Casa das Crechas comeza a súa programación de verán con concertos singulares na terraza durante a noitiña. Haberá oito espectáculos entre o 9 e o 19 de xullo, protagonizados polas seguintes formacións: A Trio for Grange (folc galego, 9 de xullo); Fling (folc desde Irlanda, 10 e 17); Verdegaio (folc galego, 16 de xullo); The Dixiland Syndicate (jazz galego, 11 e 18); e o guitarrista Martín Blanes (12 e 19 de xullo).
Ademais, a Casa das Crechas recupera as súas tradicionais Foliadas (sesións de música folc no interior do local), que terán lugar durante o verán todos os luns.
Con respecto aos concertos ‘singulares’, terán lugar de 20 horas a 21.30 en tres pases de 20 minutos. Son gratuítas. Velaquí a serie
Luns 9 de xullo 20h A TRIO FOR GRANGE (Folc - Galiza) Rocio Maril: gaita galega Ariel Ninas: zanfona Manuel Rey: percusión
Trío de experimentados músicos que levaron a música galega recentemente a Grange no II Celtic Fringe Festival. Repertorio popular (re)coñecido por todos os públicos e algunha que outra delicatessen propia. Son alumnos da Escola Livre da MPG e participan en bandas como Xochilmica, Ulobit ou a OMEGA ou na gravación en varios temas do último disco dos Cempés.
Luns 16 de xullo 20h VERDEGAIO (Folc - Galiza)
Xabier Blanco acordeón diatónico, melodeón e mandolinaAlexandre Cadarso "Cano" gaita, frauta e acordeón cromático de botón O dúo Verdegaio nace no ano 2005 co ánimo de gozar facendo música tradicional e compartila en bailes, festivais e foliadas. Ao longo destes anos viaxaron co seu repertorio a Irlanda, Francia, Portugal e Estados Unidos onde participaron en diferentes festivais, impartiron cursos de música tradicional galega para gaita, mandolina e acordeón e aprenderon novas pezas que incluiron no seu repertorio. O pasado ano sacaron o seu primeiro traballo discográfico titulado "Repenicoque na Pedra" que recolle unha selección de temas tradicionais galegos que homenaxean aos que no pasado contribuíron a enriquecer o patrimonio musical de Galicia.
Martes 10 e 17 de xullo 20h FLING (Folc - Irlanda) Esta banda de folc irlandesa -curtida en festivais de todo o mundo- vén dar unha xira pola Península e fai dúas paradas nas Crechas. En Compostela presentarán o seu primeiro álbum, titulado ‘Fling’, gravado co lexendario Kenny Ralph e coa participación de artistas convidados como Steve Wickham dos Waterboys, que lle engadiu a súa virtuosidade ao violín nun par de temas.
http://flingfolk.com/
Mércores 11 e 18 de xullo 20h THE DIXIELAND SYNDICATE (Jazz/Dixieland - Galiza) Víctor Sanchez: clarinete Juan Cabezón ‘Cabe’: banjo Antón Bello: contrabaixo
Fans incondicionais da herdanza de Le Quintette du Hot Club de France, The Dixieland Syndicate está formado por profesionais cunha ampla traxectoria ás súas costas e que dominan multitude de estilos. Estes musicos coñécense nas filas de Mr. Dixie Jazz Band ao ordes do mestre Guillermo Lanceloti e pronto notan unha gran conexión tanto musical como persoal que se reflicte nos seus concertos. A banda nace cunha clara vocación de directo ofrecendo shows nos que a improvisación está moi presente intentando respectar a tradición da música de New Orleans.
Xoves 12 e 19 de xullo 20h MARTÍN BLANES (Guitarra - Galiza) Martín Blanes é un guitarrista acústico contemporáneo cun incrible estilo virtuoso. É capaz de crear cunha soa guitarra liñas de baixo, percusións e melodías brillantes ao mesmo tempo, combinando estilos que van desde o jazz ata o tango, pasando polo pop e o rock, mesturado cunha fonda influencia da música galega. A súa énfase mantense na composición e o seu material orixinal baséase en fontes diversas, desde a música galega ata Radiohead.
O seu primero disco en solitario será presentado oficialmente en Estados Unidos en setembro seguido dunha extensa xira internacional por Europa (Irlanda, Inglaterra, Francia, Suiza, Bélxica, Alemania, Rumanía…), Estados Unidos e Asia (Singapur e Xapón).
Uxía recibe o Premio ao Mellor Disco de Música de Raíz na IV edición dos "Premios de la Música
(texto engadido o día 27/ / 6/ / 12 )
Nunha cerimonia chea de humor e moita música, onte se fixeron entrega dos Premios da Música Independente organizados pola UFI (Unión Fonográfica Independente). A gala foi celebrada no Teatro Arteria Coliseum da Gran Vía madrileña e presentada polo actor e presentador Arturo Valls ( Caiga quien Caiga, Camera Café).
Nesta cuarta edición marcada por un importante aumento de participación, tanto de músicos como de público votante, o disco ‘Meu Canto’ de Uxía conseguiu alzarse co premio ao mellor álbum de raíz de 2012.
Estes premios están pensados para recoñecer o labor de selos independentes e supoñen unha importante ferramenta de promoción e comunicación nacional e internacional deste sector, e das relacións comerciais entre países hispanofalantes, aos que nesta ocasión se sumou Arxentina como país convidado.
Tras 25 anos de carreira musical Uxía recollía un premio que se suma aos outros recoñecementos que está recibindo o seu último disco, Meu Canto, posto que no mes de maio recollía tamén, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, o premio Opinión á Mellor Artista, agás de ter alcanzado un cotizado posto na lista europea da música étnica World Music Charts Europe
Transcribimos as palabras da cantante no momento de recoller o premio:
“É un ano de moitos premios a Meu Canto e este último, o Premio da Música Independente ao mellor álbum de raíz, supón un alento moi forte, é como se o vento soprase a favor e a nos impulsase a percorrer máis portos, máis escenarios presentando este traballo gravado en Brasil e editado por unha independente (Fol Música). Os próximos portos: Concertos en Galiza, Portugal, no resto de España para Artistas en Ruta, circuíto promovido por AIE, Brasil en novembro e moitos proxectos diversos que foron xurdindo e dos que irei dando conta.
Este premio é unha maneira de recoñecer o labor deste selo independente (Fol Música), que aposta con moitas ganas pola música galega e que ten un catálogo fascinante. Ademais había dous grupos galegos máis na mesma categoría e do mesmo selo: Crebinsky e Talabarte, e isto alégrame porque este premio da visibilidade aos proxectos e iniciativas que se desenvolven aquí e que fortalecen a base do sector cultural e musical galego.
O primeiro que sentín foi a felicidade de ser escollida por un xurado de especialistas e a posteriori que fose o propio público, o que o converte nun premio participativo e democrático. Este premio tamén quería compartilo, como toda xente colaborou no disco (Fred Martins, Socorro Lira, Jaime Alem, Lenine...)no disco, pero sobre todo, 'co '''brasilego'' Sérgio Tannus, que fixo un traballo brillante de produción e arranxos. É un disco sincero e sinxelo que celebra os meus 25 na música e no que a voz é protagonista, un disco que celebra o canto, o máis esencial, alí onde a música desvela o noso 'eu' máis puro e inocente, o que está limpo de artificios.”
O Concello de Culleredo estrea este sábado, 16 de xuño, a súa I Xuntanza Veciñal. Consistirá nunha xornada que combinará a degustación gastronómica de sardiñas cun Festival Folk que xuntará grupos de primeiro nivel como Os Cempés. A Xuntanza terá lugar desde as 18.00 horas no parque deportivo de Acea de Ama. A esa hora comezará a gran sardiñada, con 800 quilos de peixe que se recollerá o mesmo sábado á primeira hora da mañá na lonxa. As asociacións de veciños do municipio terán un papel fundamental no evento. Serán as encargadas de facer as sardiñas e de repartilas, unha coordinación acordada co Concello. Os prezos serán populares, destinados a reducir os gastos da xornada. Unha ración composta por catro sardiñas, pan, e viño ou auga custará 2 euros. As cañas e os refrescos tamén serán accesibles para todos os petos, a un euro de prezo. Ás 19.30 horas iniciarase o Festival Folk. O cartel está composto por tres grupos: Os Cempés, Maghúa e Alén do Mar. Os primeiros, cabeza de cartel, son o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumprir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra. Presentarán o seu novo disco "Tentemozo", unha gravación na que participan máis de 50 artistas e é o quinto álbum da banda, onde recrean con novos timbres o seu propio son característico e único. Polo demais, Maghúa é un grupo de cantareiros da comarca e Alén do Mar, un grupo Folk procedente de Bergondo. As portas do parque deportivo pecharanse ás 23.30 horas. O Concello de Culleredo configurou un programa atraínte para os veciños de todas as idades. O goberno local espera unha boa afluencia de veciños desde as 18.00 horas para ir gozando das sardiñas que ás 19.30 horas verase incrementada polos mozos co festival folk. O concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo, destaca os "prezos anti-crise2 configurados para facer da xornada un gran festexo popular. O edil agradece o traballo e colaboración das asociacións de veciños, que permite a realización do evento. Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a "calidade" dos grupos que participan no festival. Con el, espera dar resposta aos intereses dos máis novos do municipio.
Assembly Point é un proxecto innovador de tres músicos excepcionais que atoparon un punto común á súa paixón, a música folk acústica, creando novos temas instrumentais a partires das ricas tradicións dos seus países de orixe: Galicia, Portugal e Irlanda.
Luis Peixoto é un multi-instrumentista especializado en instrumentos de corda portugueses. Da súa lista de proxectos e colaboracións destacan Anxo Lorenzo (Galicia), Kepa Junkera (Euskadi), Flook (Irlanda), Quadrilha, Galandum Galundaina, Dazkarieh, Realejo (Portugal). É sen dúbida un dos máis destacados instrumentistas folk portugueses, dominando á perfección a mandolina e o cavaquinho.
Eoghan Neff é un violinista e musicólogo irlandés premiado internacionalmente. Ten gravado e participado en producciónns de prestixio como Riverdance, The London Metropolitan Orchestra, NeffBros, e Anxo Lorenzo. Recentemente participuo na gravación da banda sonora original do novo filme “The Eagle” do director Kevin Mcdonald, gañador dun Oscar.
Fernando Barroso é un músico galego especializado en instrumentos de corda pulsada. Dende os inicios da súa carreira, estivo presente na creación de numerosos proxectos relacionados coa música tradicional. Compaxina a súa actividade musical en Assembly Point, coas bandas galegas Riobó, Coanhadeira e Os Cempés
Dende Galiza Nova Ourense convidámosvos á vindeira edición da Noite da Irmandade que terá lugar o vindeiro 21 de Abril na Praza do Correxidor, no Casco Vello.
Nesta edición Galiza Nova terá como obxetivo estreitar os lazos de amizade entre Galiza e Portugal e para isto contaremos cunha CHARLA-COLOQUIO co Historiador Francisco Carballo que será ás 19h no Café-cultural Auriense.
A partir das 00h00 na Praza do Correxidor contaremos coas ACTUACIÓNS MUSICAIS a cargo dos grupos "The tetas´ van" e "Ataque escampe"
Anímate a participar desta xornada de convivio asistindo ao coloquio e aos posteriores concertos.
- Os artistas que participarán na Festa son: Banda das Crechas, Xosé Manuel Budiño, Carlos Blanco, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, os magos Romarís e Cayetano Lledó, o Coro da Rá, Lilí dos Toxos, Acibreira, Davide Salvado, Alborada, Sara Vidal, Camilo Franco, Najla, Califa Swing Trio, Alejandro Vargas, o Coro da Rá, Xoán Curiel e Tony Lomba.
- Presentouse unha programación de aniversario que se estenderá ao longo de todo o ano
- A festa do 14 de marzo ten entrada libre e gratuíta e haberá de beber e de petiscar para os asistentes
Compostela, 14 de marzo de 2012Hoxe mércores día 14 a partir das 18.30 da tarde terá lugar na rúa Vía Sacra (exteriores da Casa das Crechas) a Festa do 25 Aniversario do pub máis emblemático da cidade, que contará coa presenza de 24 artistas convidados chegados de toda Galiza, Portugal (Sara Vidal) e Brasil (Fred Martins e Sérgio Tannus). A programación foi presentada por Vítor Belho, socio fundador, o artista Davide Salvado, a cantante Uxía e o gaiteiro Manuel Amigo.
A música galega estará amplamente representada polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño, Leilía, Ugia Pedreira, os cantautores Narf (Fran Pérez) e Xoán Curiel, o Coro da Rá, os grupos de gaiteiros Alborada e Acibreira, Najla Shami, a Banda das Crechas, Uxía, Davide Salvado, Califa Swing Trio e Tony Lomba en plan ‘crooner’.
Tamén haberá humor e moito teatro, a cargo de Carlos Santiago, Carlos Blanco, Lilí dos Roxos; maxia (os magos Romarís e Cayetano), e un escritor coa súa mellor versión ‘stand-up comedy’: Camilo Franco.
A Festa estará conducida por Carlos Blanco e Xosé Barato e será retransmitida en directo a través da web da Casa das Crechas. Ademais, entrarán en directo desde outros países artistas como Aline Frazao (Lisboa), Déa Troncoso (Brasil), Marisol Palomo (Bruxelas, de Ialma) e Chick McAuley (Escocia).
A entrada é de balde e haberá bebidas e petiscos para os asistentes.
O 25 aniversario continuará a celebrarse ao longo de todo o ano, cunha programación especial para conmemorar os 25 anos e, á vez, comezar unha nova etapa na que desexamos continuar sendo un referente no país, actualizar a nosa oferta aos novos tempos e de seguir a ser a vangarda e tamén o niño dunha cultura sostible, aberta e universal.
As músicas dunha e doutra beira do Miño son as protagonistas do novo traballo discográfico das Malvela. Recollen aquí os temas máis emblemáticos do grupo, cancións do camiño entre Galicia e Portugal, e temas novos que fan alusión as lendas e contos desta ruta entre dous pobos.
A venda de entradas na web estará aberta dende unha semana antes ata ás 13:00h do día da función e no despacho de billetes do Teatro Municipal, unha hora e media antes do inicio da representación.
Está oficialmente aberto o período de inscrições para os grupos musicais, de todos os géneros, portugueses ou estrangeiros, que pretendam integrar a bolsa de espectáculos da 16ª edição do OuTonalidades, circuito de música ao vivo que vai dar novos tons ao próximo Outono português!
INSCREVE O TEU GRUPO ONLINE: http://www.dorfeu.pt/outonalidades
INSCRIÇÕES DE GRUPOS | Para os grupos que se inscrevem pela primeira vez, será necessário criar uma conta de utilizador no portal da d’Orfeu. Os grupos que já se registaram em edições anteriores poderão aceder à plataforma e simplesmente actualizar os dados (receberão, entretanto, um e-mail a relembrar o seu registo de acesso).
PROJECTO SUSTENTÁVEL | Nesta 16ª edição, o OuTonalidades persegue a sua sustentabilidade e introduz uma filosofia de participação contributiva. Cada inscrição de grupo terá uma jóia simbólica de 10€, com vista à viabilização deste projecto único e singular no panorama musical nacional. Instruções no decorrer da inscrição online.
NOVAS PARCERIAS | Depois de quatro edições em parceria com a Galiza (continuidade não confirmada para 2012), o circuito continua a consolidar-se na geografia nacional e acaba de estabelecer acordos com circuitos congéneres em França e na Bélgica, para intercâmbio de grupos. As oportunidades continuarão a surgir.
GRUPOS NACIONAIS E ESTRANGEIROS | O OuTonalidades continua também aberto a grupos não portugueses, desde que assegurem directamente as suas deslocações a Portugal. Uma vez programados, o circuito assegura iguais condições a grupos portugueses ou estrangeiros: cachet consoante escalão (máx 700€/concerto), jantares, alojamento e rider técnico.
Junta o teu grupo ao OuTonalidades 2012! http://www.dorfeu.pt/outonalidades Perante quaisquer dúvidas que surjam, contactar ou utilizar o formulário de esclarecimentos existente na plataforma online
Dende o 9 ao 21 de febreiro, a localidade de Verín acollerá a celebración dun dos Entroidos máis participativos, ancestrais e orixinais de Galicia, declarado Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2009.
XOVES DE COMPADRES (9 DE FEBREIRO DE 2012)
Tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2012 co Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes do municipio e a partir da media noite, os homes e mozos verinenses percorrerán as rúas Montemaior, avenida de Portugal, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e praza García Barbón, na que se celebrará o xuízo e queima do Maragato. Durante esta viaxe, os compadres irán acompañados do Carro do Meco e da música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e da charanga Támega, para acabar a festa na praza coa Disco-Móvil Jorge. Ademais, desde esa xornada e ata o 17 de marzo, a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición 'O Noso Entroido', conformada por cadros de Narciso Corral.
DOMINGO DE CORREDOIRO (12 DE FEBREIRO DE 2012)
Concentración de cigarróns na praza do Concello a partir das 11:30 horas. Con posterioridade, saúdo aos fregueses á saída das igrexas Parroquial e RR.PP. Mercedarios. Nas prazas Maior e García Barbón, a música a cargo da charanga Támega e da orquestra Marbella
XOVES DE COMADRES (16 DE FEBREIRO DE 2012) A partir das 11:15 horas, Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos e pequenas do Punto de Atención á Infancia do Concello de Riós, CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, Gardería Pinocho, CEIP Amaro Refojo, CEIP Castrelo do Val, centros educativos de Chaves (Portugal), Colexio María Inmaculada, tomarán as rúas de Verín. Devandito desfile estará amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Madialeva, Vakapinta, CBD e Támega -que tamén actuarán durante a xornada pola localidade-, e partirá do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, o mesmo finalizará nas prazas García Barbón e Maior.
Pola noite, as comadres encherán todos os restaurantes de vila, acompañadas da música de charangas. A media noite, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, que descenderá polo Camiño Real acompañado da Banda de Gaitas do Concello de Verín. Centenares de mulleres, e moitos homes disfrazados de damas, percorrerán desde San Lázaro até as prazas Maior García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior, onde o locutor de Cadena 100, Vidal López, caldeará o ambiente.
Despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, terá lugar a lectura do pregón a cargo de (???????). A música, luces e o son das chocas dos cigarróns recordaranlle aos presentes que o Entroido 2012 chega con paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!. A orquestra Paris de Noia porá o broche á noite máis “feminina” do Entroido verinense.
VENRES DE COMPADREO (17 DE FEBREIRO DE 2012)
Como nos últimos anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa. Ás 18 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento de dous Carros do Compadreo e das charangas Garrafón e Támega; para no fin, rematar na praza de Edesio Fuentes cunha sesión de “tapeo” e queimada para os participantes, amenizada por Disco-Móvil Jorge. Pola noite, verbena popular nas prazas García Barbón e Maior co grupo La Oca.
SÁBADO DE ENTROIDO (18 DE FEBREIRO DE 2012)
A partir das 17 horas, na Praza do Cigarrón, terá lugar un acto solemne no que novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras, acompañados da Raína do Entroido. Animación a cargo de Disco-Móvil Jorge. As charangas Támega e Xente Nova encargaranse porán a banda sonora por todas as rúas da vila durante toda a xornada, que culminará coa actuación da orquestra Costa Oeste e grupo Metrópolis
DOMINGO DE ENTROIDO (19 DE FEBREIRO DE 2012)
Día grande do Entroido. Pola mañá, unha descarga de foguetes despertará a todos os entroideiros, seguida da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido que comezará a partir das 12:30 horas. A Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Mekanica, Xente Nova, Támega e CBD serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón. Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila a cargo de charangas e; nas prazas Maior e García Barbón, actuarán a orquestra Cinema e grupo Garibaldi. AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!
LUNS FARELEIRO (20 DE FEBREIRO DE 2012)
A música das charangas Vakapinta e Madialeva recordará aos sobreviventes que o Entroido aínda non acabou. A partir das 16.30 horas, xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos, que serán os protagonistas, deben ir disfrazados. Seguindo a tradición, DÍA DA FARELADA, animada pola charanga Madialeva e Disco-Móvil Jorge. A partir das 19 horas, merenda popular, baile e verbena popular nas prazas García Barbón e Maior coas orquestras Pontevedra e Limón.
MARTES DE ENTROIDO (21 DE FEBREIRO DE 2012)
Ás 16 horas, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo. Todo iso amenizado polas charangas Garrafón, Mekanica, Madialeva, Troulada, que actuarán durante o día, e a Banda de Gaitas do Concello de Verín. A festa continuará, a modo de despedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón coa actuación das orquestras Triunfo e Millenium.
QUE VOS CONTEN OS QUE SABEN, OU SEXA, NÓS. OS DE FORA DAN TABACO
Pasaron trece anos dende que un grupo de amigos se xuntou para porlle música ás súas inquedanzas. Neses trece anos pasaron un montón de persoas por ese grupo, pasaron miles de cousas, unhas boas, outras non tanto. O que nun principio non pasaba de ser un divertimento acabou convertíndose nun barco que comezou a navegar por centos de mares, centos de portos nos que tomar terra e baixar a coñecer sitios, atopar xente, facer bos amigos e, porqué non decilo, dar con algún que outro elemento pouco recomendable (algún hai que aínda nos debe cartos, e non poucos precisamente…). Hoxe, trece anos despois, parece incríble que ese barco nos levara por mares de todo o estado, que a marea nos fixera chegar a compartir a nosa equipaxe musical con xente que estaba no irmán Portugal, en Francia, en Alemania… Tivemos o grande pracer de compartir singladura cun bo feixe de compañeiros de camiño, xente da que aprender moitísimo, xente coa que tomar un tróspiro despóis de tocar, coa que botar unhas risas, coa que compartir o enorme privilexio que é poderse adicar á profesión máis bonita do mundo. E unha das cousas máis satisfactorias de toda esta historia é que todo esto foi posible en galego, que cando alguén nos preguntaba se ao atravesar o “telon de grelos” traduciamos as letras para cantalas en español, a nosa resposta era un rotundo non. En poucos sitios estivemos por aí fora nos que non aparecera cando menos un galego, e se un concerto noso era unha excusa para que os galegos do lugar se xuntaran a botar unhas pezas e armar unha boa festa o traballo era máis satisfactorio aínda. Pois ben, tras trece anos de singladura, o noso barquiño precisa de pasar unha temporada no dique seco, para facer algunha reparación, para remendar as velas, e para que a tripulación poida descansar un pouquiño a neurona, que, aínda que non o pareza, ben que ten que traballar a pobriña dela neste choio. Esta non é unha despedida, é un ata pronto, porque en ningún momento se está a falar de pechar o chiringuito. Simplemente imos tomar un descansiño para facer outras cousas, tomar outros rumbos quen lle apeteza, e cargar pilas ata que algún de nós, entre caña e caña, entre batallita e batallita, solte aquela de “qué rapaces, quedamos mañá para ensaiar?”, e xa estea liada outra vez. De todos xeitos gracias, millóns de gracias a toda a xente que durante estes trece anos estivo con nós, tanto arriba como abaixo do palco. Bailando con nós, rindo con nós, suando con nós, compartindo con nós este traballo marabilloso. E tede ben clara unha cousa, amenazamos con voltar cando menos o esperedes.
Vémonos nos torreiros.
(E mentras chega ese momento tende por seguro que algo faremos, porque o bicho da música, cando pica, pica ben forte, e pode ser un bo momento para coller unha caixa de gaseosas e empezar a facer experimentos, a ver que sae, que seguro que algo ha sair. Seguiremos informando… ;))
14 de Xaneiro ás 21h no Pazo da Cultura de Pontevedra Uxía, Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Socorro Lira (Brasil) e Xoán Curiel
Un ano máis, e xa van seis, chega o Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional, cun programa que se bosquexa o máis ambicioso dos ata o momento organizados. Nas Xornadas do 16, 17 e 18 de Decembro contémplanse múltiples actividades, que acorde a filosofía da asociación serán gratuitas e abertas para todo o público. Como novidade, destacamos a páxina web que se habilitou con toda información do evento www.festivalrebulir.com
O acto principal terá lugar o Sábado 17, as 19:00 h. cando os colectivos chegarán ao Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás), sendo recibidos polo grupo anfitrión e as diferentes autoridades presentes. Neste acto preténdese mostrar o mellor do folclore de cada unha das comunidades/países visitantes. Neste senso, contaremos con amigos chegados de:
- EBMT Rebulir (Ramirás) - Grupo Orcellón (O Carballiño) - AFM Villa i Condau de Noreña (Asturias) - Grupo de Folclore da Casa do Povo de Cacia (Portugal) - Grupo El Miajón (Extremadura) - Mariachis y Ballet Colores de México (México)
Na madrugada do Domingo, o local “Oxígeno” de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos animarán aos presentes coas súas músicas. Xuntos brindaremos cunha cunca de queimada pasada a media noite. Na Xornada do 17, as diferentes delegacións visitarán a cidade de Ourense e as súas termas.
Así, Ramirás volverá a converterse un ano máis nun espazo de convivencia intercultural con grupos chegados de diferentes puntos e con intereses comúns. A directiva da Asociación Rebulir espera que disfrutedes deste Festival que serve de proxección do noso Concello, e que de por sí, é xa unha data no almanaque festivo dos ramirenses.
[Selección de programación relacionada coa música galega]
Venres 2
12h30 Vai. A nova proposta de tres excompoñentes de Fía na Roca. No Patio 17h30 M. Carballo Trío: You knew it. Paseo polos territorios sureños do blues e do rock. No Patio. 18h30 Pentalfa. Música espontánea. No Patio 19h30 Vitrolas, sons de Brasil. No Patio 20h30 Das Kapital. Poesía e vangarda, expresión máxima dos adentros. No Patio 21h00 MAPEA Culturgal 21h Cuarteto Caramuxo: Tiruriru. Na Praza da Verdura 21h30 Malvela: Raianas. no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra 22h30 Mercedes Peón no Teatro Principal 00h00 Projecto Trepja no CITA 00h30 Niño y Pistola as Arthur & The Winters. na Sala Karma
Sábado 3
11h30 Azos Jazz. Coa actuación de Alberto Vilas Quinteto. No Patio 12h30 Combo Dinamo: Quieto, muere, resucita. No Patio 13h30 Crebinsky. Presentación do DVD coa presenza da Banda Crebinsky 16h30 Billarda Experience!!! Presentación do disco República Billarda. No Salón 17h30 Dea Trancoso. Sons de Brasil. No Patio 18h30 Berrogüetto: O pulso da terra. No Patio 19h30 Germán Díaz: Método Cardiofónico. No Patio 21h00 Pedrito Diablo y Los Cadáveras. Inspirados polo surf instrumental. No Patio 22h00 Dentro de Culturgal aEscena no Teatro Principal: Davide Salvado e Ke‐percussión
Domingo 4
11h30 Galeoke II. No Cuarto dos Nenos 11h30 Maracutaia S/A. Sons de Brasil. No Patio 12h00 Mamá Cabra: Xa me tardan eses magos. No Auditorio do Pazo 12h30 Assembly Point. Folk acústico de Galicia, Portugal e Irlanda. No Patio 13h30 Riobó. No Patio 16h30 Aline Frazao: Clave Bantu. No Patio 17h30 Patricia Moon presenta temas do seu novo disco. No Patio 18h00 Música do 7º Día. No Garaxe 18h30 Vaamonde, Lamas e Romero. Homenaxe aos Trinta de Trives. No Patio 19h30 2uS. Música espontánea entre o jazz, o funk e a world music. No Patio.
XXXII Edición da Festa do Gaiteiro en Soutelo de Montes
(texto engadido o día 19/ / 8/ / 11 )
VENRES 19
23:00 Actuación do Grupo Folk ARDENTÍA 00:30 Actuación do Gaiteiro Xosé Manuél BUDIÑO (Coa presentación do séu novo disco. Volta)
Lugar: Rúa Alfredo González Barros (Ó lado da Igrexa)
SÁBADO 20
10:00 Apertura da "FEIRA DE ARTESANÍA" 10:30 Pasarrúas "BANDA DE GAITAS DE VERÍN" 11:00 Actuación da "Banda de Gaitas de LOIA" 11:30 Actuación de "XIRANDOLA" 12:15 Actuación de "CANTIGAS DA TERRA" 13:00 Benvida do ALCALDE 13:10 Pregón por Carlos G. Reigosa. 13:25 Entrega de Medallas 13:45 Imposición do embaixador da festa. 13:55 Actuación da "Banda de Gaitas do Concello de Forcarei" 14:10 XANTAR POPULAR (Carpa no parque Venezuela) 16:45 Inauguración do monumento en lembranza de Avelino Cachafeiro. 17:00 XIII Concurso de Solistas "AVELINO CACHAFEIRO" 18:30 Actuación do Grupo Folclórico "FREGUESÍA DE SOTELO- PORTUGAL" 19:15 Entrega de premios 19:30 Actuación do Ballet Folclórico "TIERRA ADENTRO DE URUGUAY" 20:30 "Ruada POPULAR" "CHARANGA DO FIADEIRO" e "CANTAREIRAS DA FERVENZA"
Habelas Hainas, Quadrilha e Güintervan poñeran a música dende o escenario mentres que PelePau e Arandela animaran as rúas.
Xa está todo preparado para a celebración da IX edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.
As actividades comezarán pola mañá coa sorprendente proposta do grupo de percusión galega PelePau e os gaiteiros do Incio Arandela que farán un percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada por estes grupos e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.
Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se completa con Habelas Hainas, que nos achegan a música máis tradicional dende Compostela; Quadrilha, histórica banda que chega dende Portugal; e Güintervan, coa súa incansable mestura de folk galego, balcánico e de quen sabe cantos lugares. Para Nemesio Pérez, un dos organizadores do festival dende a súa primeira edición, “non é doado organizar unha festa destas características, pero paga a pena cando durante un día vemos ao pobo cheo de vida, e con ilusión de alcanzar o ano que vén o que será o noso décimo Festival Terra Brava”.