Resultados para:

sanjurjo
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'sanjurjo ':


SES nas Festas de Santa Rita de Vilagarcía

(texto engadido o día 20/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio ás 21:30h
Parque da Xunqueira, Villagarcia de Arosa.
19 Rúa García Caamaño.
Vilagarcía de Arousa.


Concerto de SES, coa banda ao completo, presentando o séu novo traballo "Opoñerse á extinción"

Compartiá escenario con Sanjurjo & Dopico

Entrada de balde
- María Xosé Silvar (Sés)- Sanjurjo & Dopico -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sés e Sanjurjo & Dopico no I Festival de Normalización Lingüística en Portonovo

(texto engadido o día 1/ / 10/ / 16 )


Sábado 1 de outubro a partir das 22:00h no Parque do Espiñeiro, en Portonovo, I Festival de Normalización Lingüística do Concello de Sanxenxo

22:00h Sanjurjo & Dopico.
22:45h SES

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MUSICA CONTRA A TRATA (A Coruña)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 15 )


Venres, 25 de setembro ás 20:30 no Centro Ágora


Contamos para iso coa presenza de artistas implicados nos movementos sociais e nas músicas de raíz que ofrecen a súa colaboración á Rede aportando o seu traballo e o seu talento á loita contra a explotación que uns seres humanos fan de outros seres humanos.

SÉS. A cantautora coruñesa Maria Xosé Silvar, máis coñecida como SES, e unha das artistas máis relevantes da actual escea musical galega. Actualmente está a presentar o seu terceiro traballo "Tronzar os Valos" que viu a luz o pasado mes de marzo, un traballo que afianza a condición de artista carismática e de gran forza persoal.

SANJURJO & DOPICO. Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixapren, Balakandra) unen forzas neste novo proxecto acústico, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns aderezados da súa particular visión musical.

BOUBA Pandereteiras. Cinco mozas da comarca de Compostela que centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para logo poder mostrar polo mundo adiante o poderío dos nosos vello e a forza da nosa música. Como din elas, festa? a nosa!!!

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho Central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto fesivos), de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h (pago en efectivo)
Sede de AFundación: de luns a sábado (incluidos festivos) de 9:00 a 21:00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
Despacho de billetes do Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (pago en efectivo). SÓ SE QUEDAN ENTRADAS DISPOÑIBLES
Televenda: 902 504 500, de luns a sábado, de 8:00 a 22:00 h
Venda en liña: www.ataquilla.com (pago con tarxeta)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



100 Aniversario Eferro (Viladecruces)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Sábado 19 de setembro

No taller, de 12h a 19h
- Home Orquestra
- Ruadeiras de Loimil
- As Subelas
- Sanjurjo and do Pico
- Raigañas de Cerqueda
- Viravolta títeres
- Isabel Risco
- Aldomir
- Cantata vernácula
- Os fondaos do pífaro

No ría, ás 20h
- Odaiko
- Bouba
- Sés
- Carapaus

Recollida de zapatos usados para doar aos servicios sociais dos concellos de Vila de Cruces, Mondariz, As Neves e ASOLPA Paradanta

Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca Eferro poden manter vivo un oficio tradicional actualmente en extinción, facendo del un modo de vida.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Desaramar, novo proxecto musical, preséntase o 7 de Marzo en A Coruña
http://www.desaramar.com/
(texto engadido o día 10/ / 2/ / 14 )


7 de marzo ás nove da noite Centro Agora da Coruña.

“Desaramar” é a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar. Creado por Maria Xose Silvar (Sés), o proxecto tenta extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel.

Podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade. Para isto, promovemos un espectáculo musical en que Sés, apoiada pola súa banda e numerosos colaboradores fará un percorrido por temas propios e alleos que, dalgún modo, nos instalan nesta idea.
Desaramar, romper os arames que nos impiden vivir en paz, é posíbel. A educación na igualdade é posíbel e hai que levala a cabo desde todas as tribunas, tamén desde os escenarios.

E a unión é a chave: mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións.

Desta volta, Sés estará acompañada de Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sánz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco.

Podemos desaramar, e podémolo facer cantando.

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Próximos concertos de Uxí­a Senlle (Agosto 2013)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 13 )


Sábado, 24. MEU CANTO. (Praza do Tapal ás 22h. NOIA)
Domingo, 25. ROSALÍA PEQUENIÑA. Praza das Letras ÁS 20h. CARBALLO
Luns, 26. ROSALÍA PEQUENIÑA. XOVE (LUGO) 12 da mañán
Martes, 27. ROSALÍA PEQUENIÑA. DUMBRÍA (Ézaro) ás 20h
Xoves, 29. MEU CANTO con JOÃO AFONSO (Bodegas MARTÍN CÓDAX) Vilariño. CAMBADOS
Venres, 30. MEU CANTO (BAIONA)
Sábado, 31. BANDA HOSPITALEIRA DO MINHO. No Festival da Poesía de SALVATERRA DO MIÑO ás 21h. Con Vítor Coyote, Rómulo Sanjurjo e Sérgio Tannus
- Uxí­a Senlle -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Sés propón Desaramar, para cortar arames de inxustiza coa música

* Ses lidera Desaramar, un proxecto musical reivindicativo

buscar mais información
sobre sanjurjo en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]