Resultados para:

sementeira
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'sementeira':


FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 28 - 29 ABRIL EN MATAMÁ (VIGO)

(texto engadido o día 19/ / 4/ / 18 )


A Asociación COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA, xa estamos preparando a sétima edición da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO que se celebrará en Matamá (Vigo) os días 28 e 29 de abril.
A festa comezará o sábado 28 coas xa tradicionais OLIMPIADAS DO CAMPO para pasar unha tarde de deporte e bo humor participando en diversas probas como o : "lanzamento de sacho", "debullar millo", "lanzamento de boina", "carreira de trespés", ....

Xa á tardiña actuará o coñecido músico PACO NOGUEIRAS que nos ofrecerá o seu espectáculo BRINCA VAI!, e a continuación actuará o grupo humorístico "TRIATREROS".

Xa pola noite poderemos disfrutar coa música dos grupos "OS VACALOURAS" e " IGMIG".

O Domingo 29 comezará a festa as 10:30h coa saída dende o torreiro da festa de Matamá do carro tirado por unha parella de bois acompañado do Grupo de Gaitas OS CATRO QUINTOS para ir ata o lugar de celebración da festa onde se procederá a labrar unha leira usando a forza dos bois.

Ás 12h. actuará o multitudinario coro tradicional do ORFEÓN MARIÑEIRO DO BERBÉS.

Ás 14h. haberá un XANTAR POPULAR onde se servirá CARNE AO CALDEIRO + PAN + VIÑO/AUGA + CAFÉ + POSTRE polo prezo de 10 euros. (Para reservar chamar o tlf.:634561319). Tamén se servirá polbo a feira e churrasco.

Pola tarde, ás 17h. contaremos coa actuación do grupo " FOLC DE COIRO" de Bembrive .

As 18h @s nen@s asistentes a festa poderán sementar o millo na leira labrada pola mañán.

Ademais dentro da programación da festa haberá: Postos de venda Artesanía, Obradoiros de oficios artesáns, Mostra de animais do rural, Mostra etnográfica, demostración da moenda no muiño da Regueira.

No caso de chuvia haberá zona cuberta

MAIS INFORMACIÓN EN : Facebook COLECTIVO MALAHERBA

telf: 634561319


Noticia enviada por COLECTIVO MALAHERBA

- SEMENTEIRA -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festa Da Sementeira Do Millo de Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Sábado 29 e domingo 30 de abril

O Colectivo Malaherba celebra a Festa da Sementeira do Millo en Matamá os días 29 e 30 de abril Haberá olimpiadas do campo, monólogos, actuacións musicais, xantar popular..... e como non a sementeira do millo.
Haberá carpa por se o tempo non acompaña.

Sábado 29
6h inicio das Olimpiadas do Campo.
22h Monólogo de Oswaldo Digón
23h Os Carunchos e The Turre´s Band.


Domingo 30
10.30h Saída do el Carro de Bois acompañado polo grupo de gaitas Atlántida de Matamá.
11h Labranza e Feira Tradicional.
14h Xantar popular
17h Cé Orquesta Pantasma
18h Sementeira do Millo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



De Ruada en Bos Aires - A Sementeira - 2016

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 16 )


Sábado 12 de novembro ás 20:30h
Sociedad Parroquial de Vedra
José Mármol 760
BOS AIRES
- Sociedad Parroquial de Vedra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Sementeira do Millo de Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Sábado 23 de abril


Un ano máis o Colectivo Malaherba organiza e celebra a Festa da Sementeira do Millo de Matamá os días 23 e 24 de abril.

O sabado 23 comezaremos ás 16:00 coas xa famosas e celebres OLIMPIADAS DO CAMPO (Anótate e participa) que estaran amenizadas polo grupo de batucada BATE NO COBRE.
Ás 19:00 teremos unha CHARLA/COLOQUIO: Petroglifo de Redondelos, Presente e Futuro, onde intervirán Xulio Fdez. Pintos, Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo.
Ás 22:00 teremos un monólogo a cargo de Adrián Alvarellos no que nós fartaremos de rir.
Para finalizar o día mais non a festa actuaran a partir das 23:00 o grupo de música tradicional TANTO NOS TEN e o grupo agropunk OS VACALOURAS

O domingo 24 ás 10:30 sairán os CARROS DE BOIS dende o Centro Cultural de Matamá ata o muiño da Regueira (Asistide vestidos de labreg@s),
ás 11:00 realizaremos a LABRANZA e FEIRA TRADICIONAL.
Ás 12:00 tocaran o GRUPO DE GAITAS, CANTAREIRAS E CANTAREIRIÑ@S da Sociedade Atlantida de Matama.
Ás 14:00 teremos o XANTAR POPULAR que este ano será LACÓN+PAN+VIÑO/AUGA+CAFÉ+POSTRE por 10 euros (para RESERVAR chama o 634561319 ou enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com).
O rematar o xantar tocarán o grupo FOL-K de COIRO da S.C. Helios de Bembrive.
Xa para rematar esta gram festa ás 18:00 farase a SEMENTEIRA DO MILLO.
Aparte de todo isto teremos MUIÑADAS, PULPEIRO, POSTOS DE ARTESANIA, GRANXA RURAL, PRODUCTOS ECOLÓXICOS...
TEREMOS CARPA POR SE CHOVE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Ciclo Coros Galegos - A Coruña

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )



Logo de dez edicións, o Ciclo de Coros Galegos, históricos e novos, encara unha nova etapa no contexto do centenario dos mesmos.

Ducias de formacións son as creadas nas primeiras décadas do s. XX, case que todas desaparecidas. Hai agora 100 anos, nacen Toxos e Froles en Ferrol e Cántigas e Aturuxos en Lugo, de quen recentemente Ramón González e a editorial Ouvirmos sacaron á luz un importante traballo documental e sonoro, e do que nos últimos anos renace o novo e actual coro de Cántigas e Frores.

Albiscamos pois no horizonte tamén o noso inminente centenario, mais polo de agora comeza o outono coa XI edición deste xa grande Ciclo de Coros Galegos, compartindo e celebrando con eles cadanseus 100 anos de historia na nosa casa, no Rosalía da Coruña. Contamos ademais cos irmáns de Cantigas e Agarimos, e outras propostas como Os Faiscas de Solobeira, a Banda de Música Sementeira de Cambre, e o Teatro do noso coro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Magosto Popular e a festa da Recolleita do Millo (Matamá - Vigo)

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 15 )


A Asociación Colectivo Malaherba celebrará sábado 10 de Outubro nas
proximidades do Muíño da Regueira (Matamá-Vigo) o IX Magosto Popular e a
festa da Recolleita do Millo.

A festa comezará as catro da tarde, coa Recolleita do Millo sementado na
festa da Sementeira, a finais de Abril. O millo será transportado nun
carro tirado por unha parella de bois ata o lugar da festa para prodecer a
esfollada.

A partir das 17H. comezarán os *OBRADOIROS PARA NEN@S* e as probas
das *OLIMPIADAS
DO CAMPO* para quen queira poida participar nas distintas probas
anotándose previamente (mais información no facebook do colectivo
malaherba).

As 19:00H. fará acto de presenza "PETER PUNK" co seu xenial espectáculo
de animación, que a bó seguro maravillará coma sempre, a pequenos e maiores.

As 20:00H. PROCEDEREMOS AO REPARTO DE CASTAÑAS.

Á noitiña festa rachada. A partir das 21:00H. sucederanse as actuacións do
home orquestra *CÉ ORQUESTRA PANTASMA* e o grupo folc *MIRAOTÍ*.
Agardamosvos!!.

(HABERÁ ZONA CUBERTA POR SE CHOVE...)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa da Sementeira en Corzáns
http://www.todocondado.com/index3_eventos.php?pid=882
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 13 )


O domingo 16 de xuño celébrase na Quinta do San Brais do Piñeiro en Corzáns (Salvaterra de Miño) a VII Festa da Sementeira.

Os traballos da sementeira comezan ás 11h. Logo, sobre a 13:30h. haberá un xantar popular con carne ao caldeiro e viño de colleita. Animarán a festa grupos de gaiteiros e xogos populares.

Haberá ademáis exhibición de traballos artesanais como zoqueiros, canteiros ou cesteiros.


Ver Festa da Sementeira Corzáns nun mapa máis grande

- Festa da Sementeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo) - 28 e 29 abril de 2012

(texto engadido o día 15/ / 4/ / 12 )


O Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA está a organizar para a última fin de semana deste mes de abril a FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 2012 que se celebrará na parroquia viguesa de Matamá no lugar do muiño da Regueira e onde haberán multiples actividades para nen@s e maiores: xogos, música, charlas, mostra etnográfica, muiñada, labranza, postos de artesania e agricultura ecolóxica...
O sábado podes participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO (anotate: colectivomalaherba@gmail.com)
e xa o domingo podes asistir vestido de labrego e participar na LABRANZA TRADICIONAL e despois quedar por un módico prezo (carne o caldeiro +pan + viño=6 euros)para o XANTAR POPULAR (fai a tua reserva telf. 651 73 90 90).

Ven a pasalo ben!!!. Estás convidad@!!!!

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROGRAMACIÓN DA FESTA:

Sábado 28 abril

-15h. APERTURA DA IV MOSTRA ETNOGRÁFICA DE MATAMÁ

-16h. OLIMPIADAS DO CAMPO (+ info en facebook colectivo malaherba. Anótate e participa: colectivomalaherba@gmail.com)

-19h. PALESTRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA:

- A horta autosuficiente (por Jacobo Ojea da horta do Cadaval)
- Viticultura natural (método Masanobu Fukuoka)
- As variedades do millo galego(a cargo dun investigador da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC)

-22h. Monólogo de CÁNDIDO PAZÓ

-23h. ARDENTÍA folc

-0h. MUIÑADA NOCTURNA


Domingo 29 abril

- 10.30 Saída do CARRO DOS BOIS dende a igrexa de Matamá ata o muiño da Regueira.

-11h. LABRANZA TRADICIONAL cunha parella de bois. Asiste vestid@ de labreg@!!!!

-12h. OS CATRO QUINTOS folc

-14h. XANTAR POPULAR. carne o caldeiro+pan+viño=6 euros.( Fai a túa reserva en colectivomalaherba@gmail.com ou no telf 651 73 90 90)

-16h. CE ORQUESTRA PANTASMA

-17h. SEMENTEIRA DO MILLO a cargo d@s nen@s asistentes a festa.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
haberán POSTOS DE ARTESANIA e de PRODUCTOS ECOLÓXICOS... e o domingo POLBO A FEIRA!
- Ardentía- Ce Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IIIº Encontro Europeu de Folclore Galego, en Xenebra
http://maghua.blogspot.com/2010/10/maghua-tocamos-en-xenevra-no-iii.html
(texto engadido o día 14/ / 10/ / 10 )


18h15 -18h45 : ACD Tordoia
18h45 - 19h15 : A Roda Lausanne
19h15 - 19h45 : Irmandade Galega Xenevra
19h45 - 20h30 : A Nosa Galiza Xenevra
20h30 - 21h00 :Sementeira de Basilea
21h00 - 22h30: Cea
22h30 - 02h00: MAGHÚA

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Maghúa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IVª Xornadas de Agroecoloxí­a
http://www.amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-consumo/466-amigos-da-terra-a-esmorga-amarante-semente-e-verdegaia-organizan-as-ivo-xornadas-de-agroecoloxia#
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 10 )


As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.


 


Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.


 


Un ano máis, as Xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un pouco máis, ao mundo que todas/os desexamos: un mundo no que actuemos de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.


 


A Agroecoloxía é unha ferramenta cun enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, porque se asenta nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consome, substituíndo as relacións meramente comerciais entre elas/es, ademais de potenciar a/o pequena/o productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apoiadas na política do consumo insustentable.


 


Retomando o modelo de financiación das anteriores edicións das Xornadas, dende a organización optamos por traballar por un evento autoxestionado, que busca sustentarse nas diferentes actividades lúdicas que se organizan. Contamos, ademais, coa colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como motor da cidadanía.


 


 


PROGRAMA:


IV XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE (do 20 de febreiro de 2010 ao 27 de febreiro de 2010)


 


· Sábado 20 de febreiro: Horticultura urbana. Fundamentos, técnicas e valores. Realizaremos un breve repaso a horticultura urbana, as súas orixes, as técnicas actuais e a pegada filosófico do movemento de horticultura urbana no mundo. Tamén presentaremos a recentemente formada Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro e farase un pequeno obradoiro práctico de sementeira e cultivo en entornos urbanos. Participan: Ramón Paz, da Asociación Galega de Horticultura urbana. Lugar: Aula de Natureza de Oira, de 11:30 a 14:00 horas.





· Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de Uxía + Guadi Galego + Fred Martins, Coanhadeira e Ergom, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Teatro Principal, rúa da Paz 9, ás 20:00 horas. Prezo: 5€


 


· Luns 22 de febreiro: O reto da soberanía alimentaria. Un dos obxectivos do Centro de Investigación de Leboso é o da dignificación da profesión de agricultor a través dunha experiencia que o pon en valor, recoñece a súa aportación á sociedade e á conservación do medio natural. O Centro de Leboso traballa por e para os agricultores, recuperando, seleccionado e mellorando sementes, dándolles formación e facéndoos partícipes dunha estrutura económica novedosa. Participan: Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde. Lugar: Ateneo de Ourense, Salón de Actos, Rúa Curros Enríquez 1, ás 20:00 horas


 


· Martes 23 de febreiro: Grupos de consumo responsable: a experiencia de Semente. Reunión informativa con persoas e colectivos da vila do Carballiño interesadas/os en montar un grupo de consumo local de produtos ecolóxicos. A través do camiño percorrido pola iniciativa ourensá "Semente", exploraremos diferentes maneiras de organizármonos na busca dunha forma máis responsable de cubrir as nosas necesidades alimentarias. Participan: Alice Alonso e Laura Seco, da Asociacion de Consumo responsable Semente. Lugar: Casa da Cultura do Carballiño, ás 20:15 horas


 


· Mércores 24 de febreiro: Mesa redonda do leite. A vaca sempre foi parte da cultura galega, mais a tradicional imaxe de vacas a pacer está pronta a desaparecer da nosa paisaxe. A produción intensiva, a carencia de industrias propias, a perda de mercados, a concorrencia con outras rexións resultante da política agraria da UE está levando á case total extinción dun sistema de vida, polo que para reverter esta situación, apostamos por producións tradicionais, ecolóxicas e locais. Participan: Xosé Manuel G. Santiso, coordenador do Séctor Lácteo do SLG; José Luis Carrera Valín, de Arqueixal, e Broder Fernández-Obanza, de Casa Grande de Xanceda. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9, ás 20:00 horas.




· Xoves 25 de febreiro: Proxección do documental Earthlings. Este documental ofrécenos unha visión global e en profundidade da nosa relación cos demais animais naqueles ámbitos nos que os utilizamos como mascotas, comida, entretemento, vestiario e investigacins científicas, cunha total falta de respecto aos animais. Lugar: Biblioteca Publica de Ourense, ás 20:30 horas.




· Venres 26 de Febreiro: Agroideoloxía. Díse do surtido de ideoloxías, dende o independentismo ate o anarquismo, que orbitan e propoñen liñas de actuación social en torno ao AgroEcoloxismo. Mesa redonda que centra o seu debate na defensa dun Agro Ético-Responsable, visto dende a óptica de todo o espectro ideolóxico galego. Participan: Analía Moares, de Amigos da Terra; experiencias de permacultura: Chozas; María Bagaria, de Sem um Cam; Izquierdo, do movemento libertario, e Alice Alonso, d'A Esmorga. Lugar: Centro Social Sem um Cam, Rúa do Vilar 9 ás 20:00 horas.


 


· Sábado 27 de Febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas/os nosas/os agricultoras/es locais. Participan: invitamos á participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque Infantil do Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas.


 


 


“Agroexposición: Retratos da Sustentabilidade”


Vintenove fotografías de 15 estudantes de primeiro curso de Fotografía da escola “Antoino Failde” retratan o medio rural dende diversos puntos de vista, pero co fio condutor da agroecoloxía. A exposición “Retratos da Sustentabilidade” pretende achegar a realidade do mundo rural á sociedade dende distintos puntos de vista, amosando fórmulas de desenvolvemento e relación co “medio” diferentes. Lugar: CHOU-Hospital Provincial, na sala de Consultas Externas, dende o 23 de febreiro ao 12 de marzo.


- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festa da Sementeira en Corzáns - Salvaterra de Miño
http://www.concellodesalvaterra.org/informacion.htm?pr=1&id=1091
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )


O Concello de Salvaterra, a través da Concellaría de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, colabora por terceiro ano consecutivo na organización da ‘Festa dá Sementeira’, que se celebrará o 21 de xuño, na parroquia de Corzáns. Unha festa na que os veciños tratan de recordar como vivían os seus devanceiros, representando, así, a labra con animais nun anaco de terra e a súa sementa, imitando aos campesiños de anos a tras, ata con vestimenta da época e tamancas.

A tenente alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, manifesta que o Concello apoia esta festa porque "hai que ter en conta a iniciativa dun grupo de veciños que intenta recuperar a forma de vida que existía non fai moito tempo". Valcárcel recalca que "hoxe en día xa non atopamos, por exemplo, practicamente ningún veciño que teña vacas e, en Salvaterra, lémbrome ben, había moitas".

A concelleira considera, por iso, que a ‘Festa dá Sementeira’ representa "unha forma de non esquecer como se vivía, principalmente cara ás novas xeracións". Por iso é polo que a Concellaría de Cultura "sempre estará apoiando estas accións, que promocionan tamén ou noso patrimonio cultural e histórico".

Mentres, desde a organización recordan que esta festa "era algo que xa o facían os nosos avós", afirman. Os preparativos comezan dúas semanas antes, nun evento que a cada ano reúne máis persoas, sobre todo doutros concellos.

A ‘Festa dá Sementeira’ comezará a partir das 11.00 horas da mañá e estará amenizada pola actuación musical de gaiteiros tradicionais. Haberá, ademais, unha exposición con obxectos antigos, por exemplo, o ‘carro dá vaca’. Para os que non queiran participar ‘activamente’, a organización convida, de todos os xeitos, a acudir a Corzáns "porque haberá sardiñada desde as 12.00 horas". A ración (inclúe pan de millo), costa 4 euros.

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Salvaterra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fuxan os ventos ofrecerá dous concertos en Santiago tras vinte anos da súa última actuación
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=12900
(texto engadido o día 4/ / 9/ / 08 )
Hai máis de dúas décadas que o grupo Fuxan os Ventos decidiu poñer punto e final a unha traxectoria de máis de trinta anos e oito disco editados. Despois de todo este tempo,os seus compeñentes decidiron voltar ao escenario para dous concertos. Son os que fan parte do ciclo Sons da Diversidade que organiza a concellaría de Cultura en Santiago e no que porán en escena o espectáculo Terras de soño. Nas sesións recuperarán as súas cancións máis senlleiras como A Carolina ou A Sementeira na compaña dalgúns dos “seus mellores amigos”, tal e como figura na nota de prensa remitida. A cita será os días 18 e 19 de outubro en Santiago.


- Fuxan Os Ventos -

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



*

buscar mais información
sobre sementeira en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]