxe a oitava edición de Cantos de Taberna, que arranca o vindeiro venres 25 de xaneiro e que se desenvolverá todos os últimos venres de mes até maio. Ao seu carón, Xaquín Moreda de Maravallada.


Da Silva e Moreda concordaron ao subliñar a aposta pola participación e a boa resposta da xente de Pontevedra á iniciativa, unha resposta que medra ano a ano e que trouxo outras citas como a Aquí Cántase.

“Non se trata de actuacións, os grupos incentivan que a xente cante, que participe nos cantos” indicou a concelleira de Festas. “O que queremos é dar prioridade a voz, encher as tabernas de voces e por iso os grupos levan pouca instrumentación” engade o portavoz de Maravallada.

Co fin de animar á participación, repártense as letras das cantigas nos bares porque son moitas as persoas que tan só coñecen o primeiro retrouso mais non a cantiga completa. Xustamente é un libro de cantigas o premio que recibe, ao final de Cantos de Taberna, a persoa ou grupo que mais se teña implicado e participado nas sucesivas citas do programa.

Cantos de Taberna está a crear escola e cada vez son máis os sitios nos que se organizan encontros para cantar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fiandola en Vilar de Santos (Ourense)
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/photos/a.771845476213668/2335502213181312/?type=3&theater
(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Sábado, 30 de março, às 22h00, concerto de Fiandola.

Fiandola é um grupo galego de música com raiz tradicional.É também importante o som tradicional nas peças de composição que incluem no seu repertório.

Farecorrido pola nosa música e pre-sentaremos novos temas que sairám á luz no mes de abril no noso cuarto traballo discográfico: CORDAME. Vide bailar, cantar, disfrutar da música galega
- Fiandola -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Edición do Venrespirar en Ourense

(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


XV Edición do Venrespirar - Festa Tradicional Itinerante, 29 de Marzo de 2019. Na Sala Emília Pardo Bazán, Campus Universitario de Ourense. (Edifício de ferro)

- 20.00 h.: Oficina de Danças Portuguesas con Ana Silvestre.

- 22:00 h.: Baile TRAD con concertos de AnaMarSe Trio e Amoras Maduras.

- A partir das 00:00 h.: Foliada (Anótate escribíndonos ao noso Facebook ou no teléfono 677090949; tamén podes facelo o próprio día falando con calquera das organizadoras. Iredes tocando segundo a orde de inscrición). Nestes momentos xa están anotados: Fol de Ferro, Terras do Arenteiro e As da Chispa.

A sexta feira 29 de Marzo dende as 20:00 h. até as 02:00 h. na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Ciencias de Ourense.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tanxugueiras en Lalín

(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Venres 29 de marzo ás 21h no Salón Teatro (Concello de Lalín)


TANXUGUEIRAS - A revolución das pandeiretas -

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepetible, cada vez máis xente se está achegando a este tipo de sentir e facer. O que fan Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun agarimo inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobor de todo, con moito amor.

Con máis de 50 concertos no 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, visitando Glasgow, a India, Cuba e Suíza, Tanxugueiras convértese nun referente e no grupo revelación da música tradicional galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso de percusión tradicional con Vanesa Muela en O Val (Narón)
https://www.facebook.com/316340465632195/photos/a.316562928943282/356705784928996/?type=3&theater
(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Domingo 31 de marzo no Local social do Val.
Organiza: A.VV. Os Irmandiños

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)
https://www.facebook.com/tequexeteldere/photos/a.404417776419973/970138276514584/?type=3&theater
(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Domingo 31 de marzo

Este domingo teremos unha nova edición do certame de baile tradicional, que este ano faremos nunha única xornada de mañá.
Esperámosvos no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada a partir das 11 da mañá, para disfrutar dunha agradable xornada de música e baile tradicional.

A todas as agrupacións participantes, moita sorte

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cova Sesión Folk (A Coruña)
https://www.facebook.com/events/2680232148671721/
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 19 )


Xoves 4 de abril

Comeza un novo proxecto na Cova Céltica, as "Cova Sesión Folk". Cova Sesión Folk consiste nun encontro de instrumentistas vencellad@s á música folk e tradicional na procura de crear espazos para a execución en clave folk tanto da música tradicional galega coma de outros panoramas da nosa contorna cultural. Estas xuntanzas serán todos os primeiros xoves de cada mes, a partir das 22h, e están abertas a calquer músic@ que queira participar.
Anímate e ben gozar da música ao vivo!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Polavila en Santalla

(texto engadido o día 21/ / 3/ / 19 )


Sábado 30 de marzo


-13:30 h: Vermú a cargo do grupo De Ninghures na carpa montada pola comisión de festas de Santalla na praza.

-16:00-18:00 h: Taller de baile tradicional asturiano e galego (se hai grupo mínimo) con Paulino Santirso e Vanessa Castro. Apúntate no tlf. 638551325

-18:00-23:00 h: Cantos de taberna polos bares de Santalla cos grupos “Os Amigos do Caldeiro”, “En faldas y a lo loco”, “Nela&Cía”, “Os do Trece”, “Trangalleiras”, “Os Húmedos del Eo”. .
Bares participantes: Casa Diego, Casa Pedro, Casa Pérez, Mesón La Cerca, Sidrería Veredas e Carpa a cargo da comisión de festa na praza do pobo.

- A partir das 00:00 h: Concertos de “Pandereteiras sen Fronteiros”, “Tuenda” y “Caldo y os Rabizos” e para terminar a noite... Polavila aberta para todo o que queira tocar! Trae o teu instrumento e únete á festa da música tradicional asturgaláica!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marzo na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


PROGRAMACIÓN DE MARZO DE 2019

VENRES 1 21:00 6€
CAYUCO
Cayuco abre a programación de marzo acollendo o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).

Venres 1 00.00
OS ESTALOTES
Foliada

Sábado 2 23.30
DJ CHIRI

DOMINGO 3, 10, 24 E 31 20:30 5 €
SUMRRA

XOVES 7 21:00 6€
Andrés Penabad
Multi premiado acordeonista Galego que dende moi pequeno introduciuse na música tradicional formando parte de numerosos grupos e formacións. A día de hoxe é un dos acordeonistas con máis proxección dentro do panorama folk galego e mesmo estatal. Andrés colaborou con grande cantidade de músicos da altura de Carlos Nuñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar Na lubre, Xose Manuel Budiño ou Xabi Aburruzaga.

MÉRCORES 13, 20, 27 22:30 1,50 €
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 14 21:00 8€/10€
club del rÍo
Un batido vitaminado con sorpresa de músicas infinitas, o resultado de múltiples influencias que atravesan o mundo, unha mestura de guitarras, ritmos optimistas e vitalismo; «un método de defensa contra unha sociedade agresiva facendo bandeira da unión e a amizade». Eses son Club del Río.

SÁBADO 16
FESTA ANIVERSARIO CASA DAS CRECHAS

DOMINGO 17 20:30 8 €
Ana Alcaide
"Luna sefardita” é a historia de Alina, unha nena sefardí que abandona Toledo e que emprende unha longa viaxe de exilio no que seguirá os rastros da lúa no seu reencontro. Unha viaxe nostálxica que traza unha ponte cara ao pasado e que convida a percorrer diversas paisaxes sonoras.
No mesmo a artista fai un percorrido á súa discografía, da que tivo un bo recoñecemento internacional en escenarios de Arxentina, Uruguai, Italia, Alemaña, Francia, Marrocos, Canadá, Bulgaria, Uzbekistan ou Indonesia, entre outros.
Ana Alcaide: Voz, Nyckelharp, Violín de Hardanger / Bill Cooley: Psalterio, Ud, Percusións / Rainer Seiferth: Guitarras

LUNS 18 23:30
DJ CHIRI

XOVES 21 21:00 5 €
ESPECTÁCULO maldita peaxe de Zakarías O`Facas
Maldita Peaxe é un espectáculo dirixido e interpretado por Zakarías O'Facas, que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aderezado por unha ecléctica escolma musical.
O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa.
O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público.

VENRES 29 21:00 3 €
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Música tradicional Re-Vista (Xornadas do CVC de Valladares. Vigo)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


10, 17, 19 e 24 de marzo, ás 19h no Auditorio do CVC de Valladares

Día 10
TANXEDORAS
OS TERRIBLES DE DONAS

Día 17
Anxo Pintos e Begoña Riobó
CANS DE PALLEIRO

Día 19
GONZALO CARIDE Banda
COMANDO CURUXÁS

Día 24
Melró
TANTO NOS TEN

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festival infantil de música e baile tradicional Peis D´Hos (Cangas)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Domingo 17 de marzo a partires das 18h no Auditorio de Cangas

Participan:
Os Xeitosos de Trazo (Trazo)
Lina e Lola (O Morrazo)
A.C. Peis d'Hos (Cangas)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV XORNADAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL en Pontevedra
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10156055246823015&set=a.10150301471713015&type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )



Nesta edición, como novidade, teremos un obradoiro de iniciación (14 de abril) e outro de perfeccionamento (17 de marzo).

OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO
Curso de 4 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 17 de marzo en Pontevedra (de 16 a 20 horas).
Dirixido axs asistentes a algunha das tres edicións anteriores ou xente con coñecementos previos.
Material necesario: tambor e baquetas.
Prezo: 25 €.
Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).
Inscrición e información:
Teléfono: 639908788.
e-mail: gaiteirosdasriasbaixas@gmail.com.
Organiza: A.C. Gaiteiros das Rías Baixas.
Colabora: Casa da Cultura de Lérez.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Serán Airiños da Fracha en Ponte Caldelas
https://www.facebook.com/events/406565979889460/
(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Sábado, 16 de marzo, a partires das 21h

Serán organizado pola Charanga tradicional Airiños da Fracha.
Colabora o Concello de Ponte Caldelas

Na antiga discoteca REIVI en PONTE CALDELAS

Comenzara sobre as 21:00 horas.

A orde de actuacións sera por orden de chegada, conforme vaian chegando os grupos, coma outros anos faranse duas listas, pares e impares, unha para pandereteir@s e outro para grup@s, a nosa intención facer mais ameno o Serán.

Teremos concurso de Aturuxos, con gran premio para @ mellor

Haberá algo de picar e para os que mais aguanten, CHICULATE ata que rompa a CHICULATEIRA

Faremos varios sorteos o longo da noite, as rifas poderanse mercar o mesmo dia do serán

Gracias a todos e LUMEEEEEEE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84]


En 'Novas Relacionadas'



* Balboa recupera a música tradicional cunha foliada

*

* A importancia de festivais como O Son do Pazo na cultura galega

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)


Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia






Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme






Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (E-trad)



Web oficial







buscar mais información
sobre tradicional en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre tradicional en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]