Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.
RETROUSO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR
Nace no ano 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande, actuando por primeira vez nas Festas do Socorro da parroquia. A agrupación de música tradicional e popular participou en múltiples eventos musicais e festivos da máis diversa índole como os Seráns da Sala Nasa, en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro, tamén en Santiago, de Música nas Rúas organizado polo Concello de Santiago. Participou tamén en dúas ocasións no desaparecido Festival Músicas da Terra de Ouzande, e outras dúas mais no prestixioso Folk de Raíz en Callobre, este mesmo ano 2012. En 2008 foi o gañador do Concurso de música tradicional Xiradela na localidade coruñesa de Arteixo, participando noutros certames semellantes en Luou e na Coruña. No ano 2010 participou no prestixioso Festival As Nosas Músicas de Couso, repetindo cartel no presente ano 2012. No ano 2011 participou tamén con éxito no Manguelo Folk de Orazo. Ese mesmo ano, tivo a ocasión de participar no festival céltico de Saint Loup da localidade bretoa de Gwegamp, convidado polo grupo santiagués Pana Raiada. Ademais ten participado en numerosas festas e romarías en concellos como Trazo, Vedra, Barro, Ordes, Laxe, Caldas...., sen esquecer as súas múltiples participacións en celebracións festivas do Concello da Estradas e numerosas parroquias do mesmo. O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e será presentado oficialmente o próximo venres 30 de novembro no Teatro Principal da Estrada. O disco foi producido polo músico, acordeonista do grupo, Marcos Varela, que é o autor de varias pezas e dos arranxos de todos os temas. O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes.
Compoñentes:
Noelia Bouzón: gaita Cesar Vicente: gaita Fon Chedas: gaita e acordeón Pablo Neiro: gaita e acordeón Oscar Durán: gaita Martín Varela: gaita Ines Bugallo: gaita e percusión Manuel Anxo Rey: gaita Manu Bouzón: gaita Miriam de Castro: gaita Marcos Varela: acordeón Xosé Martíns: percusión e saxo Manuel Bouzón: percusión Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada) Darío Balado: voz (Convidado)
Escola de Música e Baile Tradicional VAI DE RODA (Rianxo) Sábados pola tarde no baixo da Biblioteca Municipal de Rianxo http://www.blogoteca.com/vaideroda Baile, pandeireta, gaita, percusión
Asociación Cultural A Fuliada http://www.fuliada.blogspot.com No Ambulatorio vello de Betanzos os Xoves de 19:30 a 20:30 con flauta e gaita , e os sábados a partires das 17:30 con baile tradicional. A finalidade de estas actividades é ir collendo os coñecementos necesarios para poder desfrutar da nosa cultura.
O BIERZO
Centro Galicia en Ponferrada Colexio Público Navaliegos http://centrogaliciaenponferrada.blogspot.com/ Pandeireta, gaita, percusión e baile
COMPOSTELA
Escola Livre da MPG Centros Socioculturais cedidos polo Concello do Castiñeiriño, Pontepedriña e Fontiñas (As oficinas de aCentral Folque atópanse no barrio de Vista Alegre, na zona norte da cidade e centralizan toda a actividade organizativa da Escola Livre da MPG) http://folque.com/centro.php?txt=arbore_web7&lg=gal gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico
Gentalha do Pichel rua santaclara, 21. Compostela http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/ iniciaçom à pandeireta, percussom tradicional, baile, gaita, percussom brasileira, capoeira...
Asociación Veciñal A XUNTANZA http://www.axuntanza.org Corredoira das Fraguas, 37 baixo Barrio de San Pedro, Compostela baile galego, canto, gaita, pandeireta, tamboril, acordeón..
Brincadeira http://www.brincadeira.org Rúa do Home Santo, 62 - Baixo - Santiago de Compostela BAILE, GAITA E PERCUSIÓN, PANDEIRETA, ACORDEÓN E BORDADOS.
Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS Algalia de Arriba 11 - Baixo, Compostela http://www.cantigaseagarimos.es BAILE TRADICIONAL, PADEIRETA E CANTO TRADICIONAL, GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, ACORDEÓN, LINGUAXE MUSICAL
Armadanzas de Laraño Laraño, Compostela http://www.armadanzastradicional.com Gaita, Acordeón, Percusión, Pandeireta e Baile
A CORUÑA
Cántigas da Terra http://www.cantigasdaterra.com Baile, Gaita, Pandeireta, Zanfona, Canto e Percusión Anótate nos teléfonos 981 203 284 ou 654 413 467 O prezo de cada unha é de 15 euros ao mes (agás zanfona que custa 10 euros cada clase). Na segunda actividade tes un desconto de 5 euros. Válido tamén se anotas a un parente! Mínimo catro alumnos por aula.
Obradoiro gratuito de canto Todos os venres de 20:00h a 21:00h no local da AAVV do Agra na rúa Entrepeñas 38 Para desfrotarmos cantando, a cargo de Ricardo Seixo Fernández.
FERROLTERRA
Escola de Música BELLÓNMACEIRAS (Fene) Rúa Antonia Montero nº11 baixo, Fene - A Coruña http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=2266
http://www.bellonmaceiras.com/ Gaita, Acordeón, Percusión Tradicional, Baile galego...
Universidade Popular de Corcubión http://universidadecorcubion.blogspot.com/ Baile, Pandeireta..
LUGO
Tradescola Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II' Rúa Pintor Corredoira, 4 · 27001 · Lugo http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/tradescola/Tradescola.html Gaita, Zanfona, Acordeón, Requinta, Percusión, Canto e Pandeireta, Linguaxe Musical, Baile Tradicional, Etnografía e Investigación
Asociación Cultural CÁNTIGAS E FRORES Nave de Asociacións. Local 10. Parque da Milagrosa, s/n. Lugo http://www.cantigasefrores.com gaita, percusión tradicional, baile tradicional, violín, zanfona, acrodeón, canto e pandeireta.
C. S. Madialeva Rua Manuel Amor Meilám (antiga Rua do Sol) 18 http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/ gaita, pandeireta, ..
A VOLTA DO AGRO Obradoiro de Cultura Tradicional Galega Rúa Paxariños, 32 baixo (LUGO) Tlf: 982 222390 (MARTA), 666370815 (ANA E MANUEL), 639993052 (SENÉN) http://www.avoltadoagro.org/ Gaita, percusión tradicional, baile tradicional, canto e pandeireta.
A MARIÑA ORIENTAL
A.F. O Arco da Vella Nos Colexios Vellos, San Miguel de Reinante - Barreiros (Lugo) BAILE, GAITA, PANDEIRETA e PERCUSIÓN
O MORRAZO
Asociación Cultural Loaira (Marín) https://www.facebook.com/acloaira e-mail: acloaira@gmail.com Grupos: -Grupo de Baile Trébede -Grupo de Pandereteiras Trébede -Vilarachos Actividades e cursos anuais: Baile tradicional, Canto e pandeireta, Gaita
Lembranzas da Ría (Cangas) http://www.lembranzasdaria.com/ Local de ensaio de Cimadevila, San Pedro - Cangas (ver mapa na web) baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión
O Retrouso de Cela (Bueu) Complexo Cultural de Cela (Bueu) http://www.blogoteca.com/retrouso/ baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral
OURENSE
AOFT Gomes Mouro - Escola de Música Tradicional de Ourense http://aoftou.wordpress.com EMT de Ourense (Tras bloque 8 - Baixo, Barrocás), Parque Barbaña, , EMT de Allariz, EMT de Maceda Gaita, percusión, canto, pandeireta..
PONTEVEDRA
TRÉPIA Asociación Cultural Palamios nº7 6º-A Pontevedra http://www.trepia.org pandeireta e canto, baile, gaita, tamboril, bordado..
Aula Folque Infantil (5 e 13 anos) e Laboratorio de Sons (8 e 15 anos) http://www.folque.com/centro.php?txt=arbore_web28&lg=gal A Aula Folque Infantil (AFI) pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. En paralelo, existe o Laboratorio de Sons, unha aula propia de experimentación diferenciada da AFI e que serve para a investigación sonora e escénica sempre co compoñente lúdico como motor da aprendizaxe
Trazantes (Tenorio - Cotobade) Instituto de Cotobade, en Tenorio http://www.trazantes.com Pandeireta, canto, baile, percusión e gaita
TABEIRÓS - TERRA DE MONTES
A Fervenza de Ouzande (A Estrada) http://carreiros.blogspot.com/ Gaita, baile, pandeireta e tamboril
TERRA DE CELANOVA
Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR (Concello de Ramirás) Praza de San Andrés. s/n. Vilavidal. Ramirás(Ourense) http://www.rebulir.blogspot.com/ Baile Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión Tradicional, Gaita..
A. V. C Casco Vello (Vigo) Rúa Oliva, 12 http://www.avcascovello.com Baile, Gaita e percusión, Canto popular e pandeireta, Acordeón diatónico, Confección de traxe tradicional Galego, Guitarra..
A.C.F. O Fiadeiro R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo. Vigo http://www.ofiadeiro.com Violín folk, Requinta, Baile tradicional, Zanfona, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto tradicional e pandeireta..
A. VV. Cultural e Deportiva " Castrelos " (Monte da Mina) Monte da Mina, 16 . Vigo - Tfno: 986472758 Gaita, acordeón..
Escola de Música de Mos Outeiro, s/n. Torroso - Mos http://www.crctorroso.com Gaita, Percusión tradicional,..
PORTUGAL
LISBOA
Centro Galego de Lisboa http://www.juventudedagaliza.com Rua Julio Andrade, 3 | 1150-206 Lisboa Gaita, baile galego, pandeireta..
Tradballs Pandeireta Galega por Sara Louraço Vidal Domingos, 15 em 15 dias Iniciados: 16h-17h Intermédios:17h-18h - Fábrica do Braço de Prata Rua da Fábrica do Material de Guerra, nº 1
Venres 20 de abril de 2012 ás 20:30h Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
Pola presente convócase proceso de selección de 3 voces pra participar no noso concerto do vindeiro 20 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña formando parte dun "Orneón" creado en exclusiva pra a ocasión e no que xa están confirmad@s máis de 20 persoeiros e artistas de primeira liña da música galega. Se queres participar tes que colgar na nosa páxina de Facebook un pequeno video cantando o retrouso de "La alegría de la huerta" demostrando por que mereces o posto. Non se valorará cantar ben, en absoluto, senón outros elementos que amose @ intérprete, como retranca, actitude, indumentaria, etc... Se non cres que sexa certo só tes que agardar ao 20 de abril e comprobalo. Lamentarás non ter mandado o video.
Brisas do Quenllo da Pontagra, C.C. A Pontavella e Reis-Teo, Faíscas da Pontagra, Pandereteiras Xentiña de Trazo, Pana Raiada de Santiago, Retrouso de Ouzande, e Os Xeitosos de Trazo
En outubro arrincan as Escolas de baile e música tradicional Retrouso en Cela (Bueu).
Baile iniciación nen@s. Débora Pena. Xoves á tarde Baile iniciación adult@s. María Casaleiro. Xoves á noite. (Pendente de creación de grupo, podería cambiar de día) Baile perfeccionamento adult@s. Miguel Sotelo. Sábados de 10 a 12h.
Gaita. Cristóbal Prieto. Sábados de 11 a 13h.
Percusión. Alberto Costas. Xoves de 20.30 a 22h.
Canto e pandeireta iniciación (grupos de nen@s e adult@s). Tania G. Ruibal. Venres á tarde Canto e pandeireta perfeccionamento (grupos de nen@s e adult@s). Guillerme Ignacio. Venres tarde-noite.
Acordeón (grupos reducidos de nen@s e adult@s). Andrea Navarrete. Martes tarde-noite.
Grupos distintos para nen@s e adultos e por niveis. Prezos desde os 12€/mes.
IV Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 11 )
A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos: - Retrouso (Ouzande) - Os Xeitosos de Trazo - Gharatuzas (Santiago) - Reviravolta (O Pino) - Faíscas da Pontraga (Tordoia)
Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.
O adiado festival de xullo vaise celebrar este domingo, 28 de agosto. Como coincide coa data da Festa dos Mozos de Cela (que non se celebran como tales), imos organizar antes do festival, ás 19h, as tradicionais "Vivas" nas que se repartirá viño aos asistentes.
O sábado 20 de agosto van rematar as XVI Noites de Folclore, organizadas polo Concello de Cangas, coas tripla actuación do Grupo de Danzas Soavela, do Hio, da Asociación Cultural Retrouso de Cela, Bueu, e por último, do Rancho Foclórico e Recreativo de Godim-Régua, da zona do Douro portugués
Xa está aquí o MANGUELO !!! 15 grupos distintos , máis de 12 horas de música en directo , zona de acampada , aparcadoiros gratuítos , polbeiro e bocatas , copas a prezos económicos e ....Moitas gañas de FESTA !!! Non o dubides....ven ao Manguelo !!!
21 DE MAIO 2011
Orazo
Pola mañá : a partires das11.00 h. : as charangas BB+ e Antaruxa percorrerán tódolos lugares da parroquia .
A tarde : a partires das 18:00 h.
o Xuntanza dos Regatos . o Lilaila . o A.F. Colexiata do Sar . o Circo de rúa : Assircópatas . o Oskehai . o Pandereiteiras de Bouba . o Pandereiteiros Maghúa .
Pola noite : a partires das 23:00
o Xuntanza dos regatos . o Retrouso . o Regato de Matamulleres . o Quempallou . o The Crass . o Sacha na Horta .
Durante os tempos mortos actuarán os Larpeiros . Máis información no telf-616534077 luís