Resultados para:

sarria
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'sarria':


Cursos de Veran BAILAR XOGANDO da Asoc. Peleiriños (Sarria)
http://www.facebook.com/2105465569731104
(texto engadido o día 17/ / 7/ / 18 )


Un ano máis chega o CURSO DE VERÁN: ''BAILAR XOGANDO''. Con este curso pretendemos achegar ós nenos e nenas a nosa cultura tradicional mesturando o baile e a música co xogo. Para isto e durante os días 17, 18 e 19 de xullo en horario de 5 a 8 da tarde, trataremos de ofrecer diferentes actividades que aporten novos coñecementos e permitan descubrirlles ós e ás nenas apartados da nosa cultura que non tivesen oportunidade de ter visto antes.

E un curso aberto a todo o mundo así que se coñecedes a alguén a quen lle poida resultar de interese e que se anime a vir ou repetir nesta IV edición non dúbidedes en pasarlle a información.

As inscricións podense realizar chamando ou enviando unha mensaxe de wathsapp os números de teléfono que figuran no cartaz, tamén podedes contactar con nos por medio de mensaxe privada nesta propia páxina de facebook.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SÉS - Readmirando a Condición, Verán 2018
https://www.facebook.com/mariaxosesilvar/photos/a.187854554568960.40457.108349892519427/1905365342817864/?type=3&theater
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 18 )


VERÁN 2018
XUÑO
S16 LALÍN - Lalín con gusto (acústico)

XULLO
V6 SARRIA - Sarria, de todas as cores
S7 MOAÑA - Super Bock Morrasound Rock Fest
V13 FENE - Praza do concello
S21 O PORRIÑO - Porrigalia
M24 SANTIAGO d.C. - Festigal
S28 - TOMIÑO

AGOSTO
V3 ZAS - Festa da Carballeira
S4 17º Ribeira Sacra Festival
V10 VILANOVA DE AROUSA - Festival Rockin' Vila
S11 SOBRADO DOS MONXES
D12 VERÍN
S18 FISTERRA - Festa Folk na Fin do Camiño
V24 COMBARRO - Festival Armadiña Rock Estrella Galicia
S25 GUÍSAMO - Festival Guísamo Folk

SETEMBRO
S8 PONTEAREAS
D9 TEIXEIRO
S29 BARBADÁS

Fotaza de Fabio Alonso

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



9º Curso de Música Tradicional en Sarria

(texto engadido o día 13/ / 4/ / 18 )


Sábado 14 de abril ás 09:30h
Granxa de Barreiros.
LU-633.
Sarria.


O Curso está destinado a público a partir de 18 años, interesados/as na musica tradicional galega, músicos, mestres de educación musical, profesionais da música, danza, teatro,... e ten como obxectivo mostrar unha visión completa da música tradicional galega, participando e disfrutando os alumnos dunha visión global do folclore.
Os profesores participantes son os seguintes: Pepe Vaamonde (Gaita), Miguel Anxo López Buján "Chino" (percusión), Javier Feijoó "Chisco" (canto e pandeireta), Xabier Iglesias Castro (baile)

Ademáis, o domingo 15, de 13 a 14 horas haberá un concerto titulado "As cantigas de Elena" a cargo de: María Vidal (voz), Miryam González (acordeón) e Pipo Alvariño (guitarra).
+ info
http://fingoi.com/musica/index.php/es/noticias/proximos-eventos/235-ix-curso-de-musica-e-baile-tradicional

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ulträqäns en Sarria

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


Sábado 7 de abril ás 23:00h no Buril

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



The Barbarian Prophethies en Sarria venres 09 de frebeiro ás 23:00
https://www.facebook.com/buril.acde.50
(texto engadido o día 22/ / 1/ / 18 )


A banda luguesa de Deth Metal The Barbarian prophethies tocarán o vindeiro venres día 9 de frebeiro nas instalación de Sarria da Asociación Buril ACDE.
A apertura de portas como ven sendo habitual terá lugar ás 23.00 o custo da entrada será de 3€

Noticia enviada por Buril

- Dethmetal- Sarria- Lugo- Avanteburil- Metal- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



San Martiño Canibal en Sarria

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 17 )


Sábado 11 de novembro ás
Asociación Cultural OS GORRIÓS (Loseiro)
Colexio de Louseiro.
Sarria.


Xa está aquí, o San Martiño Canibal!!!!!!!!!!
Misa na honra do patrón, sesión vemut, xantar a base de porco e como non, unha tarde-noite chea da mellor música!!!!
Reserva xa o teu vale para o xantar!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival garitosis 2017 (O Chanto, Sarria. )

(texto engadido o día 14/ / 9/ / 17 )


Venres 15 de setembro ás 21:30h
O Chanto, Sarria.


VII FESTIVAL GARITOSIS
?Venres 15 de setembro dende as 21.30 na carpa do Chanto
- Bebidos Espirituosos
- Los Pontiaks
- Yslem Hijo Del Desierto e Dj Sunshine
- DudeCan
- Os John Deeres

?Sábado 16 de setembro.
? Durante o día:
- Muddy Doll na sesión vermu ás 13.00 horas na Terraza O Meigallo
- Muruxa (espectáculo infantil) ás 19.15 horas no paseo do Malecón
- The Narts ás 20.00 horas no paseo do Malecón

? A partir dende as 21.00 horas na carpa do Chanto:
- Los Literales
- Noe González & Grüvzilla
- The Royal Flash
- Brinkadelia Troupe
- APHONNIC

? A partir das 4.30 horas na Terraza O Meigallo festa con DJ's

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada no Buril (Sarria)

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 17 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Verbena Galega no San Xoán de Sarria

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 17 )


Venres 23 de xuño ás 22:00h con Carapaus, Airiños da Freba e O Sonoro Maxín

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto deLombaos en Sarria

(texto engadido o día 20/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio no Local da A.C.D.E Buril

Entrada de balde. Apertura de portas apartir das 23:00. Concerto as 00:00.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada no Buril (Sarria)

(texto engadido o día 19/ / 5/ / 17 )


Venres 19 de maio ás 21:00h
Sarria.

Haberá Iscos e queimada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



4ª Estremonía Cantada (Cantos de taberna) - Sarria

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo ás 18:00h

Chegan por cuarto ano os cantos de taberna a Sarria!

Contamos nesta edición con 16 grupazos de Sarria e de toda Galicia, que se repartirán e rotarán por 2 rutas de 8 Tabernas.

Pinchade no cartel do evento e veredes desplegadas as 2 rutas e os 16 Grupos que tocarán dende as 6 da tarde.

Pola noite serviremos unha cea na sociedade A Unión a partir das 10.30. Pódense coller as entradas no ambigú da Unión por 10€.

Despois da cea cada grupo tocará unha peza e actuará Cé orquesta pantasma, sendo a entrada de balde para todos os que nos queirades acompañar.

Organiza: A.C. Peleiriños

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Moendo Muiñeiras en Sarria

(texto engadido o día 1/ / 10/ / 16 )


Domingo 2 de outubro na casa da Cultura de Sarria ás 20:00. Entrada libre

Moendo Muin?eiras e? un especta?culo que xira o? redor da muin?eira, no que se misturan a partes iguais teatro, baile e mu?sica. 

Os protagonistas da historia fara?n un percorrido polas catro formas de muin?eiras conservadas a di?a de hoxe: 

muin?eira nova, muin?eira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violi?n.



Sipnose: Que pasari?a se recibises unha carta anuncia?ndoche que herdas un antigo mui?n?o? 

Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a su?a vida ao voltar as su?as orixes. 

Uxi?a, moza de Brais, herda un mui?n?o de Xose?, alcumado O muin?eiro. 

Neste mui?n?o, pasara?n cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo 

ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avo?s, Sofia e Xocas. 



Unha historia de amor, de vida, de baile e de mu?sica acontecida en 1936 entre farin?a e muin?eiras.



Equipo Arti?stico: 

Uxi?a/Sofi?a : Montse Rivera

Xocas/Brais: Xabier Iglesias

Xose? o muin?eiro/guerrilleiro: Jose? Varela 

Voces en off: Paloma Lugilde, Carlos Di?az



Equipo Tecnico:

Luces e son: Alfredo Sarille

Creacio?ns musicais para o espazo sonoro: Carlos Di?az

Mu?sica en directo: Jose? Varela

Coreografi?as baile tradicional e cantos: Xabier Iglesias, Montse Rivera 

Construcio?n mui?n?o: Jorge Illa?n

Desen?o gra?fico: Sabela Eiriz

Unidades Dida?cticas: Xabier Iglesias, Montse Rivera, Jose? Varela, Paloma Lugilde

Fotografi?a e Video: Bruno Ma?ez

Dramaturxia, desen?o espazos e direccio?n: Paloma Lugilde

Producio?n: Xabier Iglesias



 



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Esmorga Popular en Sarria

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


Sábado 02 de xullo


Como todos os anos as asociaciós Peleriños, Rúa da música e A Unión organizamos este festival, con entrada de balde, no que este ano contaremos con:

- Cantareiros da Unión.
- Rebuldeira Teatro.
- Foliadas e cantos de taberna abertos a todo o mundo.
- Sorteo de agasallos, e como non...o mítico sacho!!
- Exposiciós de artesans.
- Cea popular.
- Concerto de Flying Boogalos.
- Concerto presentación de Doctor Pe y los literales.
- Jam Session.

Que non falte ninguén, que pasamos lista!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Foliada de Melide
http://www.foliadamelide.com/
(texto engadido o día 21/ / 4/ / 16 )


22, 23 e 24 de abril. Melide, A Coruña


VENRES 22 DE ABRIL

Casa da Cultura a partir das 22h.

- Estrea da curtametraxe "O tesouro da ferreña", unha producción en exclusiva para a Foliada
de Melide
- Actuación de Cantata Vernácula.


SÁBADO 23 DE ABRIL

MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS
Abrirá as súas portas a partir das 11h e permanecerá instalada na Praza do Convento durante
toda a fin de semana. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan
dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes tradicionais,
talla de madeira, pedra ou coiro.

CANTOS DE TABERNA
Este ano celébrase a oitava edición. Os grupos participantes son:
1. Chanqueiros da Gaita Escola (Mondoñedo)
2. Alén do Mar (Bergondo)
3. Os Trapeiros (Melide)
4. Os Sons da Mina (Vila de Cruces)
5. Cantos Bohebrios (Sarria)
6. Os do Pilón (Arzúa)
7. A Fonte de Merlán (Palas de Rei)
8. Muxiqueiros (Melide)
9. Vaiche Boa (Visantoña - Santiso)
10. Fiadeira (Antas de Ulla)
11. Airiños Galegos (Santurtzi)
12. Reviravolta (O Pino)
13. Sobreiras do Ulla (Touro)
14. Viute o Demo (Sada)
15. Rondalla Moraima (Arzúa)
16. Os Sobraos (Bergondo)
17. Doces Lembranzas (Barakaldo)
18. @s Pantoxos (A Coruña)
19. Os Corenta e Chinco Boys (A Pobra do Brollón)

ANIMACIÓN DE RÚA
A Rexouba (A Coruña)
Os Treboeiros da Muimenta
Asoc. Cultural Faltriqueira de Muros

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL
"Entra no baile a bailar..." é o nome do obradoiro que Carme Campo e Chus Caramés se
encargarán de impartir e que está dirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente
participativo coa intención de contar con nenos e maiores interesados en aprender recursos
de baile tradicional.
O obradoiro levarase a cabo a partir das 18h na Praza do Convento

MARCHA GAITEIRA
As sete da tarde. Participarán quince agrupacións musicais que se repartirán por diferentes
rúas e prazas.

SERÁN
1. Herba Grileira (Melide)
2. Pozo pequeno (Melide)
3. O Bingo Birón (Toques)
4. O ´Bringuelo (Arzúa)
5. Gaiteiros do Balado (Toques)
6. A Maristela (Sobrado dos Monxes)
7. Fiadeira (Antas de Ulla)
8. Fol da Chousa (Visantoña - Santiso)
9. Falcatrueiros (Monterroso)
10. A Rexouba (A Coruña)
11. Airiños Galegos Doce Albor (Santurtzi)
12. Froito Novo (Melide)
13. Castro Curbín (Arzúa)
14. Doces Lembranzas (Barakaldo)
15. Palacio do Rei (Palas de Rei)

CONCERTOS
Como remate do Serán, a partir das doce da noite actuarán Os D´abaixo e Falperrys


DOMINGO 24 DE ABRIL
Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa maior parte na Praza do
Convento onde a Mostra de artesanía e instrumentos será o principal atractivo.

ANIMACIÓN DE RÚA
Durante toda a fin de semana a animación polas rúas estará conducida por diferentes grupos
musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O GAITEIRO DE SAN XUSTO. O SON DA ULLOA"
Do gaiteiro da Ulloa Bruno . Coa actuación do grupo Tango en Xaneiro e colaboradoras.
Á s 12h na Capela de Santo Antón

SESIÓN VERMÚ
Ás 14h o grupo Leirabuxo será o encargado da Sesión Vermú na Praza das Ichoas

PROGRAMACIÓN INFANTIL
Espectáculo "Zona de Obras" de Brais das Hortas ás 17h na Capela de Santo Antón.
Entrega dos premios do concurso "Xente Cativa", un concurso de debuxo dirixido
aos nenos e nenas dos colexios da comarca da Terra de Melide.
A partir das 18h na Praza do Pozo Pequeno a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
realizará un obradoiro de Xogos Populares dirixido a todos os públicos.

MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
Nesta edición actuará a Escola de música e baile tradicional O´Bringuelo de Arzúa.

CONCERTO
Actuación na Praza das Coles ás 20h de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, acompañados por Gutier Álvarez na zanfoña e violino, e Javier Álvarez co
acordeón diatónico.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A.C. Peleriños (Sarria) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 15 )


Os días 18 e 25 de setembro podedes achegarvos a coñecer algunhas das clases da A.C. Peleriños

Será no local Breogán, totalmente de balde, As 19h baile e música tradicional para nenos, ás 21h aula de canto e ás 22h baile para adultos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Garitosis 2015 (Sarria)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 15 )


Sábado, 12 de setembro ás 15:37
Travesia Arias de Arvieto, Sarria

Sesión Vermu na Travesia dos Soños a cargo de Breakin`Bones.

A partires das 20h na Rúa da Música (travesia Arias de Arvieto) Concertos de:
Leo Arremecághona
Liviao de marrao
Colloada Salvaxe
Aspergillvs (gravando o directo como gañadores do concurso de bandas)
Lujuria
Skandalo Gz

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pitusa Semifusa en Sarria

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


5 de setembro ás 19h no Paseo do Malecón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIX Xuntanza Val de Sarria - Peleriños

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


Este sábado 15 de agosto ás 19.00 terá lugar na Praza da vila a xuntanza de Peleriños.

Nesta ocasión acompañarannos os grupos Alegria de Tiembles (Toledo) e o grupo vasco Etorki Dantza Taldea (Ugao-Miraballes).

Agardámosvos na Praza. Invitade a través do evento a quen queirades.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de taberna en Sarria

(texto engadido o día 20/ / 2/ / 15 )


Sábado 21 de febreiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* Nace a Federación Galega de Festivais

* Voces Ceibes volve a Medicina, a facultade compostelá que os viu nacer no 68

* Polo San Martiño... peóns ao camiño!

buscar mais información
sobre sarria en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]