Ghastas Pista?

toxos e froles
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'toxos e froles':


Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 17 )


Mércores 14 de xuño ás 20:30h
Real Coro de Toxos e Froles.
Rúa Magdalena, 220.
Ferrol.


Óscar Ibáñez vai levar a cabo un concerto-presentación do seu último traballo discográfico "Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela", no que tocará a gaita propiedade de Ricardo Portela, coas que o gaiteiro de Viascón gravou os seus discos.
- Oscar Ibáñez -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival 102 Aniversario de Toxos e Froles en Ferrol

(texto engadido o día 26/ / 5/ / 17 )


Sábado 27 de maio ás 20:30h
Teatro Jofre Ferrol.
Praza Galicia, S/N.
Ferrol.


Festival de Música, Canto, Baile e Teatro Galego no que se celebran os 102 anos do Real Coro Toxos e Froles e o centenario da entrega da 1ª bandeira galega ao Coro.
- Toxos e Froles -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro Instrumentos de corda con Carlos Beceiro en Ferrol

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Sábado 29 de abril ás 10:00h
Real Coro de Toxos e Froles.
Ferrol.


Este obradoiro vai dirixido a instrumentistas de cualquera nivel musical.
Non se precisa saber ler unha partitura.
O material didáctico aportado será tamén con tablatura.


CONTIDO:

- Repertorio de música tradicional.
- Patróns rítmicos, arpexio, técnica de plectro.
- Formación de acordes, dixitación, melodía.
- Seguimento de melodías e ritmos tradicionais: xota, muiñeira, polka, ...
- Adaptación do repertorio de gaita, tamboril, zanfona a instrumentos de corda pulsada.
- Compases irregulares: 7/8, 9/8, 10/8, 11/8, 13/8.
- Acordes swing/jazz na música tradicional.
- Análise melódico e diferentes formas de armonizar.
- Afinacións alternativas en instrumentos de corda: Guitarra (EADGBE, DADGAD, CGCGCD, CGDGGD); Bouzouki (GDAE, GDAD, GDGD, ADAD), …

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Lembrade Nós - Homenaxe á xeración Nós. En Ourense

(texto engadido o día 5/ / 11/ / 16 )




Sábado 5 de novembro partir das 20h no Liceo de Ourense.

Real Coro Toxos e Froles
Grupo de Baile Perfecto Feijoo
Agrupación Abertal
Coral De Ruada

Entrada de balde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do coro Agarimos da Terra, no Balneario (Mondariz)
http://www.todocondado.com/presentacion-do-coro-agarimos-da-terra-no-balneario/
(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Domingo 24 de abril ás 19h no Auditorio do Hotel Balneario de Mondariz

Agarimos da Terra
Bicarelo
Pé de Pote
Volta e Dalle

Agarimos da Terra foi un coro creado no Balneario de Mondariz en 1916, nunha tradición que tivo a súa orixe en 1883 en Pontevedra seguindo o modelo acuñado polo boticario Perfecto Feijóo Poncet (o famoso dono do loro Ravachol) na agrupación Aires d’a Terra coa pretensión de dignificar as músicas aldeanas, no marco da recuperación do folclore, que creou un patrón de enxebreza musical que deu pé ao nacemento de agrupacións semellantes noutras localidades galegas ao principio do século XX, coincidindo co desenvolvemento das ideas galeguistas que levarían en 1916 á creación das Irmandades da Fala. Son os casos de Toxos e Froles (1915) en Ferrol e de Cántigas e Aturuxos (1915) en Lugo, de Cántigas da Terra (1916) na Coruña, que por ventura mantivo o seu pulo ininterrumpido até hoxe; Foliadas e Cantigas (1916) en Pontevedra; Agarimos da Terra (1916) en Mondariz; Agrupación Artística de Pontevedra (1917); Queixumes dos Pinos (1917) en Santiago; Agrupación Artística de Vigo (1918); Coral de Ruada (1918) de Ourense, Cantigas e Agarimos (1923) de Santiago e Cantigas e Frores (1948), tres agrupacións estas últimas que aínda manteñen a súa actividade.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo obradoiro organizado polo Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=3557:novo-obradoiro-organizado-polo-real-coro-toxos-e-froles&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )


O Real Coro Toxos e Froles vai levar a cabo un novo Obradoiro de Afinación e Ornamentación de Gaita Galega impartido polo mestre gaiteiro Suso Vaamonde.
Dito curso terá lugar o Sábado 19 de Marzo en horario de 17:00 a 21:00 horas na sede da agrupación, na Rúa Magdalena, 220 de Ferrol.
Como ven sendo norma na entidade a participación no mesmo é libre e gratuita.

Mais información:
info@toxosefroles.com
Telf.: 650 788 374
- Toxos e Froles -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Ciclo Coros Galegos - A Coruña

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )



Logo de dez edicións, o Ciclo de Coros Galegos, históricos e novos, encara unha nova etapa no contexto do centenario dos mesmos.

Ducias de formacións son as creadas nas primeiras décadas do s. XX, case que todas desaparecidas. Hai agora 100 anos, nacen Toxos e Froles en Ferrol e Cántigas e Aturuxos en Lugo, de quen recentemente Ramón González e a editorial Ouvirmos sacaron á luz un importante traballo documental e sonoro, e do que nos últimos anos renace o novo e actual coro de Cántigas e Frores.

Albiscamos pois no horizonte tamén o noso inminente centenario, mais polo de agora comeza o outono coa XI edición deste xa grande Ciclo de Coros Galegos, compartindo e celebrando con eles cadanseus 100 anos de historia na nosa casa, no Rosalía da Coruña. Contamos ademais cos irmáns de Cantigas e Agarimos, e outras propostas como Os Faiscas de Solobeira, a Banda de Música Sementeira de Cambre, e o Teatro do noso coro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en Ferrol

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 15 )


O martes 27 de Outubro ás 20:30 horas no 1º andar do local social do Real Coro Toxos e Froles (Rúa Magdalena 220) terá lugar un ensaio-presentación do novo traballo discográfico de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que leva por título “The tambourine man”.

Ao remate da presentación asinarán discos ao público participante.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Real Coro Toxos e Froles en O Seixo (Mugardos)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 15 )



Lembrade: Mañán Sábado 10 de Outubro ás 20:30 horas o Real Coro Toxos e Froles estará actuando no Casino de O Seixo dentro da programación da celebración do 88 Aniversario da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Parrocheira en Ferrol Vello

(texto engadido o día 11/ / 9/ / 15 )


Do 11 ao 13 de Setembro



Sábado 12:
pasarrúas de Os Feroces da Galgueira

Domingo 13:
a partires das 20h, Real Coro Toxos e Froles na Igrexa do Socorro, e ás 21:30
ás 21.30 horas Xurxo Souto con "Océano para terrícolas", presentación musical do seu libro Contos do mar de Irlanda, e proxectarase o documental Voz gaiteiros do Mar
ás 23.00 horas actuacións de Manolo Bacalhau e Xurxo Souto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV encontro de coros tradicionais Cantares no Miñor (Vigo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3348:iv-encontro-de-coros-tradicionais-cantares-no-minor&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 3/ / 15 )


Cantares do Miñor, o Encontro de Coros Tradicionais celebrará a súa cuarta edición en Vigo. Será este sábado 7 de marzo, no auditorio do teatro García Barbón, coa entrada de balde. Cantares de Brión, con sede en Vincios, é a agrupación organizadora do evento: “Aínda que esta é unha comarca cunha forte tradición coral, o que non se dá son os coros tradicionais galegos, algo que espallou polo resto de Galicia coa Rexurdimento”, sinala Xosé Crego, presidente da Cantares e quen apunta como ao Orfeón Mariñeiro do Berbés como único referente deste tipo de música na cidade.
A gran novidade para o público vigués será a recuperación da esencia do espectáculo tradicional, onde as cantigas compartían escenario co teatro. Os propios integrantes de Cantares de Brión cambiarán a interpretación musical pola dramatización. Como “respiro” entre o repertorio dos coros, representarase unha pequena peza de oito minutos, “Diálogo da gharsa e o brión”, baseada na lenda da Touba do Brión, localizada na Serra do Galiñeiro, nunhas covas que levan ese nome e onde dende hai uns anos a agrupación folklórica organiza unha romaría en maio. A lenda popular foi teatralizada por unha integrante de Cantares, Lucía Cid Cabido.
Nesta ocasión, o grupo invitado para os encontros é outro dos históricos, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, que conmemora o seu centenario. No repertorio interpretarán  composicións populares e obras de autor, dos primeiros anos do século pasado, pero tamén de nova creación por autores contemporáneos.


- Toxos e Froles -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles.
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2932:iii-concurso-de-cuartetos-tradicionais-organizado-polo-real-coro-toxos-e-froles&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 21/ / 2/ / 14 )


O vindeiro sábado 22 de Febreiro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar no local da rúa Magdalena 220 de Ferrol o III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles.

Participarán os seguintes grupos:

VEDOIRA DE LUGO
OS PICURRUCHOS DE LUGO
OS DE LONXE DE BARCELONA
XENTE NOVA DE FERROL
CHIQUIRINDAINA DE VIGO
A FOLLA DA HEDRA DE VIGO
VIRUTAS DE ÉBANO DE VIGO
SESTRELO DE MADRID
RUMBÍA DE PORTO DO SON
EFECTO POLILLA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

   Durante a deliberación do Xurado actuará o grupo Vai Rañala Meu
 
    A entrada é libre e gratuita.
 

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación do Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2886:programacion-do-real-coro-toxos-e-froles-ferrol&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 23/ / 1/ / 14 )


- Sábado 25 de Xaneiro de 2014 ás 20:30 horas. Concerto de óscar Ibáñez & Tribo (Cuarteto).


- Sábado 22 de Febreiro de 2014 ás 20:30 horas. Concurso de Cuartetos Tradicionais.


 - Sábado 29 de Marzal de 2014 ás 20:30 horas. Concerto de Cantata Vernácula.


  Os actos son sempre con entrada libre e gratuita e serán no 1º andar do local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Concurso de Dúos Gaita-Percusión organizado polo Real Coro
http://www.toxosefroles.com/
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 13 )


Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu III Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos.

A final do concurso terá lugar no noso lar da Rúa Magdalena, o domingo 10 de novembro de 2013.

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos"

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 13 )


O vindeiro Sábado 26 de Outubro (partires das 18h e con entrada libre e gratuíta) o Real Coro "Toxos e Froles" organiza no seu local social (rúa Magdalena 220 de Ferrol) o V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos".

Este ano contará coa presenza de:

- Antón Fernández, ex-presidente e corista da Agrupación "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela.
O obxectivo da súa charla será dar a coñece-la iniciativa de conqueri-la Declaración de Patrimonio Inmaterial da Humanidade ao Canto, Música e Baile Tradicional Galego. Coma presidente da agrupación compostelá, Antón é un dos primeiros impulsores desta iniciativa cultural, á que van unidas dende os primeiros momentos tanto "Xacarandaina" de A Coruña como "O Fiadeiro" de Vigo.

- Francisco Rodríguez Fernández, presidente do Grupo Etnográfico das Mariñas de Ferrol, falará sobre a ourivería popular galega. Home dunha grande preocupación por preserva-las nosas tradición é un grande coñecedor dos nosos traxes e ourivería tradicional. Amosará os xeitos de traballa-las xoias en diversas zonas de Galiza e os materiais empregrados nelas. Ademáis, poderemos achegarnos a estas pezas cunha pequena exposición que vai facer no local da asociación, con xoias en ouro, prata e cobre, e que son parte da súa colección particular.

- Xavier Blanco. Gaiteiro de Moaña, Artesán e Técnico en Cultura Tradicional, a súa principal fonte de motivación son as persoas maiores, portadoras de coñecementos antigos, das que ten unha fixación e leva aprendendo dende que era un neno, ao tempo que asume a responsabilidade de difundir estes coñecementos recollidos no seu amplo arquivo. Constrúe e restaura tódolos instrumentos que compoñen a súa colección aplicando as técnicas ancestrais aprendidas da sabedoría popular. Coas súas verbas achegaranos ao coñecemento dos instrumentos pobres da nosa tradición musical e tamén amosará os seus sons a través do toque dos mesmos. Conta con varios traballos publicados entre os que compre destacar "Toques, Asubíos e Cantores","A Gaita de Cana de Moaña", "Instrumentos Pobres", ...


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Ciclo de Coros Históricos - C.C. Ágora (A Coruña)
http://www.cantigasdaterra.com/
(texto engadido o día 12/ / 10/ / 13 )


20 de Outubro
- Coral de Ruada
- Homenaxe a E. Vilariño e A. Mato
- Cántigas da Terra

10 de Novembro
- Aires de Bergantiños
- Cántigas da Terra

24 de Novembro
- Toxos e Froles
- J.M. Yáñez (piano) e Victoria Á. Acón (voz)
- Cántigas da Terra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Taghaitai en Ferrol (Programa TOXOS: ESPALLANDO CULTURA)
http://www.toxosefroles.com/
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 13 )


O Real Coro "Toxos e Froles", no marco do programa "Toxos: Espallando Cultura", ó grupo Taghaitaí, formado por Manolo Maseda, Edelmiro Fernández, Lola de Riveira e Iván Costa.

O concerto será o vindeiro Sábado 29 de Xuño, ás 20:30 horas, no noso Local Social, na rúa Magdalena 220.

Estades convidados!!!
- Taghaitai -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



98 Aniversario de Toxos E Froles (Ferrol)

(texto engadido o día 31/ / 5/ / 13 )


Sábado 1 de Xuño ás 20:30 horas

Festival 98 Aniversario, no que o Real Coro "Toxos e Froles" estará acompañado de Cántigas da Terra de A Coruña e o Rancho das Rendilheiras da Praça de Vila do Conde (Portugal).

Recolleranse alimentos en favor da Cociña Económica á entrada do evento.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos no Toxos

(texto engadido o día 15/ / 5/ / 13 )


O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense).

Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral De Ruada, Cantigas e Agarimos, ...
Nesa arela de transmisión e continuidade, o Coro Aimil achega unha nova xeira na reinterpretación de cantos populares, así como incide na procura e desenvolvemento de temas da tradición musical galega.
Ao longo de estes anos, o Coro Aimil participou en varios eventos musicais de carácter local, autonómico e internacional, como os organizados polo Orfeão de Barrô (Águeda, Portugal) e a Asoc. Cultural de Canidelo (Vilanova de Gaia, Portugal) ou o internacional de Coros organizado pola Coral De Ruada.
Dende fai tres anos o Coro Aimil organiza un festival anual baixo o nome xenérico de "Coralimia", no que se van dando cita prestixiosas agrupacións de ámbeto internacional. Sendo así que na primeira edición contou coa presenza do Real Coro Toxos e Froles.
Compoñen o Coro Aimil trinta voces mixtas e grupo instrumental.
Dirixe o Coro Aimil dende a súa fundación o gaiteiro ferrolán Fernando Dopico Blanco.

A entrada é libre e gratuita.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Davide Salvado continúa os concertos de Toxos e Froles (Ferrol)

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 13 )


Xa está en marcha o seguinte evento que o Real Coro "Toxos e Froles" propón este ano 2013. O vindeiro Sábado 23 de Marzal ás 20:30 horas estará connosco Davide Salvado en concerto.

Coma ven sendo habitual, dita actuación será no 1º andar do noso local da rúa Magdalena 220.
- Davide Salvado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* O dúo de Xinzo de Limia gaña o II Concurso de Dúos do Toxos e Froles

* II Concurso de Dúos Gaita-Percusión . Organiza o decano dos coros galegos



Toxos e Froles









buscar mais información
sobre toxos e froles en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre toxos e froles en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]