[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]
Novas que incluen 'portugal': (texto engadido o día 15/ / 5/ / 13 ) | 
O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense). Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral De Ruada, Cantigas e Agarimos, ... Nesa arela de transmisión e continuidade, o Coro Aimil achega unha nova xeira na reinterpretación de cantos populares, así como incide na procura e desenvolvemento de temas da tradición musical galega. Ao longo de estes anos, o Coro Aimil participou en varios eventos musicais de carácter local, autonómico e internacional, como os organizados polo Orfeão de Barrô (Águeda, Portugal) e a Asoc. Cultural de Canidelo (Vilanova de Gaia, Portugal) ou o internacional de Coros organizado pola Coral De Ruada. Dende fai tres anos o Coro Aimil organiza un festival anual baixo o nome xenérico de "Coralimia", no que se van dando cita prestixiosas agrupacións de ámbeto internacional. Sendo así que na primeira edición contou coa presenza do Real Coro Toxos e Froles. Compoñen o Coro Aimil trinta voces mixtas e grupo instrumental. Dirixe o Coro Aimil dende a súa fundación o gaiteiro ferrolán Fernando Dopico Blanco. A entrada é libre e gratuita.
| - Toxos e Froles -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 13 ) | 
O vindeiro venres 10 de maio ás 20h na Sala Leocadia Boullosa (Lisboa).
Contarán con:
Bieito Romero (Luan na Lubre)
Paulo Marinho (Séptima Legiao, Gaiteiros de Lisboa, Anaquiños da Terra)
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 6/ / 5/ / 13 ) | 
De 7 a 10 de maio decorre em Ourense «III Português Perto. Aquelas Nossas Músicas», uma viagem pela língua portuguesa e a sua música, uma nova maneira para descobrir a Galiza através do Brasil, Angola, Portugal… A seguir, reproduzimos o programa:
Terça-feira, 7 de maio
20h00- Conta-contos - Quico Cadaval (Galiza). Sala Emilia Pardo Bazán do edifício de Faculdades.
Quarta-feira, 8 de maio
18h00, 20h00, 23h00- Filme “Tabu” de Miguel Gomes (Portugal). Cineclube Padre Feijoo no Cinebox. 19h00- Ateliê “Percussões. Ritmos afro-brasileiros” com Paulo Silva (Brasil). Ludoteca do Edifício de Faculdades.
Quinta-feira, 9 de maio
20h00- Concerto “En Clave de Fado” (Galiza). Sala Emilia Pardo Bazán do edifício de Faculdades.
Sexta-feira , 10 de maio
21h00- “Tasca e Literatura”. Recital poético com galegos/as e portuguesas/es. Concerto de Rui David e Roberto Sobrado. Café Cultural Auriense.
| - Clave de Fado -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Uxía e João Afonso no Café Cultural Aureinse
| (texto engadido o día 3/ / 5/ / 13 ) | 
Este venres, 3 de Maio ás 21h30 na Sala Auriense de Ourense, Uxía e João Afonso reunirémonos para falar e cantar. 'De Lés a Lés' é unha charla distendida, cantos e palabras para celebrar que á música lle corresponde comunicar a emoción -e o pensamento- deses lugares próximos (Galiza e Portugal), das cancións que están no ar e que son de tod@s. Cantar é unha forma de ofrecer a alma, de coñecermonos. Lembraremos tamén os cantos que nos foron aproximando dende que nos vimos pela primeira vez, os do seu tío Zeca que nos seguen a emocionar, e as nosas propias composicións inspiradas nesa raiz común. Cantaremos na nosa lingua e sentiremos o noso canto perto de Recife, Açores, Mindelo, Maputo, o Alentejo...¡Tan diferentes e tan iguais!. Nunca camiñaremos en solitario, neses territorios aínda por descubrir... 'Seremos muitos...seremos alguém' Zeca Afonso Entrada: 5 euros
| - Uxía Senlle -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 26/ / 3/ / 13 ) | 
O Festival Reperkusión acaba de pechar o cartel da súa edición número 11, a segunda que celebran en Ourense capital. Será os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta. As estrelas desta nova edición son Fermin Muguruza, que volve de xira para celebrar os seus 30 anos de carreira musical, e Manu Chao, o referente da música mestiza internacional, que repite no festival despois das súas lembradas actuacións do ano pasado. Xunto a eles outros 22 grupos de música e artistas de humor e circo para completar un cartel de gran nivel, con nomes como Haydamaky, Banda Fura Fura, Artistas del Gremio, Shazalakazoo, Skarallaos, Guezos, La Tarrancha, Rimbarán, La Sonajera Ravalera, Chimango ou o humorista Quequé.
PROGRAMACIÓN:
Venres 10 O cabeza de cartel do venres 10 de maio será Fermin Muguruza, que volve aos escenarios despois de seis anos, conmemorando os 30 anos de carreira musical do excompoñente de Kortatu e Negu Gorriak. Ese día tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, música balcánica, urbana e bastarda; os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular. A noite terminará coa sesión dj con percusión dos vascos Supertumbaduo.
Antes, encargaranse de caldear o ambiente cos seus pasacalles a charanga Fanfarria Taquikardia, formada por compoñentes dalgúns dos grupos galegos máis destacados; a compañía Cair Circo, especialistas en transformar o absurdo en diversión; e o Pai Merino e o seu espectáculo “A.M.E.N.” (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas).
Sábado 11
O prato forte do sábado é a volta ao Reperkusión de Manu Chao. O artista franco-galego estará de novo acompañado por La Ventura, para ofrecer un dos seus espectaculares shows de máis de dúas horas de enerxía nos que interpreta himnos coñecidos por todos. O sábado tamén actúan no escenario principal a Banda Fura Fura, que xunta a algúns dos músicos e cantantes máis recoñecidos da escena rock galega para reinterpretar temas do Zeca Afonso; e Haydamaky, estrelas da escena alternativa de Ucraína coa súa fusión de rock, ska e punk mesturados cos sons tradicionais do seu país. Hadri Hache encargarase da sesión dj neste escenario.
Antes, ao longo da tarde e até xa entrada a noite actuarán no escenario de día, de acceso gratuíto, outro catro grupos: os galegos Guezos, os asturianos La Tarrancha e os cataláns Rimbarán, elixidos o público a través de Facebook, e La Sonajera Ravalera, proxecto esporádico que une no escenario a El Rumbao (Galicia-Colombia), Chamito (Venezuela) e Daniel Lança (Portugal). Tamén haberá humor e circo, co monologuista Quequé, famoso polas súas aparicións en televisión e o clown Peter Punk.
Domingo 12 (gratuíto)
O festival termina o domingo 12 de maio cun fin de festa de acceso gratuíto. Ao longo da tarde actuarán Chimango, arxentino que expresa como ninguén a enerxía urxente da rumba barcelonesa; a banda ska-punk-folk galega The Skarnivals; os ourensáns Ménage à Trois e a súa fusión de ritmos bailables; e XeRock, grupo de rock formado por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuais San Xerome da Guarda (Pontevedra). Tamén se celebrará a xa clásica Olimpíada de Malabares.
Ademais, as mañás do sábado e o domingo están reservadas aos talleres de malabares e as sesións de ioga da risa. A isto únese o mercadiño de artesanía que estará aberto no festival ao longo de todo o fin de semana.
ENTRADAS www.codetickets.com / www.ticketmaster.es
BONO 3 DÍAS: Anticipada 30 €* / Taquilla 35 € BONO 3 DÍAS + CÁMPING: Anticipada 35 €* / Taquilla 40 € ENTRADA 1 DÍA: Anticipada 20 €* / Taquilla 25 € *+ gastos de distribución
| - Reperkusion -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril
| (texto engadido o día 26/ / 3/ / 13 ) | 
Gravado no seu estudio, "Ardora", e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”, SOTAQUE, o novo traballo discográfico de BUDIÑO, verá a luz a finais do mes de Abril.
Datas da presentación:
19/04/13 tvg-programa Luar 25/04/13 COMPOSTELA Teatro Principal / 21:00 26/04/13 OURENSE Teatro Principal / 21:30 09/05/13 MADRID Sala Galileo 10/05/13 PONFERRADA Sala La Vaca 18/05/13 ZARAGOZA Explosivo Club 25/05/13 SANTANDER Sala BNS 01/06/13 A CORUÑA Teatro Colón
Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE. Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade. Os amigos convidados ao SOTAQUE de BUDIÑO fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación: * ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en “Déixame Adiviñar”, unha letra escrita por Carlos Blanco. * LUIS TOSAR imprime o seu SOTAQUE cantando á vida, á saudade, na canción “Hoxe canto en Libertá” con letra de Celso Emilio Ferreiro. * Os CANTAREIROS DE O FIADEIRO cantan e tocan as pandeiretas no único tema recollido da tradición galega, onde a gaita de BUDIÑO aparece mestúrase como unha voz mais do grupo de cantareiros. * MICHAEL McGOLDRICK coa súa frauta máxica desde Manchester toca unha muiñeira, que da título ao novo traballo de BUDIÑO, SOTAQUE.
| - Budiño -
+ 1 noticia relacionada ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Alto Asalto (Galiza) + Sarcasmo (Portugal) - Rap no Avante (Compostela)
| (texto engadido o día 14/ / 3/ / 13 ) | 
16 de Marzo a partires das 22:30
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| O Agharradiño: Cursos de Bailes Agarrados en Vilagarcía de Arousa
| (texto engadido o día 2/ / 3/ / 13 ) | 
A Asociación Pesdebarro pon en marcha o vindeiro sábado 16 de marzo o seu primeiro curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que será impartido por Manuel Cobas
O curso, terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, para familias de 3 ou máis membros o prezo será de 10 € por persoa sexa socia ou non.
O curso desenvolverase o sábado 16 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 16:30 a 18:30. As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com ou acudindo o mesmo sábado ao curso no Centro SocioCultural de Vilaxoán.
Para a realización do curso non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; é ideal para cultivar e aprender en familia, coas amizades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. Non se require ter coñecementos nin nocións previas sobre baile nin danza tradicional, e non é necesario acudir con parella para participar no curso.
Danzarase mazurca,chotis,valse,polca,pasodobre e rumba, como bailes agarrados en Galiza,e a similitude que teñen con outras danzas como o scottish e as mazurcas europeas,pero centrándonos na evolución dos agarrados en Galiza.
O PROFESOR:
Manuel Cobas Paredes, 1974. Mestre de baile tradicional desde o ano 1994, actualmente imparte clases en distintas asociacións como Lembranzas da Ría de Cangas, Meiramar Axóuxeres de Moaña, grupo de baile de Alxén de Salvaterra de Miño, Abertal de A Rúa de Valdeorras e Antoxo de Bueu, así como en distintos centros educativos como actividades estraescolares. Impartiu cursos en Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid e Viseu (Portugal).
Compaxina a súa faceta de mestre coa de bailarín, formando parte das compañías de danza Circio e Bruma. Como músico forma parte do grupo Fiandola.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 12/ / 1/ / 13 ) | 
O festival Celtic Connections é o máis importante a nivel europeo do eido céltico e os artistas galegos foron logrando que os programadores confíen constantemente neles. Nesta vixésima edición, o noso país contará con tres artistas sobre o escenario. Carlos Núñez coñece ben o que se coce en Glasgow durante as datas do Celtic, xa que ao longo destes anos participou en varias ocasións no cartel. O vigués está feliz “porque imos facer o programa sinfónico cunha das mellores orquestras do país, a Royal Scottish National Orchestra. Tamén darei un concerto moi curioso. Será cos Musicians of the Globe, o teatro orixinal de Shakespeare, dirixidos por Philip Pickett. Faremos un programa de música irlandesa e escocesa que se tocaba nas tabernas de Londres hai 300 anos e incluiremos algunhas das cancións que descubrimos daquela época sobre a batalla de Rande”.
O grupo Berrogüetto tamén estivo en varias ocasións en terras escocesas para vivir dende o escenario o que significa o Celtic Connections. Santiago Cribeiro, compoñente da banda, comenta que é un festival “ao que lle temos moito agarimo e as actuacións sempre funcionaron ben. Estamos ledos de voltar. Creo que se están a abrir máis a outras sonoridades que non sexan as estritamente célticas e iso paréceme máis interesante”.
Uxía debuta como solista nesta cita internacional, xa que antes só estivera formando parte do espectáculo Harvest. Para ela formar parte da programación “é importante porque é un dos mellores festivais que coñezo. Hai moitos concertos na programación e gústame o concepto que manexan. O publico paréceme esixente e desexo que a miña incursión sexa interesante, aportando un proxecto afastado da conexión céltica e achegado a Brasil e Portugal”. A pontevedresa actuará en formato de trío. Nas anteriores edicións adoitaban ser dous os convidados galegos, cifra que aumenta para esta vixésima edición. “Esa maior presencia pode indicar que, malia que en certos aspectos estamos a atravesar momentos moi malos e ata desoladores, no apartado artístico a música galega atravesa un gran momento. Facemos propostas interesantes que gustan no estranxeiro e para o Celtic ata podemos soar un pouco exóticos”, sinala Cribeiro.
Pola súa banda, Uxía salienta que sempre tiveron en conta a Galiza, “e nesta ocasión apostan por artistas que teñen detrás unha sólida traxectoria musical. É importante que nos valoren e formemos parte do entramado do folk europeo. Creo que a presencia constante de artistas galegos no cartel significa un recoñecemento por parte deles da nosa boa calidade”. Núñez salienta que é un festival “onde sempre lle deron a oportunidade a artistas pouco coñecidos. Lembro os meus concertos nas salas máis pequenas do festival e ir crecendo pouco a pouco ate conseguir encher o Royal Concert Hall”.
| - Berrogüetto- Carlos Núñez- Uxía Senlle -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 25/ / 1/ / 13 ) | 
CAFÉ QUIJANO (León) Orígenes: el bolero Teatro Principal sábado 26 xaneiro 20:30
MIGUEL PÓVEDA (Barcelona) Auditorio de Galicia sábado 2 febreiro 21:00
CANTIGAS DE MULLERES 1 UXÍA (Galicia) Meu canto Artista convidada Sés Teatro Principal venres 15 febreiro 21:00
ANA MOURA (Santarém, Portugal) presentación do seu novo disco Desfado Auditorio de Galicia venres 22 febreiro 21:00
AMANCIO PRADA (Bierzo) 3 Libertarios Teatro Principal sábado 2 marzo 21:00
ODAIKO (Galicia) presentación do seu disco Odaiko and friends Xiana Lastra / Anxo Lorenzo / Antia Lameiro /Coro da Rá e outros invitados por confirmar Teatro Principal sábado 9 marzo 21:00
COETUS orquestra de percusión ibérica (Barcelona) & ELISEO PARRA (Valladolid) Entre tierras Teatro Principal mércores 13 marzo 21:00
PRADAIRO (Galicia) Pateado Teatro Principal sábado 6 abril 20:30
PEDRO GUERRA (Güímar, Tenerife) 30 años Teatro Principal domingo 14 abril 20:30
BUDIÑO (Galicia) primeiro concerto de presentación do seu novo disco Teatro Principal xoves 25 abril 21:00
WIM MERTENS (Bélxica) presentación do seu novo disco A starry wisdom Auditorio de Galicia venres 3 maio 21:00
MALEVAJE (Madrid) Auditorio de Galicia sábado 25 maio 21:00
| - Uxía Senlle- Amancio Prada- Odaiko- Pradairo- Budiño -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 12 ) | 
O último projecto do músico de Niteroi, Sérgio Tannus, fala da mistura musical das duas tradições das beiras do Atlântico, da mão de um artista acolhido na Galiza que apresenta um disco cheio de colaborações e amizades: choro, moinheira, MPB, MPG, rock, roll, samba, jota... Sérgio acompanha-se dos também brasileiros Serginho Sales (Minas Gerais) e Paulo Silva (Bahía) e uma constelação de mais de 20 artistas do Brasil, Portugal e Galiza, entre outros, Uxía, António Zambujo, Joao Afonso, Ugia Pedreira, Narf, Emilio Rua, Carlos do Carmo, Óscar Fernández, Xabi Olite, Xoán Curiel, Pepe Sendón, Ariel Ninas,... A apresentação será esta terça-feira 18 de decembro no Teatro Principal de Compostela às 21 h.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Obradoiro de Pesdelán en Moaña
| (texto engadido o día 14/ / 12/ / 12 ) | 
Venres 14 de decembro de 2012 ás 18:00h Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra) Organiza: Concello de Moaña
Este obradoiro esta pensado para o publico familiar. Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.
As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas en distintas zonas da xeografia galega e portuguesa.
No obradoiro de Pesdelan participaremos: Patricia Lopez (voz e percusions), Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Santi Cribeiro (acordeon) e Carlos Freire (percusion).
Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).
O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...
É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.
Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.
"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."
Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias
| - Pesdelán -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 12 ) | 
No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.
Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosaranse outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos consideramos que actividades deste tipo son necesarias tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosará a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se poderá participar de xeito activo nos diversos debates e ponencias.
DATAS:
15 e 16 de decembro de 2012
Prema no título para ver a nova ao completo
LUGAR
Centro Lug2
Rúa Pintor Corredoira 4
27002 Lugo
INSCRICIÓN
Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74
O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.
Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.
PREZO DA MATRÍCULA
Socios da AGG: 5 €
Outros : 10 €
FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.
PROGRAMA
SÁBADO 15 DE DECEMBRO
Mañá
10.30 h - Acto de apertura das xornadas.
11.00 h - I RELATORIO: Ouribería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fdez "Pancho"
12.00 h - DESCANSO
12.15 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural “A Regionalista”
- Son do Fol. Xaime Estévez
13.00 h - II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé
Tarde:
16.00 h - III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández
17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran
18.00 h - DESCANSO
18.15 h - V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero
19.15 h – CONCERTO: Xirolarrua - Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón
Domingo 16 de decembro
Mañá:
10.00 h - VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles
11.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- A Requinta adobada. Alexandre Cadarso "Cano"
- Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía
11.40 h – DESCANSO
12.00 h – VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba
13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid
Tarde:
16.00 h - IX RELATORIO: Técnica expandida ou o gaiteiro moderno. Paulo González
17.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz
- Caderno 20: 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas
17:40 h - DESCANSO
18.00 h – RELATORIO – CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico - sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro
19.00 h - Remate das Xornadas
| - Son do Fol- Pablo Carpintero- Chichisos- Olga Kirk- Pablo Díaz- David Bellas -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| A Música na Galiza, Ciclo de conferências (Compostela)
| (texto engadido o día 22/ / 11/ / 12 ) | 
O Conservatório oferece um ciclo de conferências durante o curso 2012/13 que começam neste mês de novembro:
23 de novembro, 19:30h:
Fernando Olbés Durán: "Codex Calixtinus, uma experiência vital", colabora o CORO ULTREIA.
O prof. Olbés Durán explicará a sua longa experiência com o Coro Ultreia na interpretação e gravação histórica do Códice Calistino.
5 de dezembro:
José Moças (Tradisom): "Michel Giacometti e a nossa música popular", colabora o GRUPO RAÍZES.
O prof. José Moças apresentará o trabalho do musicólogo Michel Giacometti sobre a música popular do Norte de Portugal em relação com a música popular galega.
A entrada é livre e gratuita.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 12 ) | 
A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa música folk está vivindo case cen anos despois daquel período». Isto escribían no ano 2000 Xoán Manuel Estévez e Óscar Losada no libro Crónica do folk galego. 25 anos de historia (TrisTram). Unha ducia de anos despois, a situación parece outra e ata cambiou o nome: «Universalmente é música celta e aquí parece que se vai impoñendo o de música de raíz, que é máis ampla, porque, por exemplo, para os norteamericanos si falas de folk entenden que son cantautores», explica Roi Maceda, que forma parte do grupo Quempallou e traballa para a discográfica Zouma. Quempallou é unha das formacións que editou disco este ano: Vellas Novas é o seu título. Ademais actuaron en festivais como o de Pardiñas, Lorient, Brincadeira (Cambre) ou Ponte da Barca (Portugal). Neste outono tamén Uxía Senlle publicaba disco, Andando a terra. Uxía canta a Manuel María, un traballo no que, como indica o título, canta os poemas do escritor da Terra Chá. É a maneira que ten Uxía de celebrar os seus máis de 25 anos no mundo da música, unha traxectoria que vai seguir esta liña xa que ten teño en proxecto «pór música a poemas de Saramago ou Pessoa». Triple «Sons da lubre» O grupo máis activo dos últimos anos está sendo Luar na Lubre, e por varios motivos: en xaneiro incorporou a súa nova voz feminina, Paula Rey; en xuño presentaba novo disco, Mar Maior (Warner España). Logo veu a xira de presentación que Bieito Romero resumía nestes datos, antes dos concertos desta semana en Palencia ou no Festival Irish Fleed de Cáceres: «Once semanas nas listas dos discos máis vendidos, 22 concertos, os catro primeiros enchendo durante catro días seguidos no Círculo de Belas Artes de Madrid. En total, máis de 40.000 asistentes». E para a próxima semana máis novidades: «Sairá outro disco, Sons da lubre nas noites de luar, un recompilatorio con tres cedés e un DVD do concerto que fixemos o 31 de xullo na praza da Quintana, en Santiago, diante de 6.000 persoas». Con todo isto, e datos como os 30 concertos do ano pasado con motivo dos 25 anos do grupo, Bieito Romero explica que Luar na Lubre tivo que reinventarse: «Agora somos empresa, estamos casi autofinanciándonos porque esta é unha música de militancia, ninguén contrata folk en Galicia; facer música é ir contracorrente». Na mesma liña sitúanse dous históricos como Mini e Mero: «É duro dicilo, pero o momento actual é máis difícil para a música galega que cando comezamos nós hai case 40 anos». Isto dicían no encontro de música tradicional Terra de Trasancos que organizou o mes pasado o coro Toxos e Froles en Ferrol. Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, insistía esta semana en que iso débese «a moitos factores, como é a depreciación da cultura galega, o autoodio, que non se impulse a cultura desde a Administración, e non falo de subvencións, senón de intencións». Para Mini e Mero, que teñen recollidas «entre 14.000 e 15.000 cantigas de sempre» que queren que estean a disposición «de todo o mundo na Rede», a cultura «non se pode subvencionar, ten que camiñar por si soa», apunta o primeiro, despois de lembrar que Irmandiños é o último disco destes dous músicos, e o seu grupo A Quenlla, premiados co Pedrón de Ouro. Roi Maceda asegura que na música galega «o problema é a visibilidade porque Galicia é moi creativa, estamos a un nivel altísimo, na primeira liña de vangarda; o problema é saber vender todo o que facemos». Festivais si, pagando Maceda indica que esta fin de semana ten lugar o Castañazo Rock en Chantada, onde están citados os organizadores de varios festivais galegos. A idea é facer unha fronte común que lles permita saír adiante «compartindo estratexias e medios». «Os festivais de música galega teñen moitos problemas e, polo que me din, algún, como o Irmandiños de Moeche, estivo a piques de suspenderse este ano», explica este músico. «Moitos festivais subsistiron este ano porque fixeron a programación cos colegas», apunta Montse Rivera, de Leilía. E abre a controvertida cuestión do pagamento: «Non hai cultura de pagar por ver actuar a un grupo galego, porque durante anos a música galega foi gratis». Esta é outra liña de debate para un futuro que, segundo os gaiteiros Bellón e Maceiras, non terá nada que ver con aquel bum nos anos 90. Entenden que un dos cambios é que «estamos acostumados á subvención e agora mesmo o apoio a música é penoso, aínda que este é un problema dunha conciencia social na que se valora máis o que vén de fóra que o noso». Salienta Bellón «todo o poder musical que ten Galicia» e apunta como están sendo as empresas privadas as que están apoiando as iniciativas musicais. Cita os casos de R ou Estrella de Galicia e asegura que «o único que vive da música é Carlos Núñez», actualmente en xira por Estados Unidos e que «actúa nos clubs de Nova York», anota Maceda, que fala tamén de Cristina Pato, que, «está a un nivel moi alto» e tamén se reinventou. Bellón está «a favor de que se pague entrada para os festivais, como se fai en tódolos sitios do mundo» e apunta outra novidade: «Susana Seivane, que é moi amiga, fai un formato de trío e así pode viaxar fóra, porque con todo o grupo non se pode». Montse Rivera distingue entre os organizadores dos festivais e apunta que «as empresas de contratación tamén están caendo ou reducindo persoal». E cita casos como os de Abada ou Nordesía. A portavoz de Leilía, que actuarán o día 15 no Pazo da Cultura de Narón (20.30 horas), salienta que «por un lado está a crise do mundo profesional e logo a cultura base: nunca tiven tanta xente como agora nas clases de baile». O mesmo pasa na escola BellónMaceiras de Fene, onde votou a andar esta semana unha banda «con 40 gaiteiros de todas as idades; é unha cousa que temos comentado moitas veces con Montse, de Leilía, que tamén dá clases: con esta xente o relevo está garantido».
| + 1 noticia relacionada ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Estou Lá, músicas da Lusofonía no Auditorio Municipal de Ourense
| (texto engadido o día 12/ / 9/ / 12 ) | 
Estamos lá, na in-consciência coletiva que nos une, nas canções de embalar que nos arrastam até praias quentinhas e acolhedoras, nas vozes das nossas avós que ainda têm na memória palavras que estão lá, nos sons que oferecem as cantoras e cantores de cá, de lá, de tão perto, de muito longe...Às vezes, estamos lá, mesmo sem querer estarmos e é quando reparamos em que estamos cá também, onde nasceu a língua.
Festival "Estou Lá". Festival musical dentro dos Colóquios da Lusofonia e da FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) organizado pela AGLP, Pró- AGLP e AILC em colaboração com a Concelharia de Cultura de Ourense, AGAL e a FITO.
Este é programa do Festival:
Apresenta Jurjo Martins
Artistas:
Eneida Marta: (http://www.myspace.com/martaeneida) (Guiné Bissau)
Najla Shami (http://www.myspace.com/najlashami) (Galiza- Palestina)
Couple Coffee ( Luanda Cozzetti e Norton Daiello) (http://www.myspace.com/couplecoffee) (Brasil)
Xoán Curiel http://www.myspace.com/xoancuriel (Galiza)
João Afonso (http://www.myspace.com/joaoafonsomusic) (Portugal)
Banda:
Serginho Sales (teclado) http://www.myspace.com/serginhosales (Brasil)
Paulo Silva (percussão) http://www.myspace.com/paulosilvasambafunkmantra (Brasil)
Pablo Vidal (Baixo) (Galiza)
O preço do bilhete é de 12€, à venda em: Ourense: Cervejaria "O Moucho" Ponte Vedra: Pub "Lusco e Fusco" Compostela: Casa das Crechas e Café e Copas m* Corunha: C.S. Gomes Gaioso e Gráficas Xerga (zona Rua Barcelona)
| - Lusofonía- Xoan Curiel -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 12 ) | 
Entre Galiza e Portugal existem óbvias semelhanças, mas pouco se tem investigado sobre como esta proximidade geográfica e cultural se reflexa numa identidade sonora comum. Este filme acompanhará o periplo de um músico português (Pedro Calado, dos Gaiteiros de Lisboa) à descoberta do património musical tradicional da Galiza ao mesmo tempo que um músico galego (Davide Salvado) fará o mesmo em território português. Em ambos casos, as recolhas musicais terão a preocupação de incluir as paisagens e ambientes sonoros encontrados, sempre dando protagonismo aos informantes. Através deste intercâmbio musical, pretende-se questionar de que forma as fronteiras geográficas dividem ou não a identidade sonora dos lugares raianos. Cada músico toca as suas influências. É por isso que nós escolhemos dois músicos com diferentes percursos, difentes experiências musicais, e ademais trocamos-lhes as voltas enviando um para a Galiza e outro para Portugal. O filme estará construído essencialmente por música sem entrevistas ou voz em off, só a própria experiência vivida pelos dois. Um documentário de procura e de contrapunto, mostrando realidades que ainda que diferentes serão muito semelhantes.
| + 1 noticia relacionada ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 12/ / 9/ / 12 ) | 
Aberto prazo inscripción para masterclass Anxo Lorenzo no 1º Festival folk ASPENIZASFOLK, enviar e-mail a aspenizasfolk@hotmail.es para confirmar asistencia
Programa do festival
Pola mañá a partir das 11:30 h. Grupo folk "A NOSA XENTE" de Paramos Treboada "BAIXO MIÑO" de Tomiño Grupo folk "NA REVOLTA" de A Garda Pola tarde a partir das 21:00 h. Banda de gaitas S.Tiago de Cardielos (Portugal) Pelepau de Vigo J. Manuel Caballero e cía. ANXO LORENZO BAND
| - Anxo Lorenzo -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 ) | 
(Listado 2011-2012)
GALICIA
O BARBANZA
Escola de Música e Baile Tradicional VAI DE RODA (Rianxo) Sábados pola tarde no baixo da Biblioteca Municipal de Rianxo http://www.blogoteca.com/vaideroda Baile, pandeireta, gaita, percusión
Asociacion Sociocultural FOGO FATUO (Rianxo) Rúa do Hospital, Nº24 baixo, Rianxo http://www.fogofatuo.es/ Baile, gaita, percusión, pandeireta..
BETANZOS
Asociación Cultural A Fuliada http://www.fuliada.blogspot.com No Ambulatorio vello de Betanzos os Xoves de 19:30 a 20:30 con flauta e gaita , e os sábados a partires das 17:30 con baile tradicional. A finalidade de estas actividades é ir collendo os coñecementos necesarios para poder desfrutar da nosa cultura.
O BIERZO
Centro Galicia en Ponferrada Colexio Público Navaliegos http://centrogaliciaenponferrada.blogspot.com/ Pandeireta, gaita, percusión e baile
COMPOSTELA
Escola Livre da MPG Centros Socioculturais cedidos polo Concello do Castiñeiriño, Pontepedriña e Fontiñas (As oficinas de aCentral Folque atópanse no barrio de Vista Alegre, na zona norte da cidade e centralizan toda a actividade organizativa da Escola Livre da MPG) http://folque.com/centro.php?txt=arbore_web7&lg=gal gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico
Gentalha do Pichel rua santaclara, 21. Compostela http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/ iniciaçom à pandeireta, percussom tradicional, baile, gaita, percussom brasileira, capoeira...
Asociación Veciñal A XUNTANZA http://www.axuntanza.org Corredoira das Fraguas, 37 baixo Barrio de San Pedro, Compostela baile galego, canto, gaita, pandeireta, tamboril, acordeón..
Brincadeira http://www.brincadeira.org Rúa do Home Santo, 62 - Baixo - Santiago de Compostela BAILE, GAITA E PERCUSIÓN, PANDEIRETA, ACORDEÓN E BORDADOS.
Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS Algalia de Arriba 11 - Baixo, Compostela http://www.cantigaseagarimos.es BAILE TRADICIONAL, PADEIRETA E CANTO TRADICIONAL, GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, ACORDEÓN, LINGUAXE MUSICAL
Armadanzas de Laraño Laraño, Compostela http://www.armadanzastradicional.com Gaita, Acordeón, Percusión, Pandeireta e Baile
A CORUÑA
Cántigas da Terra http://www.cantigasdaterra.com Baile, Gaita, Pandeireta, Zanfona, Canto e Percusión Anótate nos teléfonos 981 203 284 ou 654 413 467 O prezo de cada unha é de 15 euros ao mes (agás zanfona que custa 10 euros cada clase). Na segunda actividade tes un desconto de 5 euros. Válido tamén se anotas a un parente! Mínimo catro alumnos por aula.
Asociación Xuvenil Xacarandaina http://www.xacarandaina.com Rúa Historiador Vedía nº3 A Coruña Baile, gaita, pandeireta, canto, acordeón, percusión, clarinete..
Escola Municipal de Música http://www.coruna.es/EMM/ Torre nº 67, A Coruña Gaita, percusión tradicional, acordeón.
Asociación Xuvenil Xiradela (Arteixo) Polígono Industrial de Sabón, Parcela nº5, Arteixo http://www.xiradela.es Baile tradicional, pandeireta, percusión, gaita, acordeón..
Asociación Cultural DONAIRE Avda. General Sanjurjo, 121B - 2ºB, A Coruña http://www.blogoteca.com/donaire http://www.acdonaire.com gaita, percusión, pandeireta, frauta, baile, bordado..
Centro Social Gomes Gaioso http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/ Rua Marconi, 9 rés-do-chao [Atochas-Monte Alto] Baile, pandeireta, gaita..
S.R.D.C. Tempo Novo http://tempo-novo.blogspot.com/ Baile, gaita, Percusión, Pandeireta, Acordeón
Clases particulares http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=413 trisquelcorchea@gmail.com - 981151029 - 657079830 frauta traveseira, whistles, frautas de pico, gaita, requinta, frauta irlandesa, ocarina.
Obradoiro gratuito de canto Todos os venres de 20:00h a 21:00h no local da AAVV do Agra na rúa Entrepeñas 38 Para desfrotarmos cantando, a cargo de Ricardo Seixo Fernández.
FERROLTERRA
Escola de Música BELLÓNMACEIRAS (Fene) Rúa Antonia Montero nº11 baixo, Fene - A Coruña http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=2266
http://www.bellonmaceiras.com/ Gaita, Acordeón, Percusión Tradicional, Baile galego...
Fundaçom Artábria Travessa de Batalhons nº 7 rés-do-chao Esteiro-Ferrol http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/ Gaita, Pandeireta..
FISTERRA
Universidade Popular de Corcubión http://universidadecorcubion.blogspot.com/ Baile, Pandeireta..
LUGO
Tradescola Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II' Rúa Pintor Corredoira, 4 · 27001 · Lugo http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/tradescola/Tradescola.html Gaita, Zanfona, Acordeón, Requinta, Percusión, Canto e Pandeireta, Linguaxe Musical, Baile Tradicional, Etnografía e Investigación
Asociación Cultural CÁNTIGAS E FRORES Nave de Asociacións. Local 10. Parque da Milagrosa, s/n. Lugo http://www.cantigasefrores.com gaita, percusión tradicional, baile tradicional, violín, zanfona, acrodeón, canto e pandeireta.
C. S. Madialeva Rua Manuel Amor Meilám (antiga Rua do Sol) 18 http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/ gaita, pandeireta, ..
A VOLTA DO AGRO Obradoiro de Cultura Tradicional Galega Rúa Paxariños, 32 baixo (LUGO) Tlf: 982 222390 (MARTA), 666370815 (ANA E MANUEL), 639993052 (SENÉN) http://www.avoltadoagro.org/ Gaita, percusión tradicional, baile tradicional, canto e pandeireta.
A MARIÑA ORIENTAL
A.F. O Arco da Vella Nos Colexios Vellos, San Miguel de Reinante - Barreiros (Lugo) BAILE, GAITA, PANDEIRETA e PERCUSIÓN
O MORRAZO
Asociación Cultural Loaira (Marín) https://www.facebook.com/acloaira e-mail: acloaira@gmail.com Grupos: -Grupo de Baile Trébede -Grupo de Pandereteiras Trébede -Vilarachos Actividades e cursos anuais: Baile tradicional, Canto e pandeireta, Gaita
Lembranzas da Ría (Cangas) http://www.lembranzasdaria.com/ Local de ensaio de Cimadevila, San Pedro - Cangas (ver mapa na web) baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión
O Retrouso de Cela (Bueu) Complexo Cultural de Cela (Bueu) http://www.blogoteca.com/retrouso/ baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral
OURENSE
AOFT Gomes Mouro - Escola de Música Tradicional de Ourense http://aoftou.wordpress.com EMT de Ourense (Tras bloque 8 - Baixo, Barrocás), Parque Barbaña, , EMT de Allariz, EMT de Maceda Gaita, percusión, canto, pandeireta..
PONTEVEDRA
TRÉPIA Asociación Cultural Palamios nº7 6º-A Pontevedra http://www.trepia.org pandeireta e canto, baile, gaita, tamboril, bordado..
Aula Folque Infantil (5 e 13 anos) e Laboratorio de Sons (8 e 15 anos) http://www.folque.com/centro.php?txt=arbore_web28&lg=gal A Aula Folque Infantil (AFI) pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. En paralelo, existe o Laboratorio de Sons, unha aula propia de experimentación diferenciada da AFI e que serve para a investigación sonora e escénica sempre co compoñente lúdico como motor da aprendizaxe
Trazantes (Tenorio - Cotobade) Instituto de Cotobade, en Tenorio http://www.trazantes.com Pandeireta, canto, baile, percusión e gaita
TABEIRÓS - TERRA DE MONTES
A Fervenza de Ouzande (A Estrada) http://carreiros.blogspot.com/ Gaita, baile, pandeireta e tamboril
TERRA DE CELANOVA
Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR (Concello de Ramirás) Praza de San Andrés. s/n. Vilavidal. Ramirás(Ourense) http://www.rebulir.blogspot.com/ Baile Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión Tradicional, Gaita..
VIGO
e-trad rúa García Barbón, 5 Vigo http://e-tradvigo.blogspot.com Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico..
A. V. C Casco Vello (Vigo) Rúa Oliva, 12 http://www.avcascovello.com Baile, Gaita e percusión, Canto popular e pandeireta, Acordeón diatónico, Confección de traxe tradicional Galego, Guitarra.. A.C.F. O Fiadeiro R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo. Vigo http://www.ofiadeiro.com Violín folk, Requinta, Baile tradicional, Zanfona, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto tradicional e pandeireta..
A. VV. Cultural e Deportiva " Castrelos " (Monte da Mina) Monte da Mina, 16 . Vigo - Tfno: 986472758 Gaita, acordeón..
Escola de Música de Mos Outeiro, s/n. Torroso - Mos http://www.crctorroso.com Gaita, Percusión tradicional,..
PORTUGAL
LISBOA
Centro Galego de Lisboa http://www.juventudedagaliza.com Rua Julio Andrade, 3 | 1150-206 Lisboa Gaita, baile galego, pandeireta.. Tradballs Pandeireta Galega por Sara Louraço Vidal Domingos, 15 em 15 dias Iniciados: 16h-17h Intermédios:17h-18h - Fábrica do Braço de Prata Rua da Fábrica do Material de Guerra, nº 1
Preço: 15€ (Mensalidade) http://www.tradballs.pt
ÁGUEDA
d'Orfeu Associação Cultural http://dformacao.blogspot.com/ Rua Engº. Júlio Portela nº6, 3750-158 Águeda Pandeireta galega, Gaita.
ARXENTINA
Centro Galego de Avellaneda gaita, baile, percusión.. Avenida mitre 871, Avellaneda
ESPAÑA
MADRID Centro Galego de Móstoles c/ Cervantes, 7, Madrid http://cgmostoles.galiciaaberta.com/ baile, gaita, percusión.. Asociación Galega Corredor do Henares C/ Campo Real 1 Bajo, Alcalá de Henares – Madrid gaita, baile e percusión
CATALUNYA
Centro Galego de Barcelona http://www.cgb.cat/gl/actividades/talleres gaita, baile, pandeireta, percusión
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 2/ / 8/ / 12 ) | 
O grupo actuará esta mesma fin de semana no Festival de Pardiñas, en Guitiriz, para logo viaxar á Bretaña Francesa e Portugal.
Logo do lanzamento do seu cuarto traballo discográfico “Vellas Novas” o pasado mes de maio, a banda galega faise oco nos máis importantes festivais de música folk. O seu paso polo Festival de Pardiñas, o vindeiro día 4 de agosto, acompañando a Kepa Junkera ou Eliseo Parra, será o comezo dunha xeira de concertos que os levarán camiño da Bretaña francesa para participar por segunda vez no Festival Interceltique de Lorient os días 8 e 9. Xa de volta, e sen apenas descanso, agardan o día 10 o Festival Brincadeira en Cambre e ao día seguinte o Festival Folk de Ponte da Barca (Portugal).
Quempallou confirma deste xeito que segue a ser un referente na música tradicional e folk galega. Un grupo cunhos piares ben asentados na terra, que sabe coma ninguén facer festa pero sen esquecerse da súa faceta reivindicativa social.
| - Quempallou -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]
En 'Novas Relacionadas'
* Millo Verde agarda que máis de 35 grupos participen no seu VI Concurso de Maquetas
* Los hombres y la pandereta | Galicia | EL PAÍS
* Tiago Pereira trata as relações entre Galiza e Portugal a partir da música com 'Não Lugar'
* Festa 25 aniversario da Casa das Crechas | Axenda cultural de Galicia en culturagalega.org. Exposicións, música, teatro, literatura, arte, cinema en toda Galicia
* OuTonalidades, música a ambas beiras do Miño
(mostráronse só as últimas recibidas) |
|