O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.
Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.
Deste xeito, cun acto inaugural preténdese dar comezo as XXVII Xornadas de Folclore, que a partir do día 8 de Agosto percorrerán as Vilas da Provincia de Ourense con grupos chegados de diferentes puntos do globo.
- Data: 8 de Agosto de 2011 - Lugar: Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz) - Hora: 20:30 h - Entrada: Gratuíta (Prioridade membros grupos Xornadas de Folclore)
Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.
No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.
Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Alemaña, Letonia, Lituania, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.
Mostra 17:00h- Apertura de Mostra 17:30h- Pregón a cargo de Raúl Galego 18:00h- Demostración práctica de construcción de palletas (Jaime Pena) 19:00h- Actuación dos Carunchos 20:15h- Obradoiro de Treboada (Oli Xiraldez) 20:45h- Escenario libre para Músicos espontáneos
Actuacións Bloquinho de Xermolos (Galiza) Salta no Cribo (Galiza) Ruaille-Buaille (Euskadi-Irlanda) Terrakota (Portugal) No Reply (Madrid- Nova Orleans)
Domingo 7
Mostra 11:30h- Apertura da Mostra 12:00h- Repertorio tradicional de Compostela e comarca (Lois Mouriño e Xosé Tuñas) 17:00- Demostración práctica de construcción de palletas (Jaime Pena) 18:00- obradoiro de baile tradicional (Xavier Iglesias) 19:00- Actuación da Orquesta "Os Modernos" 20:00- Escenario libre para Músicos espontáneos
XXVIII Festival Internacional de Folclore en Serdezelo - Guimaraes (Portugal)
(texto engadido o día 15/ / 7/ / 11 )
16 de Xullo
17 horas: Recepção dos grupos convidados;
18 horas: Jantar Convívio na Didáxis Cooperativa de Ensino;
20.30 horas: Preparação do desfile, seguido das habituais cerimónias de condecoração dos grupos convidados e início do festival com a participação dos seguintes grupos:
Rancho Folclórico Ceifeiras e Campinos da Azambuja - Ribatejo;
Rancho Folclórico e Etnográfico de Cova do Ouro e Serra da Rocha - Coimbra - Beira Litoral;
Racnho Regional de Fânzeres - Gondomar - Douro Litoral;
Rancho Folclórico da Casa do Povo de Serzedelo - Baixo Minho;
Asociación Cultural Muiños de Oliveira - Pontevedra;
Rusga Típica da Correlhã - Associação Cultural e Recreativa Corneliana - Ponte de Lima - Alto Minho
Un festival animado, tradicional o mesmo tempo que actual, con moitas horas de traballo enriba...esta é unha pequena definicón de "Fiando Miúdo"; o cal terá lugar este domingo, 19 de xuño, no Centro Cultural de Beade.Se temos que nombrar a un grupo ou asociación, que difunda a cultura galega, non só polas nosas cidades, se non que tamén a nivel nacional e internacional, esa é a Asociación Folclórica Andarela. Promove o folclore galego, cunha calidade, que non deixa indiferente a ninguén; marcando o máis alto nivel alá donde vaian. Tan só hai un mes, fixeron unha viaxe a Castellón, participando nun festival internacinal, no cal había grupos de Italia, Portugal,...e como non, fixeron unha incrible mostra da Cultura Galega.
O festival que se celebrará este domingo, trátase da 21 edición de "Fiando Miúdo", e podo asegurarlles que a pesar dos anos que se leva organizando, cada festival que pasa é mellor que o anterior; cousa que non vai cambiar no de este ano. "Fiando Miúdo" non é máis que unha mostra do traballo que realizou durante todo este ano a Asociación Folclórica Andarela. Un traballo levado a cabo por tódolas seccións coas que conta esta Agrupación: - Escola infantil de baile - Escola de baile para maiores - Grupo principal de baile - Cantareiras e pandereteiras - Grupo de gaitas
Estes grupos, non só nos fascinarán coa súa boa música e bo baile. Senon que tamén realizarán unha pequena representación teatral, na cal se mostra unha escea popular, para non olviadar a Galicia tradicional, da cal proven a nosa cultura. Non podemos olvidar deste festival, a homenaxe que se realizará a tódolos socios incorporados no último ano e o profesorado da Agrupación. Todos estes, xunto cos artistas, os impulsores de que este festival se poida realizar ano tras ano, como se ven facendo dende hai 21 anos.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos animalos a que este domingo 19 de xuño, ás 19 horas, pasen polo Centro Cultural de Beade, para disfrutar do festival "Fiando Miúdo" da Asociaciñon Folclórica Andarela; o cal sen dúbida non terá perda.
éMundial | Evento comemorativo dos 30 anos da Associaí§om Galega da Língua. Porque o galego”¦ í‰ MUNDIAL! http://agal-gz.org/emundial/
(texto engadido o día 17/ / 6/ / 11 )
A Associaçom Galega da Língua (AGAL) cumpre 30 anos em 2011, umha idade pouco comum no tecido associativo galego. Para o festejar organiza o éMundial, umha semana de eventos para mostrar que a língua da Galiza é assim, «mundial». Será de 4 a 9 de julho em Santiago de Compostela.
Música, mesas redondas, vídeo, gastronomia, obradoiros de leitura ou roteiros gastronómicos som só algumhas das propostas que decorrerám durante a segunda semana do mês de julho em espaços como o parque de Sam Domingos de Bonaval, a Borriquita de Belém, As Duas, a Casa das Crechas ou a Sala Nasa.
Por éMundial desfilarám pessoas que falam a língua da Galiza com diferentes sabores e musicalidades, mas todas baixo um nexo comum, o idioma. Assim, gente chegada de Angola, de Portugal ou do Brasil, junto com galegos de diferentes ámbitos e o público que participar no evento, porá de relevo o valor internacional da língua galega e a diversidade e riqueza que entesoura.
Trinta anos da AGAL
A Associaçom Galega da Língua é umha associaçom sem ánimo lucrativo, legalmente constituída em 1981, que visa a plena normalizaçom do galego-português da Galiza e a sua reintegraçom no ámbito lingüístico a que historicamente pertence: o galego-luso-brasileiro.
Artistas e propostas
Durante a semana de atividades programadas participarám no éMundial cantores e grupos de música —como Malandrómeda, Tropico de Grelos ou Uxía—, escritores como Concha Rousia (Galiza) ou Paulo Soriano (Brasil), representantes de festivais como o de poesia do Condado ou de empresas como imaxin|software —especializada em engenharia lingüística—. Ainda, haverá mesas redondas de variada temática, como umha protagonizada por Angola, projeçons audiovisuais, obradoiros de leitura para crianças, conta-contos e várias surpresas mais. A seguir reproduzimos o programa provisional.
Atividades diárias de 4 a 9 de julho
Roteiro de petiscos
Exposiçom de fotografia de Maria Rodrigues (Portugal), na Casa das Crechas
Exposiçom sobre o Movimento dos Sem Terra (Brasil), na Biblioteca Ánxel Casal, com fotografias de Sebastião Salgado (BR)
Também há atividades específicas para cada dia:
Segunda-feira, 4 de julho
20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). Lançamento de dous livros do Paulo Soriano (Brasil), Contos Galegos e Histórias Nefastas. Apresenta Carlos Campoi, do Clube de Leituras de Português da EOI de Santiago de Compostela.
23:00h, na Borriquita de Belém (r/Sam Paio de Antealtares nº 22). Jam Brasil, com o guitarrista Sérgio Tannus como mestre de cerimónias.
Terça-feira, 5 de julho
11:00 a 12:30h, na Biblioteca ‘Ánxel Casal’ (r/Joám XXIII s/n). Ateliê de leitura em português para crianças, com Carlos Valcárcel (Galiza).
20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). Mesa redonda «Lusofonias a morarem na Galiza». Diferentes pessoas de outros pontos da Lusofonia vam relatar a sua integraçom social na Galiza, por sinal, matriz da língua portuguesa. Apresenta Xurxo Troncoso.
Quarta-feira, 6 de julho
20:30h, no Centro Social ‘A Gentalha do Pichel’ (r/Santa Clara nº 21, rés-do-chão). Lançamento da Breve Antologia Poética de Guerra da Cal, ediçom a cargo de Carlos Durão, e do website dedicado ao centenário do escritor. Intervenções de Concha Rousia (poesia) e Joám Evans (site). Organiza a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa.
23h. Esplanada da Casa das Crechas (Via Sacra nº 3). Vídeo-clipe de Ugia Pedreira e Fred Martins mais fragmentos do documentário A Música Portuguesa a Gostar dela Própria, de Tiago Pereira.
Quinta-feira, 7 de julho
20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). «Angola Acorda?»: bate-papo sobre a mobilizaçom juvenil em Angola. Apresenta Pablo Blanco, coordena Aline Frazão.
22:30h. A Casa das Crechas (Via Sacra nº 3). Festivais da Lusofonia: Andanças (Diana Mira, Portugal), Festival da Poesia (Manolo Soto), Cantos na Maré (Uxía). Organiza a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, apresenta Maria Xosé Castelo Lestom.
Sexta-feira 8 de julho
20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). Mesa redonda «Empresas e a oportunidade da língua». Apresenta Ângelo Lodeiro, de Projeto U-lo. Interenções das empresas imaxin|software, Sacauntos e Global Nova.
O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...
A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo un chamamento a Festa. Así, tratase de transmitir en todo momento a atmosfera lúdica e participativa que cada 17 de Maio se vive en Vilanova dos Infantes.
Lugar: Auditorio Ilduara (Celanova) Data: Sábado 14 de Maio Hora: 20:30 h. Entrada: Gratuíta (Ata completar aforo)
Recordemos que Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.
No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.
Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.
Un adianto do que pode dar de sí este espectáculo vai neste vídeo do Alalá adicado ao Grupo Castro-Floxo no seo da Romaría Raigame fai dúas edicións.
Os postos de artesanía permanecerán instalados durante toda a fin de semana na Praza do Convento. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes tradicionais, talla de madeira, coiro… etc
CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA
O sábado 30 de abril, na primeira xornada da Foliada celebrarase o 3º Concurso de cantos de taberna. Participarán quince formacións que percorrerán a zona dos viños de 12:00h a 15:00h. Cada grupo fará un percorrido por dez tabernas e serán os taberneiros os encargados da puntuación. O grupo que ao final do percorrido obteña maior puntuación será o gañador. A entrega de premios será ás 18:00h na Praza do Convento coa actuación dos tres primeiros clasificados.
GRUPOS PARTICIPANTES
1. OS TRAPEIROS (Melide) 2. AXÓUXERE (Melide) 3. GRUPO VISANTOÑA (Santiso) 4. BINGO BIRÓN (Toques) 5. RONDALLA MORAIMA (Arzúa) 6. FIADEIRA (Antas de Ulla) 7. SOBREIRAS DO ULLA (Touro) 8. REVIRAVOLTA (O Pino) 9. O TRASNO (Santiago) 10. OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada) 11. ALÉN DO MAR (Bergondo) 12. A GHAITA DO AVÓ (Marín) 13. A FERRIÑA FURTIVA (Redondela) 14. AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi) 15. A CASA DA TROULA (Rekalde)
SEMINARIO DE PERCUSIÓN PARA O CANTO TRADICIONAL
Desenvolverase o sábado no Edificio Multiusos en dúas sesións. Unha sesión teórica pola mañá dirixida por Francisco Estévez “Chuco” e unha sesión pola tarde dirixida por Roi Adrio. O Seminario está organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos e centrarase nos instrumentos de percusión utilizados para o canto tradicional, moitas veces relegados a un segundo plano como “instrumentos de acompañamento”. O seminario ten como destinatarias todas aquelas persoas interesadas no mundo do canto e da percusión galega, especialmente os seus estudosos e intérpretes.
SERÁN
O serán é o xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura foi un serán, unha reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia. A partir do serán surxiu todo o demáis. O serán é unha festa. Uns tocan para que outros poidamos bailar. Hai quen se inicia no baile, outros máis avanzados… “e o que non canta nen baila, qué ven facer ao serán? Aprender catro mentiras para ir contar mañán”. Non, tamén se pode vir a disfrutar dunha noite de música, bon ambiente na que participarán dezaoito agrupacións musicais:
1. HERBA GRILEIRA (Melide) 2. FROITO NOVO (Melide) 3. AXÓUXERE (Melide) 4. LEIRABUXO (Melide) 5. ABEANCOS (Melide) 6. POZO PEQUENO (Melide) 7. FOL DA CHOUSA (Visantoña) 8. BINGO BIRÓN (Toques) 9. GAITEIROS DO BALADO (Toques) 10. A MARISTELA (Sobrado) 11. FIADEIRA (Antas de Ulla) 12. FALCATRUEIROS (Monterroso) 13. BICO DA BALOUTA (Agolada) 14. VARACUNCAS (Rodeiro) 15. XIRANDOLA (Bandeira) 16. PAO DE BUXO (Silleda) 17. OS DA TROULA (Cesuras) 18. AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
CONCERTOS
Na xornada do sábado, o serán dará paso aos concertos de Cé-orquestra Pantasma, o home orquesta e Quempallou, que despois dunha década de actuacións polos escenarios máis importantes de Galicia e da península, chegan á Foliada para presentar o disco “Once anos mallando”. Un recopilatorio que inclúe cinco cortes de cada un dos seus discos. Festa e folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.
Na xornada do domingo actuará Espido, o dúo formado por Guadi Galego e Guillermo Fernández, membro de Berrogüetto. Con esta formación consolidáronse como nomes destacados e de prestixo no panorama musical galego. Espido será a actuación que peche a VII edición da Foliada.
ANIMACIÓN DE RÚA E PRAZAS. MÚSICA, XOGOS E TEATRO
Será un dos pratos fortes desta edición. Pasarrúas con xigantes e cabezudos acompañados polos grupos TREBOEIROS (Galicia), RANCHO FOLCLÓRICO “OS ROUXINOIS DO DAO” (Portugal) Actuación dos vascos ARPELIK EZ, grupo musical que tocan trikititxas e txalapartas. O domingo pola mañá na praza das Ichoas estarán instalados XOGOS TRADICIONAIS coa colaboración da AGXPT. Pola tarde actuación de tetro na praza do convento con PETER PUNK.
Concerto - Presentación Discográfica de Noitarega, "XXI"
(texto engadido o día 8/ / 4/ / 11 )
O vindeiro sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, o grupo de música tradicional Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu último traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus máis de 21 anos de carreira.
Formado en 1989, Noitarega está considerado como un dos máis relevantes grupos da música tradicional galega, tendo ofrecido actuacións tanto por todo o territorio español (Expo 92 de Sevilla, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, Festival Internacional de Mérida, Teatro Caixanova de Vigo, etc) como en diversos países como Portugal, Francia ou os Estados Unidos, compartindo esceario con artistas da talla de Luar na Lubre, Berrogüetto ou Susana Seivane, entre outros.
Para esta presentación, Noitarega contará con 16 convidados de luxo: Susana Seivane, Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Roberto Comesaña (Cristina Pato), O Fiadeiro (con Miguel Souto, María Prieto, Carmen Pérez e Berto Costas), Pandeireteiras Grialia (Laura Vila, Patri Sobreira e Sara Abalde), Coral Lago (Gaideón), a mezzosoprano Nuria Lorenzo (directora do Coro Universitario de Vigo) e Silvia Costas.
Sen dúbida, unha cita ineludible para os amantes e seguidores da música tradicional galega.
O noso espectáculo “Les Trois de Cora: de Belleville à Pigalle” propón unha viaxe polo tempo e polo espazo. Constrúese fundamentalmente sobre a fusión entre música e teatro. E unha boa oportunidade para o público de achergarse por unha parte á chanson française e aos seus artistas máis representativos, así como de coñecer anécdotas curiosas sobre os barrios da cidade das luces.
Luns día 7 ás 22h30 (entrada 3€)
Yoni Mediogramo
Un espectáculo PolitoxiCómico de humor salvaxe escrito e interpretado por Juanillo Esteban (A Coruña). YONI é un bufón urbano que pon en escena un monólogo delirante baseado nas súas tráxicas experiencias no mundo das drogas. Un espectáculo para persoas adultas e inteligentes. Tes que coñecer a YONI antes de que done o seu corpo á CIENCIA-FICCION !!!
Martes día 8 ás 22h30 (entrada 3€)
Kana Kaiana
O objectivo está claro: mover-se! O trio brasileiro formado por Paulo Silva, Sérgio Sales e Fábio Bão faz música para divertir, dançar e extravasar, misturando os ritmos brasileiros Baião, Forró, Sambalanço e Afoxé aos ritmos mais internacionais como o Reggae. Os autênticos representantes da MPB: Musica Para Balançar.
Venres día 11 ás 19h00 (entrada por invitación)
Presentación
GV. Atelier de moda.
Arte, moda e vangarda. Esta é a síntese coa que o deseñador Gonzalo Vázquez define o seu proxecto artístico GV. Unha liña de vestiario que nace e se consolida no eido das artes escénicas con arriscadas propostas de atrezzo e vestiario para a música e o teatro e que agora se presenta como un traballo único e artesán para todos os públicos. Talento e identidade creativa son as novas premisas que conforman o novo paradigma da moda galega neste ano 2011.
Luns día 14 ás 22h30 (entrada 3€)
Sons do Coração
Voces da Galiza, Brasil e Portugal celebran o San Valentín cantándolle ao corazón: Isabel Leal, Uxia, Najla Shami, Sérgio Tannus, Inês Salselas, Magín Blanco, Fred Martins, Serginho Sales...
Luns día 21 ás 22h30 (entrada 3€)
Aline Frazão & Marco Pombinho "Canções para Luiza"
Basta um piano e uma voz para começar essa viagem pela bossa-nova, pela MPB e pelo Jazz. O pianista português Marco Pombinho e a cantora angolana Aline Frazão recebem-nos a bordo desse barco rumo a terras do sul com "Canções para Luiza": uma homenagem a Tom Jobim, Chico Buarque, Djavan, João Gilberto e outros gigantes da música brasileira.
Martes 22 ás 22h30 (entrada 3€)
Noitarega
Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Grupo formado no ano 1989 que, precisamente para conmemorar o seu vixésimo primeiro aniversario, acaba de editar "XXI", o seu novo traballo discográfico, un disco que conta coas colaboracións musicais de Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos (Crema de Gaita), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís "O Caruncho", entre outros.
SÁBADO 18 DE DECEMBRO DE 2010, 21:00 H NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
De novo baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges, o espectáculo xunta no escenario voces novas e outras consolidadas. Catro talentos que se mesturarán nun espectáculo exclusivo. Íntimo e multicultural.
BANDA BASE Paulo Borges, Azores–Portugal (piano) Xacobe Martínez Antelo, Galiza (contrabaixo) Quiné, Portugal (batería e percusión) Rubén Santos, Portugal (trombón) Sérgio Tannus, Brasil (guitarra e cavaquinho)
A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra.
Textos: MERCEDES PRIETO e MONTSE RIVERA Prólogo: SUSA HERRERA Ilustracións: JOÃO VAZ DE CARVALHO PESDELÁN: Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera, Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores, Amando Gottardi COLABORACIÓNS: Bea Díaz, Guadi Galego, Pedro Pascual, Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Miguel Barriga, Patricia Rivera, Julián Romero, Iago Carro, Mariña Vidal, Jairo Quitiá, familia Paz Noya, Centro Cultural A Ponte Vella, Concello de Teo, Fundación Cidade da Cultura de Galicia
“Na punta do pé” é un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito ameno, divertido e participativo. Comprometidos coa recuperación da cultura lúdica e activa das festas e verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á creación desta obra para que sexa compartida por público de todas as idades, logrando ademais un material cunha potente dimensión educativa para o seu aproveitamento nas aulas. No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4 versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando. Pesdelán xorde en 2008 da unión de prestixiosos músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe). Trascendendo o concepto do grupo musical convencional, Pesdelán fai unha proposta novidosa e atrevida, valéndose da música en vivo e do ensino de xogos e bailes sinxelos, substituíndo a idea do público espectador e pasivo pola dun público activo e participante, e pasándoo ben. João Vaz de Carvalho (Fundão, 1958) é un dos ilustradores máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal, cunha traxectoria inzada de premios internacionais. A súa achega plástica apórtalle colorido, frescura e simpatía a esta obra multidisciplinar.
Concerto de "A minha embala", música da lusofonía, na Coruña
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 10 )
“Os xoves na Sagrada” continúa o seu percorrido polo universo musical que conforman diferentes culturas. Tras os concertos de música do Brasil e do Senegal de pasadas semanas, este xoves visita a biblioteca municipal Sagrada Familia, “A minha embala”, un conxunto que xa estivo no pasado mes de abril. Este dúo está conformado por Aline Frazão (voz e guitarra) e César Herranz (frauta traveseira e percusión). As súas actuacións móvense no universo musical de Angola, Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galicia, cantando en portugués, crioulo, kimbundu e umbundu. "A minha embala" vén de gañar a pasada semana o concurso "Musicando a Carvalho Calero" co tema "Maria Silêncio". Este concurso foi convocado pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e Komunikando.net. O nome “A minha embala” xurdiu moitos meses despois do nacemento do grupo. “Embala” é unha palabra do portugués de Angola que vén do kimbundu “bwala”. Unha “bwala” é unha comunidade, unha aldea, un barrio. A idea deste nome vén dun poema de Alexandre Dáskalos musicado por Aline Frazão, “Que é S. Tomé”.
O 14º OuTonalidades, o circuito de música ao vivo organizado pola d'Orfeu Associação Cultural conxuntamente coa AGADIC / Xunta de Galicia, fai nova incursión en Galicia e leva música galega á outra banda do Miño. Esta semana, por terras galegas poderemos escoitar Fados a Preto e Branco, un proxecto liderado por Rui Oliveira que promete transformar as salas por onde pasará nunha auténtica casa de fados, ao mesmo tempo que nos presenta unha abordaxe máis actual desta expresión musical. Os concertos serán o 28 no Pub Ultramarinos (Santiago de Compostela), 29 na Sala Contrabajo (Vigo), 30 no Clavicémbalo (Lugo) e o 31 no Aturuxo Bar (Bueu). Por outra banda, os grupos galegos Pé de Boi e PELdeNOZ tamén marcan presenza neste ciclo, levando ao país veciño a música galega, entre misturas de folk, música tradicional e jazz. Pé de Boi actuarán o 28 no Centro Cultural de Chaves e o 29 no Espaço d'Orfeu en Águeda, a terra-nai desta iniciativa, e PELdeNOZ máis a sur, o 30 en Moura (Alentejo) e o 31 en Tavira (Algarve).
Mercedes Peón ultima a saída ao mercado do seu cuarto traballo discográfico, titulado 'Sós'. Esta nova suporá un punto de inflexión na súa carreira.
Con este novo traballo, que sairá á venda o vindeiro 22 de novembro, Peón da un paso máis como produtora, compositora e cantante, traspasando as fronteiras da música de raíz para situarse á vangarda da música. O traballo será presentado este mes no festival Womex de Dinamarca.
Segundo a discográfica, Fol Música, 'Sós' é “un sofisticado concepto que sorprende, impacta e ao mesmo tempo, agarima”, no que, a través dunha intensidade sonora non agresiva, lanza mensaxes poderosas, elevadas e fai crítica social e pensamento construtivo.
Creado, tocado, producido e mesturado pola artista, este cuarto traballo preséntase como un exercicio de microcomposición, cun resultado final, formado por un conxunto de capas e unha investigación incansábel de novas formas de expresión para chegar o que lle interesa: emoción, sensibilidade, transmisión e comunicación.
O traballo sairá á venda cunha edición limitada presentada en caixa serigráfica e distribuirase en Francia, Alemaña, Reino Unido, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Portugal e Xapón.
O OuTonalidades volta a unir Portugal e Galiza, a través dunha alongada rede de espazos que abren portas á música que se fai,,en cada caso,, alén do Miño. Do 22 de Setembro ao 18 de Decembro, durante 13 fins de semana, o programa presenta 70 concertos de 25 grupos, constituíndose como a maior rede de música ao vivo da Península Ibérica, froito do convénio existente dende 2008 entre a d’Orfeu Associação Cultural e AGADIC/Xunta de Galicia.
Conságrase, así, o terceiro ano de cooperación entre o OuTonalidades e a Rede Galega de Música ao Vivo, circuitos conxéneres dos dous lados da fronteira, proporcionando agora a presencia de 5 grupos portugueses en Galicia e 5 grupos galegos en Portugal, nun total de 36 concertos en réxime de intercámbio luso-galaico.
Reafirmando o seu carácter ecléctico e plural, o 14º Outonalidades presenta unha diversidade de estéticas musicais para todos os ouvidos outonais: do jazz ao tradicional, do rock ao fado, do ska aos blues, da electrónica ás músicas do mundo.
Dende as marés vivas da Coruña, no norte de Galicia, ata á acalmia do sur algarvio de Tavira, o 14º OuTonalidades percorrerá 22 espacios, que seran palco das músicas de ambas as bandas do Miño. Concretamente en Galicia, os espectáculos teran lugar en Santiago de Compostela, Allariz, A Coruña, Ourense, Vigo, Bueu e Lugo.
A cada ano, o OuTonalidades afírmase como circuito referencial de música ao vivo de pequeno formato, gañando, á larga escala, dimensión e notoriedade. Asúmese como un importante vehículo de divulgación e circulación de pequenos grupos e artistas, ao mesmo tempo que confere dinamismo cultural a unha rede de espacios performativos, bares asociativos e cafés-concerto.
Tendo Águeda (Portugal) como ponto de partida, onde comezou por ser un pequeno roteiro musical polos bares da cidade, e constituíndose como unha das iniciativas pioneiras da d'Orfeu, que este ano celebra o seu 15º aniversário de actividade cultural, o OuTonalidades mantense fiel á sua xénese: unha oferta musical rica en diversidade e diversión.
João Gentil e Luís Formiga | Músicas do Mundo http://www.myspace.com/joaogentileluisformiga Co sopro do fole do acordeón e o pulsar da percusión, xurde o convite para unha viaxe polas músicas de todo o mundo. Mércores 22 Set | Ultramarinos, SANTIAGO DE COMPOSTELA; Xoves 23 Set | Jazz Filloa, A CORUÑA; Venres 24 Set | Aturuxo Bar, BUEU; Sábado 25 Set | Contrabajo, VIGO
Fados a Preto e Branco | Fado www.myspace.com/ruioliveirafado O Outonalidades transfórmase en casa de fados e faise silencio para ouvir, a preto e branco, os grandes clásicos do fado-canción. Xoves 28 Out | Ultramarinos,SANTIAGO DE COMPOSTELA; Venres 29 Out | Contrabajo, VIGO; Sábado 30 Out | Clavicémbalo, LUGO; Domingo 31 Out| Aturuxo Bar, BUEU
Desbundixie | Jazz Dixieland www.myspace.com/desbundixie Nunha viaxe ata a New Orleans do princípio do século XX, este colectivo portugués trae aos palcos do OuTonalidades o espírito livre do jazz popular: o dixieland. Xoves 11 Nov | Jazz Filloa, A CORUÑA; Venres 12 Nov | Contrabajo, VIGO; Sábado 13 Nov | Clavicémbalo, LUGO; Domingo 14 Nov | Aturuxo Bar, BUEU
Duo Sofia Vitória e Luís Figueiredo | Jazz www.myspace.com/sofiavitoria Unha das máis brillantes cantoras da nova xeración canta Chico Buarque e as súas personaxes femininas. Martes 16 Nov | Jazz Filloa, A CORUÑA; Mércores 17 Nov | Ultramarinos, SANTIAGO DE COMPOSTELA; Xoves 18 Nov | Clavicémbalo, LUGO; Venres 19 Nov | Contrabajo, VIGO
Grupo João da Ilha | Acústico pop folk www.myspace.com/joaodailha Dono dunha voz cálida e intimista, João da Ilha fai dos Açores o seu universo de inspiración, cuxa xénese de influencias carrega unha sonoridade acústica viaxeira. Mércores 1 Dec | Auriense Café Cultural, OURENSE; Xoves 2 Dec | Ultramarinos, SANTIAGO DE COMPOSTELA; Venres 3 Dec | Clavicémbalo, LUGO; Sábado 4 Dec | Café Cultural Roi Xordo, ALLARIZ