Resultados para:

portada
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'portada':


Festival Solidario "DesPlanta SONS" en Teo (A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de Setembro
Aldea Ameneiro, 15866 Teo (A Coruña)


Presentámosvos o tremendo elenco de artistas que unirán as súas voces de maneira desinteresada para berrar xunt@s por un futuro no que @s nos@s cativ@s poidan respirar o mesmo aire puro que nos legaron os nosos ancestros.

A festa comezará a quentar motores ás 20.30h con hinchables gratuí­tos para os máis pequenos, que a continuación poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo, un espectáculo infantil moi entretido! Non dubides en achegarte con net@s, sobriñ@s, fill@s...

Pero a festa non acaba aí­, a noite segue cos seguintes grupos:

Coro Son Elas: Dende aquí­ ao lado, de Ames, chega un coro formado na súa totalidade por mulleres que nos traen música variada e contemporánea.

Os Tres Pesos: Tres músicos, tres caras da mesma moeda, tres apasionados das nosas músicas, Tres pesos. Música de raí­z transportada ó século XXI.

Os d\'Abaixo: a carballesa máis internacional chega a Ameneiro para facernos bailar da man dun grupo tradicional que leva a foliada por medio mundo

Os John Deeres: Dende A Estrada chega unha das bandas referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia contrastada.

Deseqilibrio mental: Deseqilibrio Mental: "Na Casalonga Rocanrol“ din nun dos seus temas e nas súas novas camisetas. A contundencia do" metal rural" con máis de 15 anos de experiencia no rock en galego.

Ademais, durante toda a noite poderedes achegarvos ao stand da Plataforma para conseguir as vosas camisolas, facervos soci@s ou asinar contra a planta de residuos. A recadación da cantina destinarase ás accións levadas a cabo pola plataforma.

Grazas a toda a veciñanza pola acollida a este festival solidario para o que novamente volvemos pedir a vosa unión nun evento que esperamos sexa do voso agrado. Non podemos deixar de agradecer aquí­ a colaboración desinteresada dos grupos que fixeron un oco nas súas ateigadas axendas de verán para tocar e berrar ben alto que non queremos unha planta de residuos tóxicos, así­ como o resto de colaboradores que desinteresadamente fixeron posible esta celebración: Midón, Infantilandia, Comisión de Festas do Monte Carmelo, Jose Manuel Piedra, Xurxo Piñeiro e Juan Antepazo e moit@s máis
Compartide, difundide, berrade moi alto!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nunca Máis Fest: Compostela

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 17 )


Sábado 11 de novembro

Iniciativa a nivel galego totalmente altruista que xorde para axudar aos damnificados dos incendios forestais.

A recaudación en Santiago de Compostela irá a parar á ADEGA.
http://adega.gal/portada.php

Máis información en Nunca Máis Fest ( https://www.facebook.com/NuncaMaisFest/ ).

COLABORACIÓN FILA 0: www.woutick.es (non se pode acceder con ela)

SÁBADO 11:

Bar Embora: (13:30h – 16:00h) (Comida variada) Alfonso Espiño + Pablo Sanmamed Trío + Braistalung
A Gramola (17:00h – 18:30h) Layla + Cachas & Cousins
Modus (18:00h – 19:00h) Lucho Mak y Los Canallas + Tato López
Caldeireria 26 (19:00h – 20:00h) flor + Noe Black ft. Guillermo Vistoso
A Reixa (20:00h – 21:30) Marcos Guitián + The Fabulous Resaca Brothers
Fraggle Rock (22:00h – 23:59h) Poesía Canalla + Los Vagos de Lalín


DOMINGO 12:

Sala Riquela (13:00-14:30) Circo para nenos!! + Danza con: Martha Franco (+masterclass) + Tamara Kallaikia Danza
Camalea (14:00 – 15:30) (Comida variada) The Man All Us
Pub Momo (17:30-21-00) Son Elas + Roberto Sobrado Grupo + Som do Galpóm (Presenta Isa Risco)

Custo por entrada: 6€ por día (Coa adquisición dunha entrada poderase acceder a tódolos demáis concertos)

COLABORAN:
- A.C. Cidade Vella
- 16 Thunders ( www.16thunders.com )
- Rural Sound
- Sala Riquela
- Copy Santiago

#nuncamaisfestcompostela

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala Irmandade en Ribeira

(texto engadido o día 16/ / 12/ / 16 )


O vindeiro venres 16 de decembro o #DACOutonoCultural trasládase ao Auditorio Municipal de Ribeira para representar ás 21:00 horas un dos pratos fortes da programación, a #GalaDaIrmandade, con actuacións de Maquinaria Pesada, a compañía de Isabel Risco, Os Quinquilláns, a música en vivo de Caxade, a maxia do Mago Teto, o humor de Luís Iglesia e Xabier Deive, e a simbiose de ópera e danza de Mónica de Nut e Ánxela Blanco.
+ Info: http://outonocultural.dacoruna.gal/portada/gl

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto no Pichel, The Brosas e Skohlma
http://gentalha.org/2013/11/concerto-no-pichel-the-brosas-e-skohlma/
(texto engadido o día 8/ / 11/ / 13 )


THE BROSAS + SKOHLMA
Apresentaçom LP/CD THE BROSAS (Lixo Urbano)
C. S. O Pichel – Compostela
6ª feira 8 de Novembro – 22h00
Entrada: 4€ (3€ para associad@s)
Entrada + LP The Brosas: 12€
Entrada + CD The Brosas: 10€
The Brosas som umha bola de demoliçom carregada de nitroglicerina. Venhem desde Burela dispostos a destroçar-nos os tímpanos com o seu brutal rock’n’roll digno herdeiro de Motörhead e influenciado por sons hardcore e d-beat. Um cocktail em chamas de apocalipse, acidez, sarcasmo e negrura, como a que se desprende do genial desenho de Castelao que adaptam como portada do seu flamante novo LP, editado por Lixo Urbano e que podes conseguir neste concerto a preço reduzido (oferta disco + concerto polo preço do disco).
Os Skohlma estám orgulhosos de ser os “teloneiros” dos Brosas e poder mostrar-nos o seu repertório de punk-rock passado polo Termomix. Venhem também de Burela e presumem de tocar rápido, sujo e mal. Vem vê-los agora antes de se tornarem famosos e ter que pagar umha fortuna por entrar nos seus concertos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vitaminas para o galego
http://www.verkami.com/projects/1040-vitaminas-para-o-galego
(texto engadido o día 22/ / 1/ / 12 )


Campaña de sensibilización sobre a importancia dos medios de comunicación en lingua galega

A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 5.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación. O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.



Colaboran 16 medios pero está aberto a novos socios

Os medios de comunicación que organizan esta iniciativa queren agradecer o apoio deste músico e dos máis de 100 mecenas que xa contribuíron en liña. Os cartos destinaranse integramente ao financiamento da propia campaña e o resto repartirase entre as cabeceiras que participan en Vitaminas para o Galego.

Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor Info, Praza Pública, Terracha Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), Radio Nordés (Cadena Ser Vimianzo) e Que Pasa na Costa. Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia. Ademais, están invitados a sumarse todos os medios ou proxectos de medios que publiquen na lingua propia do país.

Segunda fase da campaña

Agora comeza unha segunda fase da campaña, que consistirá na difusión dos obxectivos de Vitaminas para o Galego a través das redes sociais e da organización de relatorios e actos de promoción por toda a xeografía galega.

Entre os obxectivos de “Vitaminas” destaca contribuír á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como, entre outros, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. Asemade, búscase contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega.

Máis información nas webs http://www.vitaminasparaogalego.gl/ e http://vitaminasparaogalego.blogspot.com/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal
http://www.galiciae.com/nova/113942.html?lang=gl
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 11 )


Oscar Fernández: ''Tíñamos que reconducir o proxecto. A formación non estaba sendo prolífica''


13/09/2011 - David Canto / Galiciaé

Os Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústica, mantendo con Serxio Ces e Antón Varela e o propio Óscar as claves na composición, a voz e o liderado.

PREGUNTA:
Nunha entrevista, a principios de 2007, deixaron a porta aberta a volver: "Ao mellor dentro de cinco anos damos unha sorpresa". Xa tiñan pensado este prazo?
RESPOSTA:
Non recordo de decir cifras, pero en calquera caso non estaba planeado. Non sabíamos se íamos volver ou non, nin cando.

P: Que foi o que precipitou o retorno?
R: Non foi pensado. Foi como somos nós, bastante impetuosos. Pero temos que agradecerlle as forzas para volver á Asociación Cultural e Xuvenil Anchoa, que organiza o Festival Fin do Camiño, que insistiron de tal xeito en que sería grandioso que fosemos...


P: Xa houbera un amago de volver en 2010...
R: Si, fixeramos dúas actuacións improvisadas. Foi cousa de Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque, a ver se algún grupo se animaba, a facer un concerto nun cargueiro de hai 200 anos que está preparado para facer festas ou excursións. O casco é un lugar idóneo para a música ao vivo. Eu respondín á petición e dixen "Chamo aí aos Cempés, que sempre nos fixo graza tocar nos barcos". Un terceiro concerto foi consecuencia dese, no Lugnasad de Bretoña, coa mesma formación, tocando simplemente versións das cancións de sempre. O cambio é que este ano a formación é estable e reducida, e ensaiamos bastantes máis días que para aquilo.

P: Que lles deu a xente de Fisterra para botar todo a andar de novo?
R: Foi unha cousa tan sincera! Eu non recordo coñecer persoalmente a ninguén da asociación, por iso nos chamou tanto. Ademais, coincidiu que non estábamos tan atarefados. Está a ser un ano malo de concertos para case todo o mundo. Por iso xuntamos a xente para tocar e dixémonos: de facelo, facémolo para seguir... e en que lío nos metemos outra vez.

P: Fíxolles ben esa parada?
R: Si. Tíñamos que reconducir o proxecto dalgún xeito, e a formación que tíñamos non estaba sendo prolífica, non estaba avanzando. Se a maneira de refundar o grupo foi paralo, foi correcto creo.

UN PANORAMA DISTINTO
P:
Volven grazas ou por culpa da crise?
E: En parte grazas a ela. A crise afecta a todo absolutamente. Non sei que datas se lle pon a estas crises, pero non é deste ano só. Desde o 95... En principio parecía que a cousa cambiaba para ben. Houbo unha renovación nos grupos e trocaron algunhas esixencias loxísticas. Pero agora hai dificultades por falta de financiamento para todo... Se faltan os cartos, da música é para o primeiro que recortan. O ocio e a cultura son sempre os primeiros. Está a chegar ata ao ensino!

P: A metade do grupo é novo, xa que só quedan vostede, Serxio Ces e Antón Varela. Notaremos un cambio sonoro?
R: Quixemos romper coa liña anterior. É complicado, porque dos Cempés anteriores, 3 deles era un trío de rock, con guitarra, baixo e batería. Agora vai ser unha formación moito máis acústica. Ao haber un instrumento máis harmónico, como é o bouzouki, tocarei eu menos o acordeón e tocarei máis a sanfona, que é ao que me dediquei máis estes anos. Xa non teño nin acordeón, que o teño que andar pedindo prestado.



P: Pode presentarnos, un a un, os novos compoñementes?
R: Fernando Barroso vainos axudar na harmonía co bouzouki, que é un instrumento que aparece na portada do primeiro disco, pero que despois non estivo integrado no grupo, só sonou nunha peza, tocado por Carlos Beceiro; Pablo Dalama vai tocar os ventos, co saxo e o clarinete, liberando a Serxio para que se centre máis no canto; e teremos un percusionista a maiores, xa que o propio Serxio tocará pandeireta e bombo, que será Ramón Dopico, que é un músico moi versátil.

P: Están enrolados noutros proxectos, en concreto vostede na Atlántica Vapora Orquestra, estivo en Bonovo, Doa, ademais de dar clases. O resto do grupo, máis do mesmo. Deixarán de lado algunha ocupación para centrarse nos Cempés?
Temos que compaxinar todos todo. O tempo no que Os Cempés estábamos exclusivamente para o grupo pasou. Non se pode. Agora cun grupo só, como xa se puido ver, non se vive. Exceptuando a Milladoiro, e nin iso, se se enfoca a música de xeito profesional ou semiprofesional, ten que estar nun grupo ou dous. Hai que estar a picar de moitos sitios.


P: Existen músicos que na súa traxectoria resístense a novos proxectos e varían moi pouco a súa proposta, mentres outros son máis 'promíscuos'. Vostedes están facendo ambas cousas.
R: Se se quere traballar na música o que non se pode facer é estar argallando moito tempo sen ir a por todas. Hai que ser rápido, crear un proxecto, un repertorio e comprobar canto antes se funciona ou non. Tamén hai que ter en conta un dilema: centrarte no que presupós que lle gusta ao público ou vas centrarte no que che gusta a ti.

P: En que se centra vostede?
R: Depende. Posiblemente a formación menos complicada para isto é Os Cempés, temos unha liña coa que levamos case 20 anos. Incluso outros grupos foron bebendo dela. Pero con Bonovo foi complicado para moita xente. Arriscamos moitísimo máis e a uns encantoulle e outras nada.

P: A proposta de Bonovo foi innovadora e gozou de certo recoñecemento. Ides tirar algo desa estilo?
R: Non, non creo que teña moito que ver. Imos darlle outra volta ao repertorio de música tradicional e a composicións sobre música tradicional, que eu non deixei de facelas durante este parón.

NOVO DISCO, PARA O NADAL
P: Están planificando xa o retorno discográfico?
E: Temos xa 10 cancións do novo disco preparadas. Será realidade o antes posible. O primeiro paso é coñecer as pezas os 6 compoñentes e que e sonen nos dous ou tres meses que veñen. Posiblemente busquemos a maneira de facer a parte musical, o crowdfounding, estamos vendo que hai bastante xente preguntando por novos discos e cousas, e imos devolverlle esa inquietude e pedirlles que sexan uns 'micromecenas' do disco a partir de pequenas doazóns.

P: Para cando podemos ter nas mans ese novo disco?
R: Imos a toda velocidade. Espero que en nadal esteamos gravando algo.

P: Que versión dos Cempés poden agardar os seguidores nesta segunda etapa?
R: Posiblemente sexa un Circo Montecuruto mellorado.

P: Coincidirá logo cunha efeméride...
R:
Si, 20 anos do primeiro concerto. Este ano deime conta disto por un vídeo que ten Xaneco Tobío, dun concerto feito no 92 en Lugo. Eu botei contas e dixen... son 20 anos! Hai que ter en conta eses 4 anos que estivemos parados, aínda que algúns grupos botan eses anos presentando un disco como novo, e tampouco debería ser así.P: Podería recomendar algún disco aos lectores?

R: Non porque estea eu nese proxecto, pero o da Atlántica Vapora Orquestra, que acaba de saír. Ten moita historia detrás. Son pezas baseadas en cancións da cultura mariñeira de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa.

P: Sería capaz de sinalar un concerto coma o concerto da súa vida?
R: O dos Cempés no Campamento Español de Bochia, en Pontedeume. Ceamos e actuamos para persoas con parálise cerebral. Son xente á que lle costa moitísimo bailar, cansan moito movéndose e ver como comezamos a tocar e respondían dándo todo de si... Tocamos 4 cancións e os monitores dixérnnos que non podíamos tocarlles máis, que despois ao día seguinte...

P: Pro SGAE ou Anti SGAE?
R: Eu son socio da SGAE coma quen está bautizado. Cando comezamos pensábamos que era como a oficina do rexistro e sen máis alá fomos. Non estou moi de acordo co que fan, si creo na entidade de xestión como medio para protexer as obras, pero non como o fai a SGAE.

P: Algunha noticia, máis ou menos recente, do panorama musical que chamase a súa atención?
R: O anuncio da Xunta de que 2011 ía ser o Ano da Música, así, con maiúsculas. Promocionar 4 ou 5 grupos non é moito ano de música. As subvencións aos grupos foron  brutais durante moito tempo. Iso, e o feito de non cobrar entrada, favoreceu que se desvalorizase nos concertos e a música en directo.
- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 11 )


(Información e fotos extraída de diversos xornais e a web do Facebook de Berros do Castro)



Este CD pode mercarse nos concertos, no obradoiro de Antón Varela (r/San Francisco de Ferrol) ou no correo electrónico berrosdocastro@gmail.com, e o seu precio (5 euros) busca sufragar os costos da súa edición, parte da cal foi pagada a través do programa "Outra+Outra".

A Deputación de A Coruña e a Fundación Paideia, a través do estudio de gravación Mans, veñen convocando nos ultimos anos o programa "Outra+Outra", que ten como obxectivo a promoción e difusión de formacións musicais da provincia.
Apoiados por este programa, a Agrupación Berros do Castro, de San Sadurniño, está a desenvolver, dende comezos do 2008, o proxecto de investigación etnográfica e cultural "Unha imaxe, unha melodía, un recordo..", proxecto que ten como finalidade «recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos dá música popular de Ferrolterra». recompilando imaxes e todo tipo de documentación dos solistas e conxuntos que deron pulo á música tradicional nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.


Este proxecto, que levou a Berros do Castro a conquerir o premio de investigación “Ferro Caaveiro” do Museo Etnográfico da Capela, conta cunha serie de ferramentas para poñer en valor este patrimonio, como é unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións e músicos tradicionais, e unha serie de concertos didácticos.

Durante estes anos rescataron melodías que doutro xeito quedarían esquecidas na memoria e nas partituras de mestres e intérpretes pois xa non formaban parte do repertorio de ningún grupo (polas dificultades ou a reticencia que houbo noutras decadas á hora da transmisión). E se xa no seu momento Berros do Castro foi introducindo estas músicas no repertorio das súas actuacións, chega por fin a «plasmación sonora de "Unha imaxe, unha melodía.. un recordo» coa gravación dun disco "Eirexado s/n", no que buscan unha maior divulgación e dignificación dos músicos de antano, ao tempo que poñen todo este material (partituras, audio, fotos..) a disposición de aqueles grupos que tamén queiran reinterpretar algun dos temas.

Ademáis destas melodías interpretadas polo grupo (algunhas delas gravadas cunha gaita restaurada por Antón Varela, cunha sonoridade moi especial, procedente dun obradoiro que que existiu en Lago, Valdoviño, e que Berros do Castro sitúan nas décadas dos anos 20 e 30) o disco inclúe «dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da bisbarra»: - unha gravación do ano 83, cedida pola asociación Donas e Galáns, de Dionisio Rodríguez, «afamado acordeonista dá parroquia de Doso», - e outra do ferrolano Manuel López Vergara «un dous gaiteiros máis representativos e activos dá bisbarra, tanto na súa faceta de intérprete como de mestre de gaiteiros», rescatada dun casette que gravou a propia familia a finais dos 70 ou principios dos 80.

Eirexado s/n é en realidade o enderezo postal, na parroquia de Naraío, da Asociación Berros do Castro, e representa o destinatario dun paquete de música, envolto en papel de estraza -así ven representada a capa do CD-, que remiten os músicos do pasado cun selo no que figura o mestre e compositor Constantino Bellón, figura que aparece resaltada non só nesta estampa, senón tamén ao contaren o disco coa colaboración da formación Os Raparigos, .
Todo no disco é por tanto unha homenaxe: portada, fotos, datos dos grupos rescatados.. «un disco modesto», segundo apunta Bruno Casal, «pero que cumplirá co seu obxectivo se serve para preservar e transmitir o gran traballo que fixeron os músicos populares antigos das nosas comarcas».



Berros do Castro son:
Antón Varela e Bruno Casal: gaitas e frautas.
José E. Rodríguez: acordeón e gaitas
Xosé L. Loureiro: clarinete
Marcos Gómez: bombo e pratos
Ramón Dopico: tambor e caixa
Sabela Folgar: Baile e percusión

Colaboracións:
Alexandre Cadarso: frautas
Víctor Collazo: trombón
Os Raparigos (Xan R. Silvar e Xabier R. Fariñas nas gaitas e Rafael Victoria ó bombo).
- Berros do Castro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



DOA portada máis entrevista na revista Interfolk
http://www.interfolk.net/site/index.php?option=com_content&task=view&id=246&Itemid=28
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 11 )


A revista INTERFOLK adica ao grupo DOA a portada do "ESPECIAL VERÁN" cunha longa entrevista, fotografías e un percorrido pola súa traxectoria musical e discográfica

Noticia enviada por Doa

- DOA- Interfolk- portada- entrevista- folk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Unha cáscara de noz convertida en barco
http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/12171-noticia-coruna
(texto engadido o día 17/ / 12/ / 10 )


“arrolos de salitre” xabier díaz e guillerme fernández

Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández presentaban onte no centro escolar Andaina o seu novo traballo “Arrolos de salitre”, no que se agocha un traballo de investigación polo que a parella andivo na búsqueda de cancións para nenos, ás que lles sumaron composicións propias e a voz de nove amigos. O resultado é sinxelo, igual que un barco feito cunha noz.

Reportaxe de marta garcía márquez

Proba de que os arrolos de sempre son máxicos é que unha nena se quede durmida en medio dunha actuación en directo.

E pasou. Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández non podían presentar o disco “Arrolos de salitre” noutro sitio que non fora un colexio. Así foi como unha guitarra e un acordeón soaron no centro escolar Andaina para dar paso ás interrogantes, que saen dos nenos por un conducto directas. Isto fai que todos levanten a man. E pregunten.
Os pequenos quixeron saber se eses dous estraños que tocaban melodías suaves na súa clase tiñan algún día do ano vacacións para facer castelos na area e interesáronse tamén no por que do disco. Quixeron saber se lles gustara facelo.
Guillerme Vázquez explicáballes que si, que estaban encantados porque lles parecía moi importante o contacto dos rapaces coa música en galego e “que escoitasen cantar no seu propio idioma”. O guitarrista introducía aos pequenos o álbum xustificando o seu título. Dicía que se chamaba así porque son cancións para nenos que beben do salitre, que é inherente aos dous que comparten grupo –Berrogüetto– e selo discográfico, Músicas de Salitre.
Os autores falaban do proceso de selección dos temas, que foi máis ben un rescate dun cancioneiro popular que doutro xeito, se perdería na memoria. Xabier Díaz e Guillerme Fernández percorreron distintos puntos da xeografía galega coa gravadora na man para sacarlle ás mulleres de idade avanzada todos aqueles arrolos que regalaban a seus fillos. Trátase por tanto dunha volta aos cantos populares para recoller, por exemplo, unha composición pensada por un pai, que foi quen de inventar gaiteiros de vainilla para facer adormecer a seu cativo co fin de que soñara cousas bonitas.

Nenos e maiores > Pero lonxe de ser un disco exclusivo para os máis baixiños da casa, “Arrolos de salitre” está tamén feito para os maiores, que contan xa cun material para cantarlles en galego. Desta forma, explicaban atenden a unha franxa de idade un tanto apartada do repertorio de grupos tradicionais.
Por outro lado, os autores aportan composicións propias e o conxunto de once temas entre novos e tradicionais aparecen no CD interpretados por “amigos cantantes, que non son excesivamente coñecidos”, explicaba Díaz aos nenos.
As voces son Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Cribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño. Ademais da guitarra e o acordeón, está tamén o instrumento inventado de Quim Fariña, xunto a Pedro Lamas e Suso Iglesias, e un conto da escritora Lupe Gómez. O traballo publícase en dúas edicións: unha sinxela co disco e outra especial composta por unha caixa reutilizable coa imaxe da portada, un babeiro e unha postal. Aínda que non teñen datas pechadas para presentalo en directo, os dous prometeron unha nova parada na cidade, na que naceu Xabier Díaz.
Foi aquí onde soplou forte por primeira vez para encher o fol dunha gaita e case que desiste no intento, sinalaba, pero pillou o truco a tempo para regalar sons a este país. Nesta produción, os cantos miúdos son grandes á vez igual que unha simple cáscara de noz, feita barco cun trozo de plastilina e un palillo a modo de vela.
- Xabier Díaz- Guillerme Fernandez- Salitre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Coral de Ruada cumpre 90 anos
http://www.anosaterra.org/nova/a-coral-de-ruada-cumpre-90-anos-.html
(texto engadido o día 23/ / 4/ / 09 )


Co gallo do 90 aniversario da presentación oficial da Coral de Ruada, a editora Ouvirmos está a organizar un programa de actos para a celebración da efeméride, entre os que figura a reedición das primeiras gravacións de 1929 realizadas polo grupo, a publicación dun libro que narra a súa historia, a inauguración dunha exposición sobre a súa traxectoria, un encontro internacional de coros e unha toda unha serie de visitas guiadas por Ourense.


A editora que dirixe Xosé Manuel Aldea organiza, en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Caixanova, os actos do 90 aniversario da Coral de Ruada cos que se persegue exaltar o "valioso" traballo realizado polos membros da agrupación ao longo da súa traxectoria e reivindicar aquelas figuras que dende Ourense e a Coral contribuíron a dignificar a cultura como Prieto Nespereira, Faustino Santalices e Manuel de Dios.

Con estes obxectivos, editase o libro Primeira viaxe a Andalucía do Coro de Ruada de Xaquín Vales, investigador e membro deste Coro desde hai dezanove anos. A obra narra a primeira e exitosa xira que a agrupación realizou por terras andaluzas no ano 1927. Coa presenza destacada do virtuoso da zanfona Faustino Santalices, actuaron en maio nas cidades de Sevilla e Cádiz, mais o rotundo éxito que obtiveron obrigounos a pospoñer o seu regreso a Ourense até o mes de xuño.

Porase en marcha ademais a exposición do 90 aniversario da Coral de Ruada, un dos actos centrais da conmemoración. Poderá visitarse durante o mes de setembro no Centro de Exposicións do Edificio Simeón. A mostra está estruturada en tres espazos: un artístico con obras de creadores gráficos sobre De Ruada, un documental coas imaxes, portadas, documentos, bandeirolas e demais legados orixinais da Coral e un espazo didáctico, que propón unha viaxe pola historia de De Ruada a través de paneis informativos, audiovisuais e gravacións sonoras máis relevantes para a historia da Coral.

Coincidindo coa exposición realizaranse na última semana do mes de setembro visitas didácticas Ourense Musical, onde os escolares percorrerán lugares como a catedral, a praza Maior... até chegar ao Teatro Principal, sede da Coral.

Dentro dos actos tamén se reeditará unha selección das primeiras gravacións realizadas no ano 1929. Nelas recollíanse as harmonizacións sobre cantos populares do mestre Daniel González, quen, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño e con Javier Prado Lameiro, creou o que deron en chamar as Escenas Corais Galegas, a súa gran contribución ao coralismo.

En paralelo, dentro das Festas do Corpus 2009 no mes de xuño celebrarase o III Certame Internacional de Coros "De Ruada". Participarán os orfeóns galegos Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Real Coro Toxos e Froles e a Coral De Ruada, que contará coa participación especial de Cristina Pato. Ademais participarán os coros portugueses de Águeda e Vila Real, así como a Coral La Enseñanza de Valladolid.

+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista
http://www.ghastaspista.com/camaxe.php
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 09 )

A arte atópase alí onde a innovación prende pulo en experimentos que extraen as ensinanzas do pasado. En Airexa, a tradición chama pola renovación e constitúe un cóctel que xunta en receta engaiolante apostas anovadoras en equilibrio de tradicción. E iso mesturado cunhas pingas de brisa importadas da benquerida praia de Camaxe, alí onde as ondas bican a area que noutrora pisara Ulises, e alí onde se grabou este traballo exemplar.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MELODÍAS ANCESTRAIS CON GUITARRAS ELÉCTRICAS
http://sons.santiagodecompostela.org/concerto.php?txt=c131208
(texto engadido o día 10/ / 12/ / 08 )


Sábado, 13 de decembro
No Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas
O prezo da entrada é de 15 euros, con descontos do 50% para
estudantes e persoas xubiladas

A música forma parte da vida de Aynur dende nena. Creceu
escoitando música e cancións, os grandes poemas e melodías do
pasado, que, segundo palabras de Aynur, acaban sendo parte de ti
mesma. Froito deste contacto constante coa música recoñeceu as
enormes oportunidades artísticas que existían na mestura de
palabras, canto e música nas culturas do seu país. En Turquía a
cultura cambia de cidade en cidade e a tradición musical curda alawita
(próxima á doutrina xiíta), á que Aynur pertence, é moi diferente á de
Siria ou Irán.

No 92, a súa familia trasládase a Istambul, onde comeza a recibir
clases de baglama, o laúde tradicional turco por excelencia. Unha das
influencias máis importantes nesa primeira etapa foi o guitarrista
Erkan Ogur, artista innovador na música turca. As súas gravacións
lograron manter viva a tradición musical turca para as seguintes
xeracións e esa mestura do antigo e o novo caracteriza tamén a
música de Aynur. Tamén exerceron influencia nela as músicas de
Oriente Medio, Irán, Estado Español, Grecia e Latinoamérica, igual que
a voz de cantantes como Tracy Chapman. Pero o que máis
poderosamente marcou o seu estilo foi a gran tradición barda do leste
de Turquía, onde os trobadores ían de cidade en cidade cantando
tanto as súas propias composicións como as venerables cancións
transmitidas de xeración en xeración a través dos séculos.

Aynur non cre que a súa música xogue un papel político. Di que o que
máis lle interesa é que a música fale de amor, de emocións, da
alegría e da amargura da vida, aínda que recoñece que ás veces a
manifestación desas emocións que aparecen nas súas cancións pode
xurdir de sucesos políticos.

Aynur ten publicados catro discos en Turquía, cos que conseguiu un
grande éxito, con importantes eloxios da crítica internacional; foi
portada de importantes revistas como Follk Roots ou Times, onde se
fala dela como un dos máis fieis expoñentes da riqueza cultural turca.

A fermosa voz de Aynur entoa cos seus múltiples rexistros melodías
ancestrais e explica historias relacionadas coa súa cultura; os
instrumentos propios do seu país, como os davuls, mestúranse
harmonicamente con guitarras eléctricas e sintetizadores. Unha
demostración de complicidade entre tradición e modernidade.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Samesugas + Marcelo Pocavida
http://thehomens.wordpress.com/2008/10/09/samesugas-marcelo-pocavida/
(texto engadido o día 10/ / 10/ / 08 )


Detrás desta portada pelín grimosa atópase o último esforzo
internacional do mellor grupo que hai neste país e na maior parte do
estranxeiro. O selo Rastrillo Records, de Buenos Aires, acáballes de
editar aos nosos irmaos os Samesugas un split co mítico roqueiro
arxentino Marcelo Pocavida, e o disco está xa á venda en Gong Discos
Compostela e nos concertos de Samesugas. E tédelo fácil: o día 1 de
novembro Samesugas van estar na Sala Nasa de Santiago DC con Los
Chicos (Madrid) e The Act-Ups (Barreiro-Portugal).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ou dúo de música tradicional Sete Saias edita ou seu primeiro disco, de título homónimo
http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5472499&idioma=galego
Sete Saias ven de publicar ou seu primeiro traballo discográfico de título homónimo non selo galego Pai-Music. Este dúo xurde non seo do Conservatorio de Música Tradicional dá Escola de Artes e Oficios, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Piñeiro son as súas compoñentes, dúas abrandares galegas que amosan non seu traballo a orixinalidade, a beleza e ou contrapunto nas arpas e nas voces.

A paixón pola música e común en ambas as compoñentes de Sete Saias, algo que queda claro vendo ou seu paso por diversos grupos e corais antes de ingresar non citado Conservatorio de Música Tradicional de Vigo.

Colaboracións

Neste primeiro proxecto musical abarcan non só a música tradicional, que é a principal fonte de inspiración deste traballo, senón tamén a música de autor; contando con temas propios. Ademais, contan coa colaboración de grandes artistas como é ou caso de Rodrigo Romaní (autor dalgún dous temas e arranxos), Xosé Manuel Budiño, Xosé Lide e Fernando Abreu nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. Así mesmo contan tamén coa participación do pintor fincado en Vigo, Xavier Magalhãé que elaborou a portada e contraportada do presente traballo, ou que ou fai ademais dunha obra musical unha obra pictórica.

Ou gran disco que veñen de publicar descubre a Sete Saias como un dous valores en alza do folk galego cunha sensibilidade moi especial.

Noticia enviada por voz

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marful - “O músico dos anos 50 en Galicia estaba moi ben considerado”
http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=51532


04.06.2006
Hai catro anos uníanse outros tantos talentos, Ugia Pedreira, Pedro
Pascual, Pablo Alonso e Marcos Teira e nacía Marful, un grupo galego de
“música popular urbana”, como se definen. Agora acaban de editar o seu
primeiro disco, no que fusionan ritmos que se podían escoitar nas vilas
galegas dos anos trinta e corenta nun cóctel que actualiza letras e
voces dos vellos cafés cantantes; música para bailar


VANESA OLIVEIRA




PRESENTACIÓN. O grupo estreará o disco o día 16 de xuño no Auditorio de Galicia FOTO: Marful / G.H.
PRESENTACIÓN. O grupo estreará o disco o día 16 de xuño no Auditorio de Galicia
FOTO: Marful / G.H.
O
nome do grupo sae do apelido do avó de Ugia. Jazz, belle epoque, letrasde amor e desamor, existencialistas e irónicas. Tiñan xa un club de fans antes de sacaren o seu primeiro disco. Marful, que presentou na
Chocolataría de Compostela o seu primeiro traballo, fará a súa
presentación en sociedade o vindeiro 16 de xuño no Auditorio de
Galicia. Para eles, o CD é un "exercicio de liberdade".

 

Por que hai un sifón na portada do disco?

Ugia: Pensamos que era unha boa maneira de rememorar os salóns de baile como o de Benito, que había diante da miña casa.

Pedro: Ademais, é o símil dunha parella de baile, ao estar xuntas as dúas botellas, é moi poético.

 

Un
sifón que se sortea agora na web do voso club de fans. Resulta
sorprendente que, sen terdes un disco, xa tiñades club de fans, a que
se debe iso?

Ugia: Si, é para non crelo,
pero en realidade están organizadas porque foron tres mulleres que a
crearon: unha escritora, unha informática e unha filóloga.

 

(...)
- Marful -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* 2uS na beiravía e outras periferias | EL PAÍS

* Preparación do novo disco de Susana Seivane


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre portada en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]