Ghastas Pista?

susana seivane
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

Editar información sobre o grupo

Susana Seivane


Naceu en Barcelona no ano 1976, é a herdeira da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns ..>>


[1] [2] [3] [4] [5]

Novas que incluen 'susana seivane':


Susana Seivane en Compostela

(texto engadido o día 31/ / 5/ / 19 )


Venres 31 de maio ás 21h na Praza da Quintana

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Benéfico de Loita Contra o Cancro en Vilalba
https://www.facebook.com/concellodevilalba/photos/a.1456455231240476/2374825712736752/?type=3&theater
(texto engadido o día 21/ / 5/ / 19 )


O sábado 1 de xuño, ás 20:00h no auditorio Carmen Estévez, celebrarase o II Festival Benéfico a favor da Loita contra o Cancro, organizado pola Asociación de Veciños de San Cosme de Nete.
Festival que conta coas actuacións de “Mestura de Nete”, alumnos dos diferentes cursos de música impartidos en Nete polos seguintes profesores: acordeón (Andrés Penabad), gaita (Ángel Sendín), pandeireta e baile tradicional (Antía Maseda), tambor (Vanesa Siso), grupo de cantos coa colaboración de Branca Villares.

Festival que rematará coa actuación especial de Andrés Penabad, acordeonista Pontés que conta cunha longa traxectoria artística, e que colaborou con artistas como Carlos Núñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar na Lubre, Pablo Díaz, Xabi Aburruzaga entre moitos outros.

As entradas xa están a venda, a un prezo único de 5€, por membros da Asociación de Veciños de Nete, na Casa da Cultura e o mesmo día da actuación a na taquilla.

Todo o recadado pola venta das entradas e demais donativos entregarase integramente á Asociación “Somos unidos por el cáncer” que fan unha labor impresionante axudando ós que sofren esta enfermidade a que sexa máis levadeira.

Organiza:
A.A.V.V. Nete.

Colabora:
Concello de Vilalba
Asociación Cultural Andrade
Foto Purriños
Escola de Acordeóns Andrés Penabad
Gráficas Neal.
Petisco audiovisuais.
Marta Dourado, deseño gráfico e fotografía.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mercado de Primavera do Valadouro

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 19 )


Venres 22 de marzo, dende as 21h

Pregón do actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo.
Concerto de Miro Casabella coa banda de gaitas Dambara.
Xornada o baile en zocas da asociación cultural Amado Lar
Inauguración da exposición ‘Pintores do noso val‘
Concerto a partires das 23h de Cuarta Xusta e Zënzar.


Sábado 23 de marzo dende as 10h

Segunda edición da xuntanza de automóbiles Clásicos do Val do Ouro.
Ás 11.30 desfile de zocos e vestimenta. Escolma de Meus e Dambara amenizarán a sesión vermú.
Pola tarde haberá actividades para nenos e Festicultores Troupe e La Charanga Mekánica porán ritmo á espera dos concertos, desde a medianoite, de Susana Seivane e Ruxe Ruxe.


OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais, haberá outras actividades, como demostracións de oficios, escaparates tradicionais ou ruta de tapeo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marzo na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


PROGRAMACIÓN DE MARZO DE 2019

VENRES 1 21:00 6€
CAYUCO
Cayuco abre a programación de marzo acollendo o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).

Venres 1 00.00
OS ESTALOTES
Foliada

Sábado 2 23.30
DJ CHIRI

DOMINGO 3, 10, 24 E 31 20:30 5 €
SUMRRA

XOVES 7 21:00 6€
Andrés Penabad
Multi premiado acordeonista Galego que dende moi pequeno introduciuse na música tradicional formando parte de numerosos grupos e formacións. A día de hoxe é un dos acordeonistas con máis proxección dentro do panorama folk galego e mesmo estatal. Andrés colaborou con grande cantidade de músicos da altura de Carlos Nuñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar Na lubre, Xose Manuel Budiño ou Xabi Aburruzaga.

MÉRCORES 13, 20, 27 22:30 1,50 €
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 14 21:00 8€/10€
club del rÍo
Un batido vitaminado con sorpresa de músicas infinitas, o resultado de múltiples influencias que atravesan o mundo, unha mestura de guitarras, ritmos optimistas e vitalismo; «un método de defensa contra unha sociedade agresiva facendo bandeira da unión e a amizade». Eses son Club del Río.

SÁBADO 16
FESTA ANIVERSARIO CASA DAS CRECHAS

DOMINGO 17 20:30 8 €
Ana Alcaide
"Luna sefardita” é a historia de Alina, unha nena sefardí que abandona Toledo e que emprende unha longa viaxe de exilio no que seguirá os rastros da lúa no seu reencontro. Unha viaxe nostálxica que traza unha ponte cara ao pasado e que convida a percorrer diversas paisaxes sonoras.
No mesmo a artista fai un percorrido á súa discografía, da que tivo un bo recoñecemento internacional en escenarios de Arxentina, Uruguai, Italia, Alemaña, Francia, Marrocos, Canadá, Bulgaria, Uzbekistan ou Indonesia, entre outros.
Ana Alcaide: Voz, Nyckelharp, Violín de Hardanger / Bill Cooley: Psalterio, Ud, Percusións / Rainer Seiferth: Guitarras

LUNS 18 23:30
DJ CHIRI

XOVES 21 21:00 5 €
ESPECTÁCULO maldita peaxe de Zakarías O`Facas
Maldita Peaxe é un espectáculo dirixido e interpretado por Zakarías O'Facas, que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aderezado por unha ecléctica escolma musical.
O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa.
O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público.

VENRES 29 21:00 3 €
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane en Ribadeo

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Sábado 23 de febreiro ás 21h no Auditorio Hernán Naval
- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane na Coruña

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Xoves 21 de febreiro no Garufa Club


Susana Seivane, dentro do marco da xira conmemorativa dos 20 anos do seu primeiro lanzamento discográfico, chega a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Fa' con un concerto único e irrepetible onde rememorará unha auténtica festa de aniversario
- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane en Bertamiráns

(texto engadido o día 14/ / 2/ / 19 )


Venres, 15 de febreiro, no Auditorio de Bertamiráns

Susana Seivane, dentro do marco da xira conmemorativa dos 20 anos do seu primeiro lanzamento discográfico, chega a Ames para presentar o seu novo disco, 'Fa'

- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane en Ponteareas

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 18 )


Sábado 22 de setembro ás 22h no Parque da Feira Vella

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Festival Xironsa

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Venres 24 de agosto

IV Serán Xironsa coa Paradanda Mecos.




Sábado 25

Sesión vermú con Leirabuxo e alborada con Boudebou Gaiteiros e xeitosiños.

Pola tarde:
-Os D´Abaixo
-Davide Salvado

E á noite:
-Heredeiros da Crus
-Noite Fechada
-Susana Seivane
-Xironsa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Galega en Malpica
http://www.concellomalpica.com/gl/susana-seivane-os-da-porfia-luar-na-lubre-e-coanhadeira-catro-grandes-grupos-para-unha-gran-festa-galega/
(texto engadido o día 9/ / 8/ / 18 )


Cada vez falta menos para un dos grandes acontecementos do verán, a nosa Festa Galega, que cumpre 11 anos e que volve acompañada dunha Feira Medieval Mariñeira para garantir a animación da mañá á noite. Catro grandes nomes da música tradicional galega pasarán polo escenario do porto entre os días 17 e 18 de agosto: Susana Seivane, Os da Porfía, Luar na Lubre e Coanhadeira. E non serán os únicos, porque, como é costume, na Festa Galega contamos coas agrupacións de música tradicional do noso concello e con bandas de gaitas locais e convidadas.

Se a Festa Galega acada xa a súa 11ª edición, a Feira Medieval Mariñeira cumpre 6 anos. Coa apertura dos postos de artesanía e gastronomía que se situarán ao longo da rúa Eduardo Vila Fano comezaremos a celebración a partir das 11.00 horas do día 17 de agosto. A música galega comezará a soar ás 22.00 horas coas Pandereteiras da A.C. Raigañas sobre o escenario do porto, ao que subirán ás 22.30 as Feiticeiras da A.C. Malante. Para as 23.00 horas está previsto o concerto de Susana Seivane, unha das nosas gaiteiras máis internacionais, que está a piques de lanzar o seu quinto disco, e para pechar a velada contaremos a partir das 00.15 horas con Os da Porfía, sete homes que despois de formar parte durante anos de distintas agrupacións decidiron iniciar un proxecto común interpretando temas recollidos por eles e cunha indumentaria que xa é un dos seus sinais de identidade.

O día 18 volverá a animación ás rúas de Malpica desde as 11.00 horas coas actividades da Feira Medieval Mariñeira. E tamén pola mañá, ás 12.00 horas, sairá do Centro Cívico o tradicional Desfile de Bandas de Gaitas da Asociación Cultural Malante, un encontro de música tradicional que cumpre seis anos e que xunta, á parte da entidade organizadora, ás bandas de gaitas de Calo (Teo), Ximiela (Louro-Muros) e Ortigueira. Para pechar a mañá do sábado está prevista unha xurelada tradicional coa colaboración da A.C.D. A Estádiga.

A música volverá pola noite ao porto. A segunda sesión nocturna da Festa Galega arrancará ás 22.30 horas coas Cantareiras Meigallo da A.C Carcaxía. Para as 23.00 horas está programado o concerto de Luar na Lubre, a banda celta máis internacional de Galicia, que leva máis de 30 anos sobre os escenarios e que continúa reinterpretando a nosa música tradicional. Pero o luxo do concerto do día 18 será dobre, porque para pechar a velada contaremos, a partir da 01.00, con Coanhadeira, unha banda ourensá de folk que desde o ano 2006 está dedicada a amosar a música conservada ata os nosos días a través da tradición oral. Os seus directos están cargados de forza, como poderemos comprobar en agosto.

E despois de dous días de música, o domingo 19 continuará a Feira Medieval Mariñeira con animación durante doce horas, de 11.00 a 23.00.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane en Rodeiro

(texto engadido o día 3/ / 8/ / 18 )


Venres 3 de agosto ás 23:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane pre-estrea 'Fa' en A Coruña
https://www.ticketea.com/entradas-concierto-susana-seivane-presenta-fa-agora/
(texto engadido o día 30/ / 1/ / 18 )


Sábado 3 de febreiro ás 21h
Centro Ágora

A gaiteira Susana Seivane anuncia a pre-estrea do seu novo disco Fa o vindeiro 3 de febreiro no Centro Ágora de A Coruña.

Polo simple feito de mercar a entrada, os asistentes recibirán gratuitamente un código de descarga que lles permitirá seguir disfrutando da exclusividade da experiencia, sendo os primeiros en recibir o novo disco incluso antes de que saia ao mercado. Ademáis tamén poderán adquirir de xeito anticipado un exemplar do cd, que lle será enviado ao seu domicilio sen ningún tipo de coste adicional.

A piques de rematar o proceso de gravación, Susana Seivane verá comprometida a súa disponilidade nos vindeiros meses por atoparse desenrolando un proxecto que a manterá ocupada por un tempo. É por eso, que en prol de non sacrificar a presentación do seu traballo discográfico, decidiu avanzar a súa nova proposta e non deixar ao seu público coruñés sen coñecer todos os detalles de 'Fa'.

Fa estase a gravar en Nakra (A Coruña) baixo a supervisión da propia artista e contará con múltiples colaboracións do panorama musical galego. Ten prevista a súa saída cara o remate do inverno do 2018. Coa maternidade como eixo central, 'Fa' amosará unha nova Susana Seivane, que sigue investigando na mestura da tradición cos sons máis actuais.

As entradas pódense mercar xa en ticketea a partires de 6 euros e en taquilla a 9 euros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane en León

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 17 )


Venres 6 de outubro ás 22h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Son do Pazo - III Festival Intercéltico (Mos. Pontevedra)

(texto engadido o día 30/ / 8/ / 17 )


Un ano máis, chega o Festival Intercéltico O Son do Pazo a Mos. Unha terceira edición cargada de novidades para un festival que , tras moito traballo e ilusión, pretende deleitar e facer pasar uns días ben bonitos ao público asistente. O cartel reunido para este ano conta cuns grupos de sobra coñecidos no mundo da música galega, con estilos variados e longas carreiras ás súas costas.

A entrada ao festival é GRATUÍTA.

O venres 1 de setembro comezamos ás 22:30h cos concertos de:
- Airiños do Castelo
- Radio Cos
- Os Carunchos
As exposicións de instrumentos e traxe tradicional, así como a exposición adicada aos premios Mestre Machiño e ao premiado deste ano, xa estarán abertas o venres pola noite.

O sábado 2 comezamos ás 12:30h con:

Apertura das exposicións antes citadas.

-Sesión vermú con polbo á feira
-Obradoiro de baile irlandés a cargo de Irish Treble

14:30h
Xantar de confraternización

17:30h-20:00h
Festival Bailamos

22:30h - Inicio dos concertos de:
- Os Chavellos
- Irish Treble
- Susana Seivane
- Abóbriga

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Festa folc de Vilariño (Cangas)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 17 )


Sábado 19 de agosto

Susana Seivane
Donicelas
Che Sudaka
The Skarnivals

Organiza AC O Gato

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (Combarro)

(texto engadido o día 30/ / 6/ / 17 )


Venres 30 de xuño
Caxade e O Sonoro Maxín

Sábado 1 de xullo
Orfeon Mariñeiro do Berbés e Susana Seivane

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane, Rosa Cedrón, Ialma... en Cambados
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=145273
(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo a partires das 21h na Praza de Fefiñáns

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cristian Silva e Suso Iglesias (EGOlatra2) en Bueu

(texto engadido o día 7/ / 2/ / 17 )


Domingo 12 de febreiro ás 20:30h
Aturuxo Bar (Bueu).
Pazos Fontenla, 59.
Bueu.


O gaiteiro Cristian Silva, músico e produtor nado en Carril (Pontevedra), comezou en decembro a súa nova xira de pequenas salas que o levará ó longo da xeografía galega para presentar unha nova visión do seu disco “EGO”.

Baixo o nome de “EGOlatra2”, e da man de Márdea Producións, o polifacético artista comezou o seu tour o mércores 28 de decembro na Cova Céltica de A Coruña, e despois de visitar A Cova dos Trasnos en As Pontes tocan as seguintes paradas da xira en Vilagarcía, Melide, Bueu e Vilar de Santos. Estas son as outras datas confirmadas desta xira de concertos de aforo reducido, a dúo co acordeonista marinense Suso Iglesias, nos que Cristian Silva pretende achegar ó público, dun xeito máis íntimo e persoal, un disco onde a tradición se funde coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop.

Coñecido do público galego polo seu paso polo “Luar” da Televisión de Galicia como xurado en “Vai de Gaita”, así como por outras seccións e programas da canle autonómica, Cristian Silva dá un paso a diante dentro da súa traxectoria co seu primeiro traballo en solitario, logo de anos adicado á formación e ás colaboracións con artistas como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Rosa Cedrón, Susana Seivane ou Cristina Pato.

“EGO” é un disco producido ó completo polo propio músico, que amosa a súa incrible versatilidade tocando medio centenar de instrumentos, cos que deixa pingas de rock, flamenco e ata música electrónica sen esquecer as súas raíces tradicionais.

Entrada: 5€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación de 'De aquí para alá' de Lydia Botana nas Illas Canarias

(texto engadido o día 30/ / 12/ / 16 )




03/01/2017, 18h, Ámbito Cultural El Corte Inglés, Santa Cruz de Tenerife

04/01/2017, 18h, Teatro Cine, Los Realejos, Tenerife

DE AQUÍ PARA ALÁ é un libro-disco que busca espertar o interese das crianzas pola música e as culturas doutros lugares, dando valor á diversidade e por suposto, respectándoa, dun xeito didáctico e divertido!
O libro está á venda tanto en galego como en castelán e nas súas 57 páxinas inclúense partituras, letras e melodías das cancións do disco, que conta coa colaboración de músicos amigos coma Xabier Díaz (de Berrogüetto), Javier Cedrón (ex compoñente de Luar na Lubre), Pedro Lamas (de infinidade de proxectos coma Susana Seivane) ou Guilhem Lacadée (trompetista de Manu Chao), entre outros. Son 26 cancións variadas de estilo africano, jazz, rap, samba, reggae, ska, son cubano, clásica, oriental, tradicional balcan e galego, pop e incluso poesía, e unha unidade didáctica en PDF.
Está ilustrado por Roy Dosil e editado por Edicións do Cumio.

PARA VER E LER:
http://www.cumio.com/catalogo/
http://www.cumio.com/media/cumio/files/9788482894942.pdf (GALEGO)

PARA ESCOITAR:
https://soundcloud.com/lydiabotana/sets/de-aqu-para-al-m-sica-infantil (GALEGO)

PARA MERCAR ONLINE:
http://www.imosver.com/gl/libro/de-aqui-para-ala-cd_0010067592 (GALEGO)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Focus GalicianTunes (Compostela)
http://www.galiciantunes.com/news/1045
(texto engadido o día 14/ / 10/ / 16 )


O próximo domingo 16 de outubro dá comezo a segunda edición do Focus GalicianTunes, onde 10 artistas e grupos da plataforma porán a banda sonora ao programa cultural organizado por Agadic no que participan unha selección de 26 programadores de festivais internacionais de 19 países diferentes. Son delegados que participarán no Womex 16, pero que adiantan a súa visita a Galicia para coñecer, de primeira man, a música, a cultura e a gastronomía do páis.

O evento ábrese co Focus GalicianTunes Fest na Sala Capitol (Santiago de Compostela) que contará coas actuacións de Leilía, Os d’Abaixo e Susana Seivane.
- Leilía- Os d’Abaixo- Susana Seivane. -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5]


En 'Novas Relacionadas'



* Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo

* GC :: A Galiza de Kepa Junkera

* O Festigal 2013 trae música galega reivindicativa para a noite do Apóstolo e o Día da Patria

* RTV EUME: O grupo folk Muxarega ofrecerá o vindeiro día 8 un concerto para celebrar o seus quince anos de música

* Galiza desembarca en Lorient


(mostráronse só as últimas recibidas)


Susana Seivane



Web oficial


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Susana Seivane:
Os Soños que Volven
Susana Seivane:
Alma de Buxo
Susana Seivane:
Susana Seivane





buscar mais información
sobre susana seivane en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre susana seivane en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]